Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2024

Día da auga ~ 22 marzo

O Día Mundial da Auga conmemórase cada 22 de marzo coma un medio para centrar a atención na importancia da auga doce e na xestión sostible dos recursos. É por iso, que hoxe, os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria estiveron traballando en relación a este día tomando como referente o lema deste ano: Auga para a paz . Mirade:

Visita ao museo da automoción e ao Muncyt

O mércores  día 20 de marzo o alumnado de 2º e 4º ESO foi á Coruña para visitar o Museo da Automoción e o MUNCYT.  Mirade o ben que o pasaron:

Un día polo horto… Marzo

  O día de hoxe, os nenos e nenas de Educación Primaria estiveron desfrutando unha xornada no horto. Cada clase encargouse de realizar unha tarefa distinta: 6º de EP encargouse de plantar pataca. 5º de EP encargouse de plantar xirasois, así coma a limpeza dos bancais e a plantación de plantiñas no estanque. 4º de EP encargouse da asociación de cultivos. 3º de EP da limpeza e plantación. Botade unha ollada:

17 M - Día do Cómic

  O domingo día 17 de marzo conmemorouse por primeira vez o Día do Cómic . A biblioteca escolar fixo varias recomendacións lectoras que podemos atopar nos corredores da escola.  Ao mesmo tempo, os nenos e nenas .fixeron varias tiras cómicas e cómics que están expostos no corredor da escola. Quedaron moi ben e moi traballados. Botade unha ollada 👀

Visita a Naturnova: Seres Vivos e o Universo

O día 19 marzo os cativos e cativas de 1º, 2º e 3º de EP foron a Vigo a Naturnova AFundación. Estiveron vendo unhas exposicións. Entre elas, as que máis lles impresionaron foron O Universo e os Seres Vivos. Mirade as fotiños:

Experimentamos coa ciencia

  Os nenos e nenas de 5º de EP estiveron experimentando coa ciencia a través de distintos experimentos. Cada un deles decidiu o seu experimento e cubriu unha ficha experimental. Despois, trouxo os materiais á escola para facelo e... tachán!!! Gravamos o paso a paso de cada un dos experimentos coma se fósemos científicos da televisión. Pasárono moi ben e compartiron moitos coñecementos. Os experimentos querían compartilos coa EEI Dunas pero por mor do tempo resultou imposible, así que estos vídeos van adicados aos nenos e nenas de Dunas e tamén a todos os compañeiros e compañeiras da nosa escola. Gozade! 💕 E que mellor que invitar aos nosos compañeiros e compañeiras de 1º de EP a probar e ver como gravamos os experimentos: 

Visita Castro de San Cibrán e aula Newton

  O día 14 de marzo o alumnado de 3º e 4º ESO foi visitar o:  O "Castro de San Cibrán de Lás" denominado "A cidade" polas súas grandes dimensións. O castro sitúase nos concellos de San Amaro e Punxín na provincia de Ourense. A "Aula Newton" onde o alumnado recibiu unha formación científica e tecnolóxica para poder finalmente utilizar un simulador de vo. A aula sitúase no Parque Tecnolóxico de Galicia, situado en Ourense. Mirade:

Proxecto trimestral: Brailleando ando!

  “Seremos o cambio que queremos ver no mundo” é o noso lema (deste curso e da nosa vida). Sabemos que alcanzar ese propósito non é doado, require de moito traballo e esforzo individual e colectivo.  Hoxe contarémosvos un pouquiño do traballo en equipo que realizamos no segundo trimestre focalizado na procura do noso lema.  Todo comeza coa resposta á seguinte cuestión: como podemos ser o cambio que desexamos para o mundo? A resposta está clara, axundando aos demais; pero, como? Empatizando, solidarizándonos, respectando, axudando… Entre moitas outras accións. Dita resposta achegounos a coñecer, a conectar e a gozar co braille durante o segundo trimestre.  Primeiro documentámonos sobre que era o braille, quen o empregaba, a quen se lle ocorreu a brillante idea de crealo, onde podemos atopalo no noso día a día, etc. Comezamos decorando as caixas de ovos de seis oquiños que nos axudan a comprender a composición do braille, xa que tan só precisamos coñecer moi ben 6 puntiños para escribir

Maquetas dos 5 reinos

  Os cativos e cativas de 5º de EP realizaron unhas fabulosas maquetas sobre os cinco reinos. Sen dúbida fixeron un gran traballo. 😍Non volo perdades!  Moi bo traballo, rapazada! 👏👏👏

8 M - Día da Muller

  Para conmemorar este día, a biblioteca recomendou unha serie de libros:  O alumnado participou e elaborou diferentes traballos: Mural dos alumnos de 4º ESO Tulipáns para as mulleres da nosa escola  Nubes de palabras con adxectivos que describan mulleres admirables, por parte do alumnado de 5º EP: Investigación e realización dun mural de  Medallistas Olímpicas Galegas: Investigación e realización dun mural de mulleres con Premio Nobel de Literatura: Investigación e presentación dixital de mulleres con Premio Nobel en Ciencias : Mulleres Nobeles en ciencias

Novidades en xogos

  Xa podedes desfrutar dos novos xogos da biblio:

Novidades lectoras IV

  A biblioteca comparte con vós as novidades lectoras: Felices lecturas ! 😄

Visita de Ángeles, contacontos

  O día de hoxe, os cativos e cativas de Educación Primaria recibiron na biblioteca con entusiasmo e ilusión a Ángeles Escribano, contacontos que nos visita año tras ano coa súa biblioleta. Puideron compartir diversos contos de diversa tipoloxía. Vos deixamos cun resumo: Mil grazas Ángeles por compartir este ratiño con nós.😊

Charla-coloquio Ex-Parlamentarios/as

  O Departamento de Xeografía e Historia organizou a seguinte actividade para o alumnado de 3º ESO e 4º ESO. D ende o ano 2011 o Parlamento de Galicia conta c unhas  Charlas-coloquio, unha actividade organizada en colaboración coa Asociación de Ex-Parlamentarios/as. O obxectivo principal é espallar os valores da democracia entre a xente moza  e dar a coñocer o funcionamento das institucións. Hoxe no centro tivemos a sorte de recibir a tres exparlamentarios: - María Xosé Porteiro representando ao PsdeG. - Enrique Vieitez do BNG - Javier Dorado do PP A actividade foi moi interesante e estivo organizada do seguinte modo: 1.  En primeiro lugar  a moderadora fixo a presentación e  unha breve introdución  sobre  os exdeputados . 2.  A continuación visualizarase un vídeo  sobre a historia e o funcionamento  do Parlamento. 3.  Seguidamente por parte de cada exdeputado/a ofr eceron  unha exposición relativa ao Parlamento, por espazo de 5 minutos cada un/ha. 4.  De seguido o alumnado efect úou  

23 F - Día de Rosalía

  O 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía . Na nosa escola fixemos varias actividades. Dende a biblioteca recomendáronnos lecturas temáticas sobre a súa vida e obra: Tamén fixemos murais preciosos: Aprendemos sobre Andy Warhol e a súa técnica para despois plasmalo con Rosalía: Recibimos unhas chapas e cada curso recitou un poema: Cada delegado de cada curso axudou a plantar a planta favorita de Rosalía: os pensamentos: