Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Día da discapacidade

LATENDO POR TI (ONCE)

Un ano mais celebramos o día da Discapacidade no CPI de Panxón, este ano quixemos sensibilizar ao noso alumnado coas deficiencias visuais. O Departamento de Orientación  e o equipo de Biblioteca organizaron a sensibilización coa  ONCE (Organización Nacional de cegos) Así que o 1 de decembro, en dúas sesións a primeira adicada aos cursos 1º, 2º e 3º de Primaria e a segunda sesión a 4º,5º e 6º de Primaria, Marian Lorenzo Prego ( Vicepresidenta    do Consello Territorial da ONCE en Galicia) e Lorena (representante dos afiliados) impartiron unha charla de sensibilización e acercamento a esta discapacidade. Marian explicou aos nenos que existen diferentes tipos de danos na vista e que a maioría poden realizar calquera tipo de actividade.  Os nenos/as coñeceron os sistemas de lectura que teñen: Tinta, Sonoro, e Braille. Presentaron a Braillerina e aprendemos a escribir con ela en Braille. A que non sabiades que os cores os asocian con olores ?, vimos un peq...

LATINDO POR TÍ

Un ano mais o Día Internacional da Discapacidade, o noso centro colabora co CEE Juan María (X Aniversario da Convención Internacional sobre os Dereitos das persoas con discapacidade) cunha foto dun grupo de alumnos cuns globos de cor verde. A continuación podedes ver a Proposta didáctica para a celebración no centro.

O DÍA INTERNACIONAL DA DI-CAPACIDADE EN VIÑETAS

"El arte de los viñetistas para celebrar el Día Internacional de las Personas con Discapacidad" é un post publicado hoxe, 3 de decembro, polo Huffington Post. Neste artículo mostranos con viñetas cómicas diferentes valores e dereitos que van ligados á Di-Capacidade, iniciativa pertencente ao Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), que decidiuo que no hai mellor celebración que a que pon en valor o humor. ¡Dentro NOTICIA!

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DI-CAPACIDADE: "BAIXO O MESMO SOL"

O CPI de Panxón co lema "Baixo o mesmo sol" e a cor verde, como nova imaxe da plena inclusión, quere seguir traballando pola igualdade de oportunidades e para iso colaboramos coa proposta do CEE Juan María e apoiamos a iniciativa de @AMarquezOrdonez coas seguintes accións. Decoración con globos verdes as diferentes zonas do colexio. Adicando tempos especiais nas aulas a tratar o tema da discapacidade, coa visualización dos vídeos "El caso de Lorenzo" e " "Por cuatro esquinitas de nada", OREJAS DE MARIPOSA, CUERDAS I, MI HERMANITO DE LA LUNA nada" Lectura de contos na hora de ler na Biblioteca Mi hermana Lola Ni mas ni menos (cadernos de educación en valores 4") Dicen de él . francisco Botella maldonado Contos sobre o TDAH:  LUNA DESTACA EN EL COLEGIO   FOSFORETE. UN AMIGO MUY ESPECIAL.   Antonio fai un chamamento para que este xoves 3 de decembro colapsemos as redes sociais gritando CAPACIDADE. Propón  tr...

CONTO SOBRE DISCAPACIDADE: PARA EXPLICAR AOS NENOS/AS

 NI MÁS NI MENOS Enlazamos un conto sobre discapacidade  para explicarlle aos nosos alumnos/as que todos somos diferentes e ante todo hai que respetarse. É un material editado polo Ministerio de Educación e CREADE

DÍA MUNDIAL DA DISCAPACIDADE

Este ano tamén quixemos sensibilizar ao noso alumnado coas discapacidades, e c on un pouco de adianto xa que ata o día 3 de decembro non se conmemora O Día Mundial da Discapacidade, celebramos no CPI o día da discapacidade, para iso o departamento de orientación e o equipo de biblioteca organizaron unha sensibilización xunto coa   Confederación Galega de Persoas con Discapacidade  (COGAMI) Así que hoxe 29 de novembro, en dúas sesións a primeira adicada a 3º da ESO e a segunda sesión a 4º da ESO, Francisco Traballador social de COGAMI e Moncho voluntario con lesión medular imapartiron unha charla de PREVENCIÓN DE LESIÓNS MEDULARES no colexio.    Francisco explicou aos nenos o que era unha lesión medular e o que implicaba así como as súas causas mais comúns, mentres Moncho ía puntualizando coa súa propia experiencia as palabras do seu compañeiro, contounos como foi o seu accidente e todo o que implicou para el esta lesión Comprendemos que, fora de días in...

CELEBRAMOS O DÍA DA DISCAPACIDADE

Con un pouco de retraso celebramos no CPI o día da discapacidade, para iso o equipo de biblioteca xunto co departamento de orientación organizou unha sensibilización xunto coa Asociación de persoas xordas de vigo   (FAXPG) . Así que hoxe 16 de decembro, en dúas sesións a primeira adicada ao 1º e 2º ciclo de educación primaria e a segunda sesión ao 3º ciclo, Camilo mestre de lingua de signos e xordo xunto con dous intérpretes fixo dúas actividades: 1º Campaña de sensibilización:   Camilo explicou aos nenos e nenas como é un día na vida cotiá dun xordo e de que medios se serven para poder ser autónomos, para iso utilizou unha presentación na que a través dun neno xordo chamado Iago ía recorrendo as diferentes actividades cotiás nas que un nenos xordo pode ter problemas, atopa barreiras   que lle poden impedir a súa integración na sociedade, escola..etc, e coa axuda colaborativa do alumnado ía presentando as solucións. Para rematar a acampaña vimos un vídeo "O sono d...