O Día Mundial da Arte celébrase o 15 de abril, e foi instituido dende o ano 2012 pola Asociación Internacional da Arte (IAA). A data foi elexida porque un día como ese do ano 1452 naceu o pintor italiano Leonardo da Vinci, quen tamén foi arquitecto, escritor, escultor, músico, poeta, urbanista, anatomista, paleontólogo, botánico, científico, filósofo, enxeñeiro e inventor. Todo un exemplo do que se coñece como home renacentista. Este día pretende dar a coñecer a importancia que a arte e o pensamento creativo ten na resolución de problemas e no desenvolvemento do pensamento humano. A arte é un das mellores expresión que o home ten para expresar o que sente, o que lle fascina, o que lle preocupa , o que lle interesa a través de recursos plásticos, sonoros ou lingüísticos. Un día perfecto para dedicar e festexar con literatura, música, danza, pintura, escultura...ti escolles. Reto 3 Día Mundial Das Artes Leer más publicaciones en Calaméo