Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2024

Un día polo horto. Mes de maio

  E xa chegamos ao final de curso da nosa actividade do horto con SOMOS TERRA. Nesta ocasión o alumnado lembrou como se facía o apichi para espantar os caracois da nosa norteña. Limparon e prepararon a terra, abonaron e montaron as estruturas. Despois, plantaron un tagete que nos protexe a horta da plagas e favorece a polinización, remolachas, pepinos, calabacíns… Incluso chegaron a probar chícharos. Mirade 👇:

Visitamos a Biblioteca de Nigrán

  O pasado mércores día 29, o alumnado que pertence ao club de lectura fixo un percorrido andando dende o noso centro ao Concello de Nigrán e á Biblioteca Municipal. Agradecemos ao Concello de Nigrán a súa colaboración. Tamén dar grazas á bibliotecaria da Biblioteca Municipal, que nos acompañou durante a visita aos distintos espazos da mesma. Como remate a bibliotecaria agasallou a todo o alumnado cunha lectura na terraza da biblioteca.

Obradoiros de Convive+

  Un ano máis, contamos con Jeni e os seus obradoiros para ir un pouco máis aló das emocións a través de 3 obradoiros, recibidos polos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de EP: Falarnos mellor Empatía Xestión emocional  A través deles o alumnado puido por en práctica a través de diversos xogos a empatía e a xestión emocional, de cara a ser moito máis asertivos no día a día. e así aprender a falar mellor. Moitísimas grazas, Jeny @convive.mais por todas as aprendizaxes! 😊😊😊

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res

Roteiro Literario por Panxón: A praia dos afogados

O día 28 de maio, realizouse un roteiro literario por Panxón denominado "A praia dos afogados" en honra a Domingo Villar e en colaboración co Concello de Nigrán. Neste roteiro participaban os alumnos e alumnas da LIÑA 1 do Club de Lectura. Agradecer á guía, Rosa, o seu traballo de divulgación do legado de Domingo Villar e por facernos ver, coñecer e recoñecer a marabillosa paisaxe que temos ao redor do noso centro educativo.

ODS 2030

  No día de hoxe, os rapaces e rapazas de sexto de primaria estiveron traballando e reflexionando sobre os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) 2030 . Para isto, elaboramos un mural cos obxectivos en forma de lapelas. Así, o alumnado, por parellas, debía colocar nestas lapelas as súas ideas e suxerencias para contribuir cos ODS.  Por exemplo: no caso do obxectivo producción e consumo responsable, unha das ideas que colgaron foi non mercar alimentos que non imos consumir próximamente, polo cal reducimos o consumo. Posteriormente, o resto de alumnado de ESO e primaria pode contribuir cas ideas/suxerencias para contribuir aos ODS e conseguir encher as lapelas.

Saída: FP Innova

O pasado 24 de abril, o alumnado de 3º e 4º da ESO foi á Santiago de Compostela, concretamente á Cidade da Cultura, ao Congreso de Innovación na Formación Profesional , chamado FPInnova . Con esta visita, o alumnado puido coñecer máis de preto as actividades que se están a realizar na FP. Vos deixamos cunhas fotiños:

Charlas plan director: Acoso escolar / bullying

  Hoxe o alumnado de 5º e 6º de EP e 1º e 2º ESO recibiron unha charla sobre o bullying ou acoso escolar, incluída dentro do Plan Director. Falaron sobre o que é acoso escolar, como afecta á vítima e aos agresores, os tipos de acoso que se poden producir, que é o punto laranxa… Foi unha xornada de reflexión.

9 maio - Día de Europa

  Ao longo destas semanas os cativos e cativas de EP estiveron traballando o Día de Europa que se conmemora cada 9 de maio para celebrar a paz e a unidade en Europa. Na escola estivemos facendo varias actividades que vos amosamos a continuación: Mural con algúns monumentos emblemáticos. Nel colocaron os nomes dos países e as bandeiras dos mesmos. Lapbooks dos diferentes países que conforman a Unión Europea Debuxos: Vos deixamos con este vídeo resumo:

Luísa Villalta no Porto do Molle

No día de hoxe, os nenos e nenas de 1º e 3º de EP fomos invitados polo Concello de Nigrán a un contacontos celebrado no muíño do Porto do Molle. Contáronnos todo sobre Luísa Villalta a quen se adica este ano o Día das Letras Galegas. Foi moi ameno porque nos fixe ron participar e o pasamos moi ben. Mirade:

Os xogos de mesa mudaron

  Esta semana os xogos de mesa da nosa biblioteca mudaron de sitio: teñen un moble só para eles! 💙 Están clasificados por idades, competencias e funcións executivas. Se non sabes se o xogo se adapta a túa idade, tes un libriño onde están organizados por idades e cursos. Se queres vir a probalos e xogar, a biblio permanece aberta nos recreos e as tardes dos mércores e xoves de 16:00 a 18:00 horas. Lembra que non se realiza empréstito para casa.😉

Visita ao Concello

  O pasado martes, os nenos e nenas de 4º e 5º de EP foron de excursión ao Concello de Nigrán. Alí agardábanos Bibiana,  concelleira de Servizos Sociais, que nos ensinou todos os recunchos do antigo e do novo Concello. Entre eles: Sala de plenos: onde os cativos e cativas fixeron un pequeno debate para poñerse no papel do alcalde, os concelleiros e os contrarios. Servizos municipais Concellerías: cultura, urbanismo, servizos sociais... Despacho do alcalde e dos diferentes concelleiros A zona dos arquivos A Policía Sen dúbida, foi unha xornada de moitas aprendizaxes. 💙 Vos deixamos cun vídeo resumo do noso día:

Formación: exames adaptados e creación de materiais

No día de onte, o equipo docente do CPI recibiu a formación en adaptación e creación de materiais con Canva a cargo da nosa compañeira Antía Collazo Dacosta.  Moitas gracias Antía por compartir connosco o teu coñecemento! 😊 Moi agradecidos coa túa labor!

Saída ao Parlamento de Galicia

  O pasado 2 de abril, o alumnado de 3º e 4º de ESO realizou unha saída formativa a Santiago de Compostela para coñecer as nosas institucións: o Parlamento Galego e a Xunta de Galicia . Vos deixamos cun pequeno resumo:

Club de lectura. Déixao medrar

  Estes días os membros do club de lectura falaron sobre o libro Déixao medrar de Xurxo Silvestre Gómez xunto co profe de Educación Física. 

Obradoiro matemático en 1ºESO

  No dia de hoxe os alumnos e alumnas de 1º da ESO puideron desfrutar dun obradoiro matemático para repasar as unidades de medida de xeito lúdico: Xogo das serpentes e escaleiras para traballar as diferentes transformación nas unidades de medida. Ordenar unidades de medida  Batalla de medidas Desafíos de unidades de supeficie  Retos matemáticos de medida Mirade 👀

Os maios

  Os maios son unha festa popular galega a cal celébrase arredor do 1 de de maio, época de exaltación da natureza ao comezo da primavera. Os maios en sí, son figuras de madeira adornadas con froitos e flores de tipo natural. Dende a escola creamos o seguinte maio:

2 Maio - Día contra o Acoso Escolar

  Hoxe día 2 de maio é o Día contra Acoso Escolar , e ten coma obxectivo sensibilizar as persoas a escala mundial sobre o problema da violencia nas aulas e o ciberacoso, as súas consecuencias e a necesidade de poñerlles fin.  No noso centro escolar xa contamos co Punto Laranxa , o cal consiste nun punto físico do centro, neste caso na planta baixa, onde calquera persoa poderá denunciar de xeito anónimo unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar. Así que, se detectas algún caso ou te sintes vítima de acoso ou ciberacoso, non dubides en enviar unha mensaxe. Dende a biblioteca recomendamos as seguintes lecturas: Compartimos con vós unhas curtas: E a historia de Roi, vítima de acoso: