Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Día da Muller

8 M - Día da Muller

  Para conmemorar este día, a biblioteca recomendou unha serie de libros:  O alumnado participou e elaborou diferentes traballos: Mural dos alumnos de 4º ESO Tulipáns para as mulleres da nosa escola  Nubes de palabras con adxectivos que describan mulleres admirables, por parte do alumnado de 5º EP: Investigación e realización dun mural de  Medallistas Olímpicas Galegas: Investigación e realización dun mural de mulleres con Premio Nobel de Literatura: Investigación e presentación dixital de mulleres con Premio Nobel en Ciencias : Mulleres Nobeles en ciencias

Mulleres que admiramos

  Seguimos a traballar o 8 M, e a rapazada de sexto de primaria estivo realizando unhas actividades onde as mulleres son as protagonistas, A primeira actividade foi pensar nunha muller que admirasen e pensar adxectivos relacionados coa súa personalidade que as definan. Todos eses adxectivos son recollidos nunha nube de palabras que crearon cunha web. A segunda actividade foi crear uns tulipáns para entregar como agasallo a esas mulleres que admiran.  Son uns artistas 😀 Mirade 🤓

Contacontos: Lúa quiere viaxar a… Marte!

  Para conmemorar o 8 de marzo , Día da Muller, a rapazada de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria puido asistir a un contacontos titulado Lúa quiere ir a… Marte contado por A Xanela do Maxín. A historia contábanos o soño de Lúa, a cal sorprende a todos cunha gran nova: que quere ir a Marte. O que ocorría era que tiña moitos atrancos e dificultades para conseguir o seu soño pero faría todo o posible para logralo. Este conto fomenta a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e nomea que hai moitos referentes femininos que acadaron os seus soños a pesar das dificultades. Vos deixamos cun resumo: