lunes, 31 de octubre de 2011

LA IMPORTANCIA DE LEER EN CASA 
  
Guía de lectura para familias de la Junta de Andalucia

viernes, 28 de octubre de 2011

 ACTIVIDADE LIM SAMAÍN

 Dende a biblioteca do CEIP A Pedra de Bueu cheganos unha actividade LIM relacionada co samaín, non deixedes de facela!!!

http://chiscos.net/almacen/lim/samai_n4/lim.swf?libro=samai_n.lim

miércoles, 26 de octubre de 2011

MOSTRA DE TRABALLOS MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O PRIMEIRO LIBRO DE REFRÁN SOBRE O OUTONO (investigación realizada polo alumnado de 3º de EP)

Publish at Calaméo or browse others.


INVESTIGACIÓN SOBRE AS BIBLIOTECAS (Alumnado de 1º da ESO na materia de Lingua Castelá e literatura)
 
Publish at Calaméo or browse others.

FPRESENTACIÓN COAS FERRAMENTAS WEB 2.0
GLOGSTER 4º ESO 

Oalumnado de 4º de ESO, homenaxea ás bibliotecas escolares no seu mes internacional con este traballo feito coa ferramenta da web 2.0. Glogster e no día que o centro adica ás bibliotecas faran a presentación  e explicarán os motivos da celebración ¡Enhoraboa polo voso traballo¡¡¡

martes, 25 de octubre de 2011

AS NOSAS MOCHILAS COMENZAN AS SÚAS VIAXES.


Estimadas familias: 
De novo voltan as mochilas a viaxar polos voso fogares, cunha selección de libros, películas e música para toda a familia que esperamos se aproxime aos vosos intereses.
 Podedes telas na casa durante unha semana. Iniciarán a súa viaxe un venres e rematarano ao venres seguinte, para que outras familias disfruten do préstamo.
Pedimos a vosa importantisima colaboración nesta actividade: contándolles os contos aos máis pequenos, axudándolles para que se conserven (de igual xeito que o fan no cole), escoitando as músicas con eles e devolvéndoas na data indicada na propia mochila.
Facédenos saber calquera dificultade ou defecto dos materiais entregados.
As mellores intencións do equipo de biblioteca foron postas na selección, e por iso gustaríanos moito que anotarades as vosas imprensións e suxestións, si vos gustaron os libros, si botastes algo en falta.......
A DISFRUTAR!

SAÚDOS E LIBROS.

Agora podedes ver nestas imaxes o contentos que estaban os primeiros posuidores das mochilas.

lunes, 24 de octubre de 2011

Mochilas viaxeiras

Iniciamos un ano maís a actividade das Mochilas Viaxeiras, este ano xa incorporados todos os cursos da etapa de Primaria.


domingo, 23 de octubre de 2011

IMAXE DO DÍA

Coñecedes as tiras de Macanudo do historietista arxentino Liniers?
24 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES




 Para celebralo, invitámosvos a coñecer o interior da Biblioteca Nacional.
Fundada en decembro de 1711, a piques de celebrar o seu 300 aniversario, goza dunha vida intensa e dunha actividade frenética.
(do Blog bibliotrazo.blogspot.com)

REUNIÓN BIBLIOTECAS

 REUNIÓN BIBLIOTECAS

O mércores 19 de outubro por primeira vez o CPI de Panxón foi anfitrión da reunión que con outras bibliotecas escolares amigas dende hai dous vimos realiazando. Reunímonos coa intención de organizar actividades conxuntas, de compartir materiais, e colaborar no posible, ademais fixemos un recorrido polas instalacións e visita ás aulas.Contamos coa colaboración especial de Luisa Sánchez, coordinadora do voluntariado do Proxecto Bubisher: un Bibliobús para o Sáhara, xa que hai unha proposta dun grupo de bibliotecas escolares de Ferrol para colaborar co proxecto.
Grazas a todas por asistir.


sábado, 22 de octubre de 2011

2012, ANO CELSO EMILIO FERREIRO


O Parlamento de Galicia acordou declarar o 2012  como Ano de Celso Emilio Ferreiro por coincidir co centenario do seu nacemento.
Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros fundamentais para entender a literatura galega contemporánea.

Seguro que moitos coñecedes este poema, "Deitado frente ao mar", interpretado como rap polo grupo "Dios que te crew".






viernes, 21 de octubre de 2011

jueves, 20 de octubre de 2011

MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O mes de outubro, e o mes da biblioteca escolar, ao igual que outras moitas escolas de todo o mundo o CPI de PANXÓN quere commemoralo con algunhas actividades o día 28 de outubro no salón de actos, comezaremos ás 9:35.

Ao longo desta semana poderédesvos achegar cos vosos titores/as, para percorrer todos os espazos da Biblioteca e facer cuestións no tocante á colocación e ubicación dos libros, xornais, revistas, bandas deseñadas,xogos,... e calquer outra dúbida que se vos presente.
E O VENRES 28 xuntarémonos todos/as no salón de actos para presentar as actividades que traballamos este mes dende a biblioteca, non esquezades que o Samaín esta moi perto e haberá sorpresas....

O XOGO DO SAMAÍN

Demostra canto sabes do Samaín respondendo ás preguntas do cuestionario que atoparás premendo nesta imaxe.

CANCIÓNS PARA O SAMAÍN