Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2018

DICIONARIO OCORRENTE

A comenzo do curso coñecemos un libro que nos encantou: Cambiando muy poco algo pasa de estar bien escrito a estar mal escrito . Piedrahíta, co seu acostumado humor intelixente, vótalle un pulso o diccionario da RAE e engade novos termos. "Abuelantamiento", dícese de la acción y efecto de abuelantar, de ganar la posición a dos damas añejas que obstruyen la vía pública y nos impiden avanzar a buen ritmo por la acera. "Plastafari", adjetivo; persona que se vuelve cargante, repetitiva y fastidiosa bajo los efectos del cannabis. Fumador agotador e infatigable que tanto consume como te consume. Nós non quixemos ser menos e animámonos a iniciar un diccionario con palabras que aínda non existen para nomear novas realidades.Os alumnos puxéronse mans a obra e  logrouse o primeiro volumen do Diccionario Ocurrente.

UN CINE PARA LER: OBRADOIRO IV

O derradeiro día adicámolo a explicar como se fai a montaxe. Comentáronse algúns dos programas básicos de edición, aínda que parte do alumnado xa traballara con anterioridade con aplicacións como VivaVideo. Por último, e ao obxecto de que amplíen a súa cultura audiovisual e perdan o medo para achegarse a outro tipo de narrativas máis clásicas pero tan atractivas como as actuais, tivemos unha pequena charla explicativa sobre o cinema “en branco e negro”, e descubrímoslles “” artistas da talla de Buster Keaton ou os Irmáns Marx. Conseguiron entender o complexo e tedioso que pode resultar a produción dunha curtametraxe. É notable destacar o desexo por parte de todos os alumnos o realizar ficción real o que fixo modificar o proxecto inicial de creación unha curtametraxe pola técnica de stop- motion. As produccións realizadas podedes velas picando nos enlaces: CURTO 1 , CURTO 2

UNCINE PARA LER: OBRADOIRO III

XOVES 10 E VENRES 11 DE MAIO Ao longo dos dous días, os participantes realizaron a gravación das curtametraxes, O Grupo I contou coa colaboración do seu profesor de inglés, Jorge, mentres que o outro Grupo tivo como actriz á súa titora Mariña. A rodaxe desenvolveuse, para nosa grata sorpresa, cunha planificación eficiente: non só se gravaron todos os planos previstos, senón que ademais a implicación dos nenos permitiu que se realizasen varias tomas ata conseguir material suficiente. Unha das cousas a salientar é que tiveron a suficiente creatividade como para buscar alternativas enxeñosas ás dificultades – sobre todo, a nivel localizacións – que carrexaban os guións. Outra, destacar o bo ambiente e o compañeirismo existente entre todos os alumnos - o que redundou nunhas xornadas produtivas e divertidas.

UN CINE PARA LER; OBRADOIRO II

MARTES 7 E MÉRCORES 8 DE MAIO Traballamos tanto sobre os aspectos formais do guión (estrutura, presentación, formato) como sobreos elementos narrativos e meramente creativos que debe conter (construción de personaxes, accións lóxicas das personaxes, forza dos diálogos,...).Nestas xornadas tamén explicóuselles ás mozas e mozos os diferentes tipos de composición de planos cinematográficos existentes, así como o movemento e angulación co que traballar. Todo iso porque, unha vez repartidos os "postos da produción", director/a, axudantes de dirección e director/a de fotografía deberían realizar o guión técnico, mentres o equipo de produción traballaba sobre os desgloses e o plan de rodaxe do día seguinte.  

UN CINE PARA LER: OBRADOIRO

Durante a semana do 7 ao 14 de maio o alumnado de 6º de Primaria realizou un obradoiro de cine o obxectivo foi dar a coñecer a todos os participantes as reviravoltas do proceso de gravación dunha curtametraxe, comprobando, por eles mesmos, a necesidade do traballo en equipo; a cooperación entre todos imprescindible para que o proxecto sexa unha realidade. Así mesmo facerlles ver que a través da sétima arte pódense mostrar as súas inquietudes, desexos, soños...ou calquera tema que queiran expoñer. Pero, sobre todo, que con poucos medios pódense conseguir grandes obras pasándoo ben. Comezamos o Luns 7 de maio cunha Charla explicativa para os alumnos de 5º e 6º de primaria: “Que é o cinema”. Xa exclusivamente có alumnado de 6º, comezouse a traballar cos dous grupos que se realizaron e tiveron plantxaron as ideas que ian usar como punto de partida, un grupo "o compañerismo e a forza da unión" e o outro grupo "o exceso de deberes". A partir de ahí elaboraron os

OS LIBROS NA ARTE: DESCRICIÓN E INTERPRETACIÓN

No corredor principal do centro, a través das pinturas mais representativas das diferentes etapas artistícas, descobremos como aparecía en todas elas un libro: O libro na arte. O alumnado, despois de familiarizarse cos pintores e os seus cadros, escolleron un deles. Era o momento de facer o proceso inverso e, despois de documentarse sobre a obra e o pintor, interpretaron por escrito o que o cadro lle transmitia e reinterpretaron a obra.

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS- VOLVO A PINTAR

EXPOSICIÓN SEMANA DE PRENSA

LETRAS GALEGAS Mª VICTORIA MORENO

TEATRO: LEONARDO E OS FONTANEIROS

 Leonardo e os fontaneiros era un dos libros preferidos de Mª victoria Moreno, con el gañou o 3º premio "O BARCO DE VAPOR" en 1985. Como homenaxe a este libro os alumnos de 1º e 2º de ESO o venres 4 de maio acudiron ao auditorio do Concello de Nigrán para asistir a representación teatral deste libro a cargo do grupo de teatro UBÚ

VISITA A MAGA ESTRELIÑAS: ÁNGELES ESCRIBANO

Onte contamos coa visita da Maga Estreliñas, antigua coordinadora de bibliotecas e ahora unha xubilada convertida a maga fomentando a lectura por todo o país. Adicounos moito tempo e a través das súas narración poidemos coñecer a figura de Hans Christian Andersen así como moitos dos seus contos a través de diversos obxectos, ata esntrevistou aos rapaces¡¡ e contounos "O Patiño feo" comparando esta historia coa propia biografía de Andersen. Rematamos regalando aos nenos uns marcadores e un tatoo de despedida coa figura de IGor. Un día inolvidable. Moitas grazas Ángeles esperamos volver a contar contigo.

AGASALLO A FRAN ALONSO "CIDADES".

O alumnado de 1º da ESO, en agradecemento á visita de Fran Alonso o Día da Poesía 21 de marzo, adicaronlle un librode debuxos xa que no epílogo do seu libro "CIDADES" nos di que non ilustra os poemas porque non sabe debuxar. O orixinal deste libro ilustrando os seus poemas entregamosllo ao propio Fran Alonso:

GAÑADORA FINAL CONCURSO DE POESÍA PRIMARIA

O pasado 24 de abril celebramos no CPI de Panxón o I Certame de Poesía. queremos dar as grazas aos titores/as e a o alumnado pola elevada participación e o bo facer así como felicitar a gañadora deste I concurso.

GAÑADORES CONCURSO DE POESÍA POR NIVEIS

Queremos dar a enhoraboa a todos os que participastes no concurso de poesía e de maneira especial aos gañadores por niveis.

VISITA CARLA MUÑOZ "ONDE VIVEN OS CONTOS"

O pasado 30 de abril, visitou o Centro Carla Muñoz coa finalidade de compartir uns contos con nós: Os contos que nos relatou foron os seguintes: "El pedo mas grande del mundo", "Esto no es una selva", "Hay un hipopótamo en la bañera"  e "Píel de cocodrilo" Dámoslle grazas a Carla por haber compartido con nós eses momentos.

APADRIÑAMENTO LECTOR NA EEI "AS DUNAS"

Continuando co mes do libro, os alumnos de 3º e 4º de primaria visitaron a EEI "As Dunas" para contarlles contos aos nenos/as da escola, convertendose por unhas horas en padriños e madriñas lectoras. Volveron encantados xa que esta foi a súa primeira escola. Moitas grazas a todos.