Ir al contenido principal

CONTACONTOS: A ESCOLA SECRETA DE NASREEN


Andrea Rodríguez Villar, alumna de 2º primaria contou aos seus compañeiros o conto " A ESCOLA SECRETA DE NASREEN" .En Afganistán, desde a chegada dos talibán, as nenas tiñan prohibido ir á escola, e as mulleres tiñan prohibido saír da súa casa sen ir acompañadas por un home da súa familia. Esta é a historia real dunha nena chamada Nasreen. A raiz da desaparición dos seus pais Nasreen deixa de falar e a súa avoa decide levala a unha escola secreta. Grazas a ela, Nasreen descubrirá novos horizontes e compartirá as súas experiencias con outras nenas. 
 Enhoraboa Andrea disfrutamos moita coa túa narración.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Crea o teu circuíto

  Dende a área de Ciencias Naturais, a rapazada de 6º de EP estivo aprendendo sobre os circuítos e os seus elementos. Cada un deles creou o seu propio circuíto e decidiu como montalo. Estes foron os seus resultados 👀👇:  MOI BO TRABALLO!👏

Visitamos a Stella Maris

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria reuniuse cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Aproveitaron o día dando un paseo polas instalacións e incluso algúns deles foron ata a praia de Panxón. Desfrutamos moito desta xornada.😀 Moitas grazas!