Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2016

ESPAZO LECTURA ABRIL

APADRIÑAMENTO LECTOR

Lembrade que o vindeiro xoves a hora de ler trasladarase a 4ª hora. Todos os alumnos que vos presentastes voluntarios para apadriñar a un alumno de Primaria, teredes que estar ás 11:45 nas filas de Primaria cos vosos libros respectivos. Se fai bo tempo , baixaremos á praia para que sexa alí onde este ano leades aos vosos afillados. Seguro que resulta unha xornada moi enriquecedora e divertida. Non vos esquezades de preparar a vosa participación lectora.

PRIMEIRAS MAQUETAS

Xa están os primeiras traballos polo noso festexo cervantino e shakespiriano. Felicitacións ás autoras.  

TEATRO

Os alumnos de 4º e algún de 3º ESO están a ensaiar o entremés de Cervantes desde a pasada semana. Parece ser que todos ( ou case todos), xa se saben os seus respectivos papeis. Esta próxima semana tócannos os ensaios xerais.  Falta moi pouco para que que vexamos o resultado desta representación cervantina.

TRABALLOS 400

Os alumnos de 2º ESO xa se puxeron ao choio e empezaron a decorar o centro para que todo o mundo saiba que aquí tamén celebramos o 400 aniversario de Cervantes e Shakespeare. Cambiaron os xogos do recreo pola creatividade compartida, para debuxar murais e retocar maquetas. 

CERVANTES 400 E A PROGRAMACIÓN ESPECIAL DE RTVE

Toda a información pinchando na imaxe. Fuente imagen: rtve