Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como 5º e 6º EP

Día da auga ~ 22 marzo

O Día Mundial da Auga conmemórase cada 22 de marzo coma un medio para centrar a atención na importancia da auga doce e na xestión sostible dos recursos. É por iso, que hoxe, os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria estiveron traballando en relación a este día tomando como referente o lema deste ano: Auga para a paz . Mirade:

Saída: Jurassic Nova

  O pasado doces, cativos e cativas de 4º, 5º e 6º EP foron á exposición Jurassic Nova. Alí descubriron o fascinante mundo dos dinosaurios. Observaron restos fósiles e fragmentos de meteorito. Aprenderon moito sobre estas criaturas prehistóricas. Mirade:

PERSONAXES DO ENTROIDO

A rapazada de 5º e 6º de EP estiveron preparando un mural cos personaxes máis importantes do entroido galego. Coñeceron personaxes típicos de cada unha das provincias como son os choqueiros, os merdeiros, as madamas e os galáns, os cigarróns, os peliqueiros, o oso, etc. Traballaron un montón: Mirade o mural dixital que fixeron entre todos. Se clicades nas iconas poderedes escoitar a información de cada un dos personaxes coas voces dos cativos e cativas: Bo traballo rapazada!👏👏👏

Estacións terroríficas en 5º e 6º de EP

Xa chegou o Samaín, cheo de estacións de aprendizaxe terroríficas sen fin! 😀 Nesta xornada tocoulles aos cativos e cativas de 5º e 6º. Puideron desfrutar das seguintes estacións: 🎃 Robótica terrorífica 🎃 El colegio encantado 🎃 Fantasma Blitz 🎃 Speed Cups versión Samaín 🎃 ¿Quién despertó a Frankenstein? Queredes ver como o pasaron? De medoooo!  👻

Recollida de residuos na praia da Madorra

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de EP fixeron unha saída á praia da Madorra onde puideron realizar unha recollida de residuos. Esta actividade medioambiental está enmarcada dentro do proxecto de Xeración ECO no reto  nº 3 “Gotas de Vida”   e está organizada polo Concello de Nigrán e ADEGA. Botade unha ollada:

Programando o universo

  Hoxe tivemos a sorte de participar nunha actividade de robótica e programación ofrecida polo Servizo Educativo de AFundación. O alumnado de 5º e 6º de EP desenvolveu actividades de programación básica coa placa micro:bit, makey makey e co programa Scratch. Os nenos e nenas puideron darlle voz aos planetas e deixar libre a súa imaxinación cos astros do universo. Mirade :

Vémonos pronto Stella Maris

  E hoxe tivemos un día de moitas emocións, despedímonos dos nosos amiguiños e amiguiñas de Stella Maris e lémoslles unhas cartiñas que fixemos con moito agarimo. Finalmente, deixámoslles uns pósters que recollen momentos vividos ao longo destes meses. Mil grazas pola acollida e vémonos pronto! 😃 Aquí vos deixamos unha pequena mostra do acontecido:

Visitamos a Stella Maris

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria reuniuse cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Aproveitaron o día dando un paseo polas instalacións e incluso algúns deles foron ata a praia de Panxón. Desfrutamos moito desta xornada.😀 Moitas grazas!

Acoso escolar ou bullying

Onte, o alumnado de 5° e 6° de EP tivemos un obradoiro, levado a cabo pola Cruz Vermella sobre acoso escolar (bullying) e ciberacoso. Aprendemos moito sobre o tema, os diferentes factores e persoas que interveñen no bullying, concienciámonos da importancia que teñen o papel dos observadores no tema do acoso escolar.  Tamén tratamos o ciberacoso e os lugares onde poder acudir e pedir axuda, así como actuar no caso de sufrir ou presenciar situacións de acoso escolar.  Finalmente, púxose na hora de lecer, unha mesa para o alumnado de ESO onde podían facer consultas e aclarar dúbidas sobre esta temática.  Foi unha xornada de moitas aprendizaxes e reflexións. 

A nosa visita a Stella Maris

  No día de onte aconteceu algo fantástico, e é que comezamos a noso Proxecto Interxeracional cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Os nenos e nenas de 5º e 6º de EP aproveitamos e lle realizamos unha visita chea de agarimo.  Aproveitamos e fixemos unhas entrevistas que nos resultaron de gran interese. Cantas cousas curiosas e interesantes nos contaron, ata tomamos nota de todo o que nos contaron: experiencias da súa vida, viaxes, profesións,...  Canto temos que aprender dos nosos maiores que son as fontes de sabiduría! Dende aquí enviamos unha aperta a todos os usuarios e usuarias así como personal da residencia, porque sentímonos moi a gusto. 😊😊😊 Vémonos pronto e mentres... vos deixamos cun resumo: 👇