Ir al contenido principal

LEMOS POEMAS

O 21 de marzo celébrase o Día da poesía, por iso dedicaremos todo o mes aos textos líricos.
Toda Secundaria terá nas súas aulas unha selección de poemas e en todas as Horas de Ler deste mes todos/as teredes que perderlle o medo aos versos, ás figuras estilísticas , á rima...á poesía. A semana do 20 ao 24 recitaredes o poema que anteriormente seleccionásedes e escolleranse aos dous mellores declamadores de cada curso. Só eles terán unha especial misión didáctica: compartir a súa arte de recitadores cos alumnos de Primaria durante a última semana do mes.
Folga dicir que todos os seleccionados veredes reflectido o voso esforzo nas notas de Lingua castelá e galega.
Así que; poñédevos en marcha, seleccionade autor, poema e a ensaiar.
Os alumnos de 1º e 3ºde ESO escollerán unha poesía que lles guste, pertencente a algún dos autores que se lles recomendou . Deberán presentar ao autor e recitar o poema escollido, explicando a razón da súa elección. A exposición deste curso realizarana durante a clase de Lingua.
A proposta de actividades para todo o centro podedes vela no seguinte documento.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res...