domingo, 29 de septiembre de 2019

XUVENTUDE POLO CLIMA

Dende o noso centro, Xuventude polo clima ( sección galega do movemento Friday for Future) tamén se empeza a facer visible e loita por presionar aos políticos para que tomen medidas urxentes contra a crise climática. Unha semana perfecta o ser esta a Semana do Clima , que coincidiu coa Cumbre Climática en Nueva York e as movilizacións xuvenís iniciadas por Greta Thunberg contra o cambio climático.
Os alumnos 1º e 4º da ESO (en Bioloxía e Ciencias Aplicadas respectivamente) puxéronse en marcha e os de 1º , trala visualización de vídeos sobre o efecto invernadoiro ,o cambio climático e sobre Greta Thunberg e a movemento Friday for Future, fixeron dibuxos explicando qué é o efecto invernadoiro. Entenderon cómo as emisións de gases provoca o quentamento global e cómo este xenera o cambio climático que estamos a sufrir. 
Seleccionaron frases de diferentes autores sobre este tema e, ademáis de concienciarse, sentíronse partícipes pola preocupación polo planeta. 
Os alumnos de 4ª seleccionaron noticias recentes sobre algunhas das consecuencias do cambio climático: 
  • Agravamento da sequía en África 
  • Aumento das grandes inundacións 
  • Pérdida da cuberta de xeo no Ártico, Groenlandia e na Antártida. 
  • Elevación do nivel do mar 
  • Inadaptación das especies as novas condicións
  • Tamén reflexaron brevemente a historia de Greta Thunberg, orixe do movemento Friday for Future e explicaron en qué consiste unha cumbre climática.
Todo finalizou ca exposición realizada por eles coa axuda dos seus profesores : María e Ramón, adornado con globos que representaban cada un dos gases que provocan o efecto invernadoiro: CO2, CH4, N20,Ozono, CFC.
Enhoraboa a todos/as¡¡¡¡¡¡

ACTIVIDADES MES DA BIBLIOTECA


miércoles, 25 de septiembre de 2019

ARRANCAMOS

O día 7 de outubro inauguramos o curso 2019-2020 dende a biblioteca cunha peza de teatro da compañía Teatro do ar. A peza "Sucedáneo" cóntanos como a xoven Carmen desaparece o día do seu 17 cumpleanos, como saiu pola tarde e xa non volveu, ninguén a viu saír nin ninguén sabe onde está. Susana,   a súa nai, chama a policía pero non a tomarán en serio...Todos participaremos na búsqueda.
O director da obra é Pedro rodríguez, un director e autor teatral o que estamos moi unidos porque estudou neste centro, igual que algúns dos actores do reparto.
Unha marabillosa forma de empezar o curso !
Vémonos o día 7 ás 10, no salón de actos!







25 de setembro: Axenda 2030

O 25 do 2015 193 países comprometémonos cos 17 Obxetivos de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas e o seu cumprimento para o ano 2030.
Transformar o Noso Mundo é o lema da Axenda 2030,unha nova axenda internacional que especifica os obxetivos da comunidade internacional no periodo 2015-2030 para erradicar a pobreza e favorecer un desenrolo sostible e igualitario.
A axenda xira arredor de 5 exes centrais: planeta, persoas, prosperidade, paz e alianzas. Para que sepas un pouco mais de todo iso poderás encontrar a información no enlace da seguinte imaxen.




É importante que dende o CPI Arquitecto Palacios e dende a nosa biblioteca axudemos a difundir a Axenda 2030.

martes, 24 de septiembre de 2019

BENVIDA




Un curso mais a biblioteca do centro está a sacar lustre para que brille mais que nunca. Pronto abriremos a suas portas e o mundo da fantasía e o aprendizaxe despertará. 
Nela teredes cabida todas e todos vos, as vosas familias, os convidados e convidadas que nos visitarán este ano; será todo un recuncho para que os amantes da lectura, da consulta, da experimentación, do aprendizaxe en xeral, poidades disfrutar.