jueves, 27 de octubre de 2016

COMEZAN OS CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

OBRADOIRO VIOLENCIA DE XÉNERO NA MOCIDADE

Comezamos cos obradoiros co alumnado sobre a violencia de xénero co alumnado de 4º de ESO, estes obradoiros estan contextualizados na campaña de prevención da violencia de xénero dirixida a poboación adolescente e xoven que organiza o Concello de Nigrán a traves do CIM.
Os contidos a desenvolver son os seguintes
  • O concepto de amor
  • A violencia contra as mulleres: análise das distintas manifestacións da violencia
  • A violencia na parella e os mecanismos que a sustentan
  • A incidencia da violencia de xénero na mocidade: Especial referencia as redes sociais
Serán impartidos ao longo de catro sesións cuxas datas son:
  • 19 de outubro de 12:50 a 13:40
  • 24 de outubro de 12:50 a 13:40
  • 3 de novembro de 13:40 a 14:30
  • 8 de novembro de 9:50 a 10:40


MELLORANDO A COMPETENCIA LINGUISTICA:NORMAS CADERNOS

Desde 2011 estamos a impulsar diferentes iniciativas, de maneira transversal desde todas as áreas, para que o noso alumnado mellore as súas competencias de Comunicación Lingüística. Entre outras moitas cuestións, o noso obxectivo é que todo o alumnado do centro siga unhas normas básicas para ter os seus cadernos mellor presentados, con maior orde e limpeza e cunha adecuada expresión escrita. 
A experiencia foi bastante positiva e, para reforzar a idea organizamos unha exposición e concurso de cadernos a final de curso, os mellores foron premiados.
Durante este curso imos aplicar tamén o modelo elaborado en anos anteriores e que nos vai a servir de exemplo, con pequenas variacións que indicarán os profesores/as, na presentación dos cadernos das distintas materias. Con iso tratamos de evitar as deficiencias formais e mellorar tamén a expresión escrita e a ortografía. A continuación presentamos o modelo que seguimos.

PROPOSTA DIDÁCTICA SAMAÍN PRIMARIA 2016

CONCURSO DE TEXTOS E DEBUXOS SOBRE O OUTONO

CONCURSOS CABAZAS SAMAÍN 2016


 PARA ANIMAROS A PARTICIPAR  PODEDES VER O VÍDEO SOBRE O SAMAÍN CON MÚSICA DE MAMÁ CABRA.

  Vídeo didáctico sobre o Samaín con música de Mamá Cabra from Falamelide TV on Vimeo.

GUÍA LECTURAS TERRORÍFICAS

 Dende o venres 15, podes atopar no expositor de lecturas e novidades da pranta baixa os mellores libros de terror da nosa biblioteca.
Durante esta semana, ademais, repartiranse polas clases o boletín que ves aquí máis abaixo coa selección de lecturas, pasa pola biblioteca e colle o que mais te guste.





domingo, 16 de octubre de 2016

VISITA A BAIONA: TRABALLOS ALUMNADO

1º PRIMARIA

 
2º PRIMARIA 

3º PRIMARIA

 

VISITA A BAIONA

O 14 de outubro, os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de primaria saíron a Baiona. Esta actividade forma parte do programa "O Sabor da aventura está no Mar". A visita comezou no porto, cun percorrido para ver os diferentes tipos de embarcacións e as artes de pesca empregadas polos mariñeiros como as nasas e as redes de enmalle. Nesta ocasión no porto de Baiona había unha carabela portuguesa, a "Boa Esperança" que os nenos e nenas puideron visitar. Na lonxa tiveron a oportunidade de ver a selección do percebe, aprenderon como é a venda do peixe e o marisco e ata simularon unha poxa. Na Casa de Navegación coñeceron todo sobre Cristóbal Colón e a súa aventura. Durante a visita á praza de abastos visualizaron a variedade de produtos pesqueiros e marisqueiros que se poñen a disposición do consumidor, a etiqueta dos produtos e os aspectos que determinan a súa frescura. Ademais, permitiu coñecer as características do comercio minorista de Baiona e a actividade dunha praza de abastos.

Na última parte da visita, coa finalidade de coñecer os alimentos do mar desde o punto de vista culinario, tivo lugar a degustación dunha merenda, a base de produtos de terra e mar.



sábado, 15 de octubre de 2016

III CERTAME RELATOS DE TERROR

Un ano mais o equipo de Biblioteca organiza o III Certame de "Relatos de terror", coas seguintes bases:

TEMA: A temática estará relacionada co terror, medo ou suspense.

CATEGORÍAS:
Se establecen catro categorías:
• Categoría A: Alumnos/as de 1º e 2º da  ESO.
• Categoría B: Alumnos/as de3º e 4º da ESO.
• Categoría C: Alumnos/as de 1º, 2º, 3º e 4º, de Primaria.
• Categoría D: Alumnos/as de 5º e 6º de Primaria.

PARTICIPACIÓN:
  • todos os alumnos/as do centro.
PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS
  • As obras dos participantes entregaranse ao titor en primaria e a profesoara de Lingua Castelá en Secundaria.
  • O prazo de recepción dos orixinais concluirá o día 28 de novembro de 2016.
  •  O Fallo do Xurado darase a coñecer o día 9 de novembro coincidindo coa celebración do magosto, a través do blogue da Biblioteca e nun pequeno acto que se levará a cabo na Biblioteca onde se lerán os relatos gañadores e entregaranse os premios.
  • Os traballos premiados serán colgados no blog da biblioteca e no de Lingua Castelá e ademais serán expostos no taboleiro do recuncho de pais e nais
CRITERIOS PARA CONCESIÓN DE PREMIOS:

A calidade e orixinalidade dos traballos serán os criterios en que se baseará o xurado para o fallo dos premios. O xurado poderá declarar deserto algún dos premios, se as obras presentadas non reúnen a suficiente calidade.

lunes, 10 de octubre de 2016

COMO FACER BOS LECTORES

Os seguintes documentos foron elaborados conxuntamente co DO, co obxectivo de que en cada un dos cursos de primaria foran traballados coas familias na primeira reunión con estas.

FORMACIÓN DE USUARIOS: O GRÚFALO



Nas sesións de Formación de Usuarios os alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria escoitaron e veron o álbum ilustrado O Grúfalo que proxectamos na pantalla dixital da biblioteca.
O Grúfalo de Julia Donaldson coas ilustracións de Axel Scheffler é unha fábula sobre o poder da imaxinación e tamén do medo.


RELATOS DE TERROR SECUNDARIA

Aquí tedes os relatos de terror dos vosos compañeiros/as de 3º de ESO. LEELOS CON MOITA LUZ....E ACOMPAÑADOS... TEREDES MOITO, MOITO, MEDO

FORMACIÓN DE USUARIOS: "MERGULLANDO NA BIBLIOTECA"


Ao longo do primeiro trimestre do curso 2016-2017 a Biblioteca desenvolveu sesións formativas, de carácter especializado, orientadas especialmente ao uso das distintas fontes de información, o funcionamento, as normas, as partes dun libro, a CDU,…nestas sesións pretendemos os seguintes obxectivos:
· Coñecer e seguir as pautas de comportamento na biblioteca e as súas normas de funcionamento.
· Identificar os distintos tipos de documentos e entender a diferenza entre libros de ficción e libros de coñecemento.
· Descubrir o espazo da biblioteca.
· Coñecer os servizos que ofrece a biblioteca e os aspectos fundamentais da súa organización.
· Facilitar o acceso aos documentos.
· Coñecer o sistema de clasificación de libros e materiais audiovisuais, orientarse na biblioteca coa axuda dos rótulos de sinalización e aprender a utilizar o catálogo.
· Coñecer as fontes de información.
· Utilizar as obras de consulta (dicionarios, enciclopedias e atlas), identificar índices, vocabularios e outras ferramentas de axuda presentes nos libros de coñecemento e axudarse da prensa e Internet para buscar información.
· Capacitar para o proceso de busca (ALFIN).





Deseñamos diferentes fichas para traballar cos nenos e nenas de Educación Primaria nestas sesións de formación de usuarios.


FORMACIÓN DE USUARIOS: VISITAS GUIADAS Á BIBLIOTECA


Organizamos visitas para dar a coñecer o funcionamento da biblioteca, os seus fondos e os servizos de que dispón. Nestas visitas entregamos aos alumnos e alumnas de primaria as súas carpetas de biblioteca e a " Guía de usuarios".