Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como BIBLIOTECA CREATIVA

As maquetas das paisaxes

  Na clase de 3º de Primaria levamos a cabo un pequeno proxecto como remate da primeira unidade de Ciencias Sociais. Puxémonos mans á obra e construímos en equipos maquetas de diferentes paisaxes, reutilizando todo tipo de materiais.  Foi unha gran experiencia.  Esperamos que vos gusten as nosas creacións!

CIAXAESCENA 2020: TEATRO NA ESAD GALICIA

Este fin de semana, os alumos/as que forman parte do grupo de Teatro do CPI desfrutaron de tres días de convivencia con outros grupos de teatro de 5 centros  Nun contexto teatral e creativo con profesionais do sector, participron en obradoiros de improvisación, dinámicas de expresión corporal e vocal, exercicios de escritura e creación de espectáculos. Este ano o eixe do programa centrouse no teatro do absurdo. Con esta actividade tratamos de potenciar as capacidades lúdicas para aflorar a mellor versión , imaxinativas, creativas, físicas e emocionais que permiten aflorar a mellor versión dun mesmo. LA VOZ DE GALICIA

ROBÓTICA NOS RECREOS

BIBLIOTECA CREATIVA