Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como KaleidoLabs

ESTRENO “KALEIDOLABS” NO MUSEO DE MAR

  PRESENTACIÓN KALEIDOL@BS - Movie Maker

PRESENTACIÓN “KALEIDOLABS”

O 3 de outubro presentamos no salón de actos do CPI de Panxón o proxecto de divulgación científica “Kaleidolabs” a toda a comunidade educativa coa colaboración do IIM (Eva Balsa e Luisa Martínez) e Títeres Babaluva. A partir dos resultados dos diferentes laboratorios: kaleid@Lab, Valoriz@Lab, Dibu@Lab, Foto@Lab y Especi@Lab realizáronse oito pezas audiovisuais con contidos de investigación marina: oceanografía, cabaliño de mar, cefalópodos, pesquerías, mexillóns, patoloxía alimentos e microbioloxía. Que éxito!! Moitas grazas pola vosa participación!!  KALEIDOL@BS - Movie Maker

ENSAIOS “Kaleidolabs

Durante esta semana visitounos Luisa Martinez, responsable da Unidade de Cultura Científica (UCC) do CSIC en Galicia, para preparar con oitos alumnos e alumnas dos cursos de 4º, 5º e 6º de primaria e 1º de E.S.O., a presentación do estreno das pezas audiovisuais que forman o proxecto “Kaleidolabs”, o día 3 de outubro no CPI de Panxón e o 10 no museo do Mar: ensaiamos na biblioteca, visitamos a exposición dos títeres que elaboramos no taller valorizl@b,... ENSAIO KALEIDOL@BS - Movie Maker

KALEIDOLABS

Vídeo realizado por Hugo Pereira sobre o Proxecto kaleidolabs desenvolto polo CSIC non noso CPI dentro do Proxecto "Nós somos MAR".

EFERVESCIENCIA DA RADIO GALEGA NO CPI DE PANXÓN

Despois do día adicado ao entroido, de nove están os KaleidoLabs en Panxon. Hoxe ademais visitounos Manuel Vicente do programa Efervesciencia da Radio Galega. Estivo presenciando as Gravacións e entrevistou aos alumnos/as de 6º de EP que lles tocaba gravar e facer os Story-board que proximamente subiremos, estade atentos por que son unha pasada, propios de verdadeiros artistas.

ACCIÓN¡¡¡ Títeres, cámaras, e .....

A palabra máxica ACCIÓN comezou a escoitarse esta mañá no Salón de actos do CPI de Panxón, o alumnado de 3º de EP cos titeres realizados por eles mesmos foron os encargados das primeiras esceas do rodaxe. Toda una experiencia de aprendizaxe¡¡¡¡¡ Insertar en Blog - collages

OBRADOIRO KALEIDOLABS : Elaboración do atrezzo para o corto

Dende o día 17 e ata o 26 de febreiro de 10 a 14 horas o alumnado de primaria atopase inmerso no proxecto "NÓS SOMOS MAR"< /span> traballando cos científicos do CSIC e o grupo co seu proxecto KaleidoLabs xunto con eles pretendemos achegar o medio mariño ao noso colectivo escolar mediante un curto no que os protagonistas sexan monicreques fabricados por eles mesmos a partir de rodas, rolos de tea, culleres, botellas ou tubos, este é uns dos obxectivos que ten o laboratorio "Valoriz@Lab" e no que participan os alumnos de 3º e 6º de primaria do colexio . Ademais colaborarán activamente en todos os procesos necesarios para realizar a peza audiovisual, co que unha vez finalizada a construción dos bonecos se procederá a elaborar o guión, o "story board" e ensinaráselles a manexar os monicreques para que sexan os alumnos os que os articulen durante a gravación. Ademais formularán posibilidades para manter un equilibrio ambiental, social e económico.  ...

QUE SE COCE HOXE NO KALEIDOLABS : Valoriz@lab

Hoxe están a traballar os alumnos/as d e 3º e 4º de Primaria, a súa tarefa consiste en construir con materiais de refugallo das praias, cabaliños grandes, medianos e pequenos, bebés minúculos, pingüins, polvos, chocos, Chip colar para cabaliño, Chip para marcar peixe, cangrexos, peixes variados, peixes moros con mal aspecto, larvas cefalópodo, bactrias boas e malas, ovos de galo.....etc. PARA ENDULZARVOS O DÍA, MIRADE QUE MARAVILLA DE POLVOS. Mañá mais¡¡¡¡¡¡¡

PARTICIPAMOS EN KALEIDOLABS

Estamos de enhoraboa, participamos neste fermoso proxecto¡¡ (dentro do proxecto "NOS SOMOS MAR"). Kaleidolabs é un proxecto coordinado polo Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía- Ministerio de Economía e Competitividade. O obxectivo do proxecto é acercar en tono didáctico e divulgativo o mundo mariño  e a investigación mariña a diversos públicos, a través da realización de varias actividades paralelas (Laboratorios) nos que as imáxenes, debuxos, títeres, música, xoguetes,…se converten en medios de divulgación. Iremos contando como imos desenvolvendo as actividades e obradoiros deste proxecto.