Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como ENTROIDO

Reto 4: Disfraces cero plásticos

  Neste reto de xeración ECO o CPI Pl. Arquitecto Palacios comprometeuse neste curso académico a realizar un entroido sostible. Polo que tanto o profesorado, familias e alumnado fomentou a vida saúdable e o deporte, como se puido ver no desfile realizado por Panxón o venres 16 de febreiro.  Na  medida do posible tentamos utilizar e reutilizar materiais como papel, cartón ou material téxtil para a elaboración dos nosos disfraces do entroido.  Con estas fotos tentamos mostrar unha pequena parte do traballo.:

Entroido saudable e olímpico

  O pasado venres tivemos o desfile de Entroido polas rúas de Panxón. Saímos cos nosos disfraces vinculados ao proxecto anual de vida saudable e xogos olímpicos. Había sandías, cenorias, amorodos, granxeiros, uvas, aguacates e tostadas, e moitos xogadores, Aquí vos deixamos cunha pequena mostra:

PERSONAXES DO ENTROIDO

A rapazada de 5º e 6º de EP estiveron preparando un mural cos personaxes máis importantes do entroido galego. Coñeceron personaxes típicos de cada unha das provincias como son os choqueiros, os merdeiros, as madamas e os galáns, os cigarróns, os peliqueiros, o oso, etc. Traballaron un montón: Mirade o mural dixital que fixeron entre todos. Se clicades nas iconas poderedes escoitar a información de cada un dos personaxes coas voces dos cativos e cativas: Bo traballo rapazada!👏👏👏

RETO 5. Entroido sostible

  O meco é ese boneco que todos os anos uns días antes do entroido manda moito no colexio, e o alumnado e profesorado debe facer o que "O meco manda". Neste curso quixo participar no reto nº 5 de Xeración ECO e mandou traer unha capa, pero non a tíñamos que comprar debíamos reciclar ou reutilizar. Por certo, o meco tiña unha capa ben fermosa. Aquí tedes as imaxes desas capas que se trouxeron ao colexio.👇

ENTROIDO 2023

  E un ano máis puidemos desfrutar da comparsa de entroido que realizamos todos os anos o CPI e EEI Dunas por Panxón. Saimos da nosa escola e fomos buscar aos pequenos e pequenas de Dunas para realizar o noso tradicional paseo acompañados dos nosos profes, das nosas familias e de moita música. Este ano, o noso proxecto da biblioteca baséase no ABJ (Aprendizaxe Baseado en Xogos), así que cada un dos cursos do noso cole disfrazámonos de diferentes xogos: parchís, tres en raia, dominó, póker, quen é quen, comecocos, damas, xadrez, twister... Non só desfrutamos da nosa comparsa, senón que tamén puidemos probar os doces típicos de entroido que nos trouxeron as nosas familias. Mmmm, que rico estaba todo!😋 Foi moi emocionante e pasámolo xenial! 😁😁😁 Queredes velo? Clicade aquí 👇

O NOSO MECO: CULTURA QUE CONTA

ESTE ANO, O NOSO MECO FOI UN TRASNO, POR PRIMEIRA VEZ FOI INDULTADO E NON O QUEIMAMOS. O MECO FOI REALIZADO POLO ALUMNADO DA ESO NA MATERIA DE TECNOLOXÍA

ENTROIDO: CULTURA QUE CONTA 2020

A HISTORIA DE GALICIA LEVADA POLAS RÚAS DE PANXÓN: CULTURA QUE CONTA

CULTURA QUE CONTA: ENTROIDO 4º PRIMARIA

Os alumnos/as de 4º primaria, investigaron sobre o entroido en galiza e fixeron o seguinte traballo.

ENTROIDO: O MECO MANDA

Este ano o meco dentro do proxecto Cultura que conta e  como nos podía ser doutra maneira manda que:

PREPARANDO O ENTROIDO "CULTURA QUE CONTA"

QUE ESTÁ A PASAR NO CPI ESTES DÍAS?

ENTROIDO GALEGO "CULTURA QUE CONTA"

ENTROIDO "CULTURA QUE CONTA"

Non podía ser doutra maneira, o noso entroido este ano ten que ver co proxecto "Cultura que conta". Todos os cursos traballaron arreo para facer un entroido relativo ás tradición galegas.

CUMPRINDO COS MANDADIÑOS DO MECO