Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Curso 2014-15

FALO PORQUE QUERO: PENA DE MORTE

Sandra González-Besada de novo fálanos dun tema que ten a partes iguais defensores e detractores; a pena de morte . Que opinas ti?

DÍA DOS NAMORADOS

Todos os anos o Equipo de Biblioteca organiza algunha actividade para celebrar o Día de San Valentín e desenvolver a capacidade de expresar amor a través da palabra. Parece doado pero cústanos, verdade?. Este ano deixastes as vosas cartas de amor para todos os que formamos parte deste Centro: alumnos, profesores, administración, cociñeiras, limpadoras... O venres 13 abristes as cartas que os nosos mensaxeiros do amor foron entregando por todos os cantos do cole. Todos recibimos unha flor de papiroflexia realizada por alumnos de 1º,2º,3º,4º (decorando a mesa ) e PDC. Que emocionante foi abrir as cartas para todos! Moitos de vós non tiñades mans para tantas. Un ano máis resultou unha actividade moi divertida e na que forzastes ao voso enxeño a poñerse a traballar, coa que os alumnos de Primaria cubriron un sobre (algo tan descoñecido para eles) e onde todos festexamos un día onde, fóra do interese comercial, se repartiu moito amor. Grazas a todos os alumnos que axudastes a que a acti...

30 DE XANEIRO 2015: CELEBRANDO O DÍA DA PAZ III -PanxónNobel (PRIMARIA)

No salón de actos o día 30 de xaneiro fixemos entrega dos PanxonNobel. o alumnado de 5º e de 6º de Educación Primaria foron os encargados de facer a presentación e para iso tiveron que:            - Investiga r na biblioteca sobre Alfred Nobel          - Investigar sobre 6 Premios Nobeis españois e facer unha presentación destes no salón de actos          - PanxónNobel: Cada clase de primaria tivo que propoñer a un compañeiro/a que merecera obter O PanxónNobel da Paz. O obxectivo foi que os nosos alumnos/as recoñeceran que a paz está nas nosas mans e que todos/as podemos contribuír cos nosos xestos e actitudes a que iso sexa posible. Entrega dos PanxónNobel da paz Os alumnos/as premiados/as co PanxónNobel da PAZ 2015 foron: 1º de Educación Primaria: HECTOR CHAMORRO COSTAS 2º de Educación Primaria: MARTINA DACOSTA JESÚS 3º de Educación Prim...

30 DE XANEIRO 2015: CELEBRANDO O DÍA DA PAZ II (PRIMARIA)

PRIMARIA Ao lango da semana todos os cursos de Educación Primaria estiveron traballando arreo para a celebración do día da PAZ, que rematamos cun acto de celebración no salón de actos o día 30 de xaneiro. 1º de EP Os alumnos/as de 1º ensaiaron durante a semana para facernos un recital de poesías sobre a PAZ, destas desfrutamos o venres no salon de actos toda a etapa de Primaria. A poesía que recitaron foi a seguinte: Un branco e pequeño barco  Con bandeiras de cores  Foise a percorrer os mares  Cargado con lindas flores. É un barco de papel  Como di a canción  Pero é lindo e tan alegre  Que conmove o corazón.  Por cada porto do mundo  Xa o vemos avanzar  Deixanos sempre unha mensaxe  “En paz queremos danzar” Na seguintes fotos podedes velos recitándoa: 2º de EP Os alumnos e alumnas de 2º realizaron acrósticos  coas seguintes palabras: Libertade,amor, alegría, amistade , luz, amigo, fel...

30 DE XANEIRO 2015: CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

  EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA: O VENRES, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz, e a secuencia de actividade que realizamos no centro foi a seguinte. VALORES DE PAZ E XUSTIZA SOCIAL: TOLERANCIA vs. FANATISMO : Atopámonos nun nomento social no que cada día aumentan os comportamentos intransixentes e intolerantes dende o mundo das relixións ata o do fútbol. Aproveitamos na ESO a conmemoración deste día da PAZ (DENIP) para tratar destes valores.  - Reflexionaron e afondaron na definición dos conceptos TOLERANCIA/FANATISMO - Visualizaron os seguintes vídeos, que lles axudaron a comprender mellor o obxectivo que nos propoñiamos. FUENTE: entrepasillos y aulas PRIMARIA   2º PRIMARIA ACRÓSTICOS POLA PAZ  PANXÓNNOBEL

VIOLENCIA DE XÉNERO E NOVAS TECNOLOXÍAS: INTERNET SEGURO

O Día Internacional de Internet Seguro 2015 celebrarase o próximo 10 de Febreiro. É un evento que ten lugar cada ano no mes de febreiro, co obxectivo de promover en todo o mundo un uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, especialmente entre menores e novos. No CPI de Panxón non podiamos esquecer que as redes sociais, seguidas a certa distancia dos xogos online multixogador, son o novo contexto relacional online dos adolescentes polo que prohibir o seu uso é unha equivocación . Tamén é un erro mirar cara a outro lado, pensar que non existen certos riscos ou que non se pode facer nada para evitalos. Consideramos que dende os centros temos que poñer os medios para que os nenos e nenas fagan un uso Seguro e saudable de Internet. Así o alumnado da ESO onte 3 de febreiro, recibiu unha charla impartida por Miren Tardáguila matilla, Psicóloga e Técnico en formación de Pantallas Amigas, na que se trataron os seguintes contidos prevención riscos Internet menores, uso seguro e r...

LECTURA COMPARTIDA: ESTRATEXIAS DE APRENDIZAXE COOPERATIVO

Fuente: creaconlaura Esta guía ofrece unhas pautas sobre como debe levarse a cabo a lectura compartida para iniciar a todos aqueles bibliotecarios e persoas interesadas que queiran crear un club de lectura, e permitir a posta en común de coñecementos e experiencias que permiten xestionar un club de lectura. A guía ofrece información que vai dende a creación do club, ata unha guía de actividades recomendadas, pasando por útiles consellos acerca de como planificar e coordinar os diferentes aspectos que conforman un club de lectura. "Pautas de lectura compartida: planificación, creación y desarrollo de un Club de Lectura" , elaborada pola Asociación "El Libro de los Clubes" Lectura Compartida from guestf82c87

FALO PORQUE QUERO: NENOS ROBADOS

Sandra González- Besada redactou un FALO PORQUE QUERO ,  decidiu falar sobre un drama que durante dúas décadas tivo lugar en España e que é hoxe cando empezamos a saber sobre el. Seguro que a súa lectura farávos pensar.  

NAVEGANDO NAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

En recoñecemento ao traballo que o CPI de Panxón ven realizando co proxecto “NÓS SOMOS MAR" ,  o alumnado de 5º e 6º de primaria do noso centro foi convidado a participar na actividade “NAVEGANDO NAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA”. A actividade organizada polo Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), contando coa colaboración da Asociación de Mariñeiros de Bouzas, realizouse o día 18 de decembro. O obxectivo da actividade era coñecer  as embarcacións  tradicionais de Galicia e  as artes de pesca que empregaban algunhas delas. Tamén se pretendía que tomaramos conciencia sobre a necesidade de conservar estas embarcacións que, unha vez rematada a súa vida laboral, son reconvertidas para usos culturais, deportivos e de lecer, evitando así a perda destas embarcacións que forman parte do noso patrimonio marítimo. A actividade tivo un pequeno adianto  o día 17 de decembro no propio colexio, onde o alumn...