Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2023

30 X - Día Escolar da Non Violencia e da Paz

  Hoxe, día 30 de xaneiro , conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz .  Dende o cole estivemos realizando diferentes actividades: murais, decoración de portas, realización de biografías sobre  persoas que gañaron os Premios Nobel da Paz, como poden ser: María Teresa de Calcuta, Malala Yousafzai, Martin Luther King, Nelson Mandela e Rigoberta Menchú, entre moitos,...  Finalmente, fixemos unha carreira solidaria, pero antes de correr tocaba calentar, así que os nosos profes Belén, Cibrán e Fran preparáronnos no calentamento cunha sesión de zumba e de estiramentos. Tivemos a sorte de recuperar un día moi especial no noso cole que, por culpa da pandemia, non o puidemos celebrar nos dous últimos anos. Volvimos a correr pola solidariedade xunto cos nenos e nenas da  EEI Dunas, do CEIP da Cruz - Camos, do Centro Juan María e do CEE Panxón.. A verdade é que ver aos nosos familiares, mestres e mestras e ata representantes do Concello, incluído o alcalde dounos tantas forzas que cons

7º día de 21 días co galego e +

No séptimo día de 21 días co galego e + continuamos a facer as fotiños no photocall, nesta ocasión tocáballes aos cativos e cativas de 4º de EP e de 2º ESO A.  E para conmemorar o día da paz fixemos unha carreira solidaria. Mirade 👇 #21díascogalegoe+ #21dcgemais

4º día dos 21 días co galego e +

Hoxe no cuarto día de 21 días co galego e + continuamos a facer as fotiños no photocall, nesta ocasión tocáballes aos cativos e cativas de 3º de EP e de 1º ESO B. Os xogos para o día de hoxe eran: - Pasapalabra - Tabú Que bo rato pasamos e como rimos! Botade unha ollada 👀

Saída ao teatro: What Monster!

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu ao teatro A Fundación para ver unha obra de teatro en inglés titulada What Monster? de  On Stage Company. Esta peza teatral narra o que podería ocorrer se un monstro nos axudase a enfrentarnos a aquilo que nos asusta, pero existe un problema: a lei dos monstros é clara... Toda axuda ten un prezo! Esta divertida obra articúlase a partir da participación dos nenos e nenas. No noso cole contamos con dous pequenos actores: Unai de 5º e Miguel de 6º que o fixeron moi ben. Aquí vos deixamos un pequeno resumo da nosa xornada:

3º día dos 21 días co galego e +

  Hoxe no terceiro día de 21 días co galego e + continuamos a facer as fotiños no photocall, nesta ocasión tocáballes aos cativos e cativas de 2º de EP e de 1º ESO A. Os xogos para o día de hoxe eran: - Tuttifrutti - Pasapalabra Que bo rato pasamos! Botade unha ollada 👀

XII CARREIRA SOLIDARIA DA PAZ

O luns retomamos unha xornada que xa é tradición no noso centro: A Carreira Solidaria da Paz. Fainos moita ilusión volver a celebrar esta data dun xeito tan especial.  Imos calzar as zapatillas 👟 e … a correr! 🏃

2º día dos 21 días co galego e +

  Hoxe 2º día de 21 días co galego e +.  Isto de falar galego estanos a gustar moito. Botade unha ollada 👀👇 #21dcge+  #21diascogalegoemais

Comezan os 21 días co galego

  Hoxe inauguramos no noso centro a experiencia 21 Días co galego e + que organiza a Secretaría Xeral de Política Linguística da Consellería. En qué consiste? É un programa educativo que pretende p otenciar e aumentar o uso do galego como lingua de comunicación habitual en todos os ámbitos. Serán tres semanas de constante aprendizaxe, desfrute e emprego da nosa lingua. Queredes seguir o programa? Clicade na seguinte web:  https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/ Ahora vos deixamos cun resumo do acto de inauguración que tivo lugar esta mañá:

¡Cómo molan las mates!

  ¡Cómo molan las mates!  fue el título de nuestra jornada de juegos manipulativos para trabajar las fracciones en matemáticas. Los niños y niñas de 5º y 6º hemos podido disfrutar de unas matemáticas manipulativas en equipos cooperativos internivel donde pusimos a prueba nuestra competencia matemática, así como nuestras habilidades: trabajo en equipo, razonamiento, atención, memoria, resolución de problemas.... ¿Qué hemos hecho? Unas estaciones de trabajo con diferentes materiales manipulativos: pizzas, dominós, memory, yo tengo... quien tiene, Kaboom, monstruos calculadores,...; y para terminar la jornada, unos juegos online. ¿Cómo lo hemos pasado? Lo resumimos diciendo que ha sido ALUCINANTE ya que hemos podido aprender unos de otros. ¿Queréis ver lo que hemos realizado? Clicad aquí 👇

Coñecendo a Mondrian

  O equipo de sexto de EP dende a materia de Arts & Crafts estivo traballando sobre Mondrian e as súas obras.  Recrearon algunhas das súas obras máis salientables as cales poderedes ver a continuación 👇: Agardamos que vos guste! Saudiños 👋😀

ÉRASE UNHA VEZ... INTERNET

Agradecer a aos docentes da Escola de Enxeñaría e Telecomunicación da Universidade de Vigo polas charlas de divulgación Científica e Tecnolóxica que se impartiron no CPI Arquitecto Palacios. - Seguridade en dispositivos móbiles Cristina López Bravo é Doutora Enxeñeira de Telecomunicación e profesora na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. - Internet das cousas (IoT) Rebeca P. Díaz Redondo é Doutora Enxeñeira de Telecomunicación e profesora na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. - Érase unha vez... Internet Carlos López Ardao é Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación e Profesor Titular de Universidade na Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo

RETO 3: NADAL DE APROVEITAMENTO. XERACIÓN ECO

O equipo de dinamización da lingua Galega xunto co equipo de Biblioteca participamos no Reto nº 3 de Xeración Eco e necesitamos da vosa axuda e colaboración para pedirvos unha receita de cociña ,. Esta deberá estar escrita nun folio e deberá conter os ingredientes e a preparación. Vos deixamos este modelo como exemplo: Queremos fomentar a comida saudable, elaborada con produtos de proximidade e receitas para aproveitar as sobras. Data límite para entregar as receitas a cada titor o venres 13 de xaneiro de 2023. Grazas pola vosa axuda e colaboración.

A MESA DE LUZ

Para rematar o primeiro trimestre, o alumnado de 5º e 6º de EP estivo probando un recurso pedagóxico novo: a MESA DE LUZ . Foi toda unha aventura. Estiveron na aula STEAM só coa iluminación da propia mesa. O obxectivo era realizar o maior número de palabras en galego coas letras que tiñan en equipo. Velaquí volo amosamos 👇👀

Programa de radio: Radioemociónate

  Comezamos o trimestre, compartindo convosco o programa de radio que se gravou o pasado mes de novembro na nosa escola. Esperamos que o desfrutedes tanto coma nós. Vos deixamos coa ligazón directa a 👉  Spotify Saudiños!😀👋