No CPI de Panxón, o día 28 de abril, co gallo da semana do libro, os alumnos e alumnas de 5º, 6º e 1º de ESO gozaron da visita de Miguel Alonso Diz co seu libro “A nena que non deixaban ser feliz”. É un conto ilustrado por Luz Beloso. A súa lectura convidounos á reflexión e participación crítica no encontro. Miguel Alonso Diz contounos que nas súas páxinas flotan invisibles personaxes tan carismáticos como O Principiño ou Momo. Aprendemos como se desenvolve o proceso de edición dos seus libros. Amosounos as pranchas de metal do libro “A nena que non deixaban ser feliz”, que levan toda a información para imprimir cada unha das follas que formarán o libro e os pregos, o conxunto de páxinas que se imprimen nunha mesma folla e que logo hai que dobrar, cortar e encadernar. Un proceso que sorprendou a grandes e a pequenos! MOITAS GRAZAS POLA VISITA!