Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2014

ENSAIOS “Kaleidolabs

Durante esta semana visitounos Luisa Martinez, responsable da Unidade de Cultura Científica (UCC) do CSIC en Galicia, para preparar con oitos alumnos e alumnas dos cursos de 4º, 5º e 6º de primaria e 1º de E.S.O., a presentación do estreno das pezas audiovisuais que forman o proxecto “Kaleidolabs”, o día 3 de outubro no CPI de Panxón e o 10 no museo do Mar: ensaiamos na biblioteca, visitamos a exposición dos títeres que elaboramos no taller valorizl@b,... ENSAIO KALEIDOL@BS - Movie Maker

COMEZAMOS CURSO 2014-15

Ola a todos/as: Xa estamos aquí de novo, regresamos,  xa fai un mes máis ou menos que comezamos este novo curso, pero como sempre, os comezos adoitan ser moi axetreados e non foi ata hoxe que puidemos comezar co noso blog. Como vos dicía xa levamos por aquí un mes, e aínda que non demos sinais de vida estivemos a organizar a nosa biblioteca, preparándoa para abrila. Organizando o equipo de traballo, mirando posibles títulos para o noso proxecto lector, en fin, un montón de cousas que son necesarias para que todo funcione. Empezamos o curso con moita ilusión e con moitas ganas. Queremos que un ano máis a biblioteca se converta en centro de actividades e recursos como vén sendo nos últimos anos e para iso é imprescindible que contemos con toda a comunidade educativa, xa que sen ela o noso traballo non tería demasiado sentido. En fin, comezamos o camiño, e esperamos que nos acompañedes neste precioso paseo. Un saúdo a todos/as