jueves, 26 de abril de 2012

OS NOSOS TRABALLOS DA SEMANA DO LIBRO

 Rematou a nosa semana dedicada á celebración do día do libro. A partir de agora só nós podemos corrixir malos hábitos e o noso particular propósito ser o protagonista destes 365 días que temos por diante. Todas as actividades relacionadas coa conmemoración do 23 de abril espero que vos fixesen pensar e aumentar a vosa inquietude lectora.



HÉROES QUE LEN

Despois do derroche de imaxinación que mostrachedes nos vosos traballos para o Día do Libro, é obrigado presentalos na Pega rabilonga. Era imposible publicar todos e por iso fixemos unha selección que se baseou en puntualidade de entrega, boa presentación, redacción do texto e enxeño na invención do heroe, dos seus poderes e do seu nome. Posteriormente foron colgados no mural que xa tedes feito en Secundaria como mostra das actividades realizadas para a celebración do 23 de abril.
Todos entendestes que é necesaria a chegada dos vosos heroes e heroínas para salvar ao mundo dos libros do ataque indiscriminado doutras distraccións menos enriquecedores e creativas. Non é tan difícil entender, tamén, que vós contades cos poderes que adxudicastes a estes personaxes de ficción. É tan sinxelo como que escollades un libro, o abrades e vos deixedes seducir pola súa historia. Anímate e convértete nun heroe por unhas horas, eles tamén len.



Open publication - Free publishing

Plantamos un panel con flores que representan, dende o noso espírito ecolóxico, libros con mensaxe nos seus talos.










Creamos o noso heroe, defensor da lectura, que, ademais de aparecer no documento publicado de Issuu, tamén serviron para decorar outro dos paneis do cole.


Investigamos para recoñecer a identidade dos escritores en lingua castelá, galega, inglesa e francesa que colgaban do teito.




Xuntos pouxemos o noso graniño de area para mostrar a todos que o noso colexio apoia a lectura e, polo tanto, festexa o Día do Libro. A partir de agora, a testemuña está nas túas mans. Escolle un libro, acomódate e abre a túa mente para imaxinar e converter todos os días nun dos 365 días do libro ao ano.

viernes, 20 de abril de 2012

AGASALLO PARA O DÍA DO LIBRO

Dende Ticdeplata invitannos a recorrer dous excelentes "libros interactivos vivos", disfrutando coas súas ilustracións e véndoas en movemento; ben léndoas ou ben escoitandoas,decargándoas como texto ou enviándoas por email aos amigos e amigas polo Día do Libro.
Un para Educación Infantil titulado La selva de Mario de Carlo Frabetti, con ilustracións de Adolfo Serra.
Outro para Educación Primaria titulado Julia, pato y el espía tamén de Carlo Frabetti e con ilustracións de Mónica Calvo.
Anque pola súa beleza e interactividade son atractivos para a primeira, segunda, terceira ou cuarta idade...

Esperamos que os disfrutedes.

LA SELVA DE MARIO (INFANTIL).

miércoles, 18 de abril de 2012

CONSELLOS E NORMAS PARA CADERNOS E TRABALLOS PRIMARIA


Hoxe mércores 18 de abril, montamos a Exposición de Cadernos, para distinguir a aqueles alumnos e alumnas que se esforzan en ter os seus cadernos ao día e que tratan tamén de coidar a presentación e a corrección nos seus contidos, expoñense os cadernos para que poidan velos todos os alumnos/as e as súas familias.


lunes, 16 de abril de 2012

ACTIVIDADES DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012 3º CICLO DE PRIMARIA

O CEIP Nosa Sra De Xuvencos realizou unha recopilación de materiais para traballar co alumnado do 3º ciclo de EP.Esta recopilación contén, a vida e obra, xogos, actividades LIM, video e webquest.