Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024

Reto 2: Sen pegada no transporte

  Sen pegada no transporte. No CPI Pl. Arquitecto Palacios sempre que é posible imos andando ás actividades complementarias á formación. Este mércores día 21 de febreiro o alumnado de 3º ESO baixou á praia da Madorra a gravar un "short de youtube" para completar o reto nº 2 de Xeración ECO "sen pegada no transporte". O día 26 Novembro de 2023 foi o día Internacional do transporte sostible e no centro c elebramos o día internacional do transporte sostible primeiramente felicitando ao alumnado que ven ao centro educativo andando, en bicicleta, no bus escolar, no bus público e os que comparten coche para vir ao colexio. E por outro lado a actividade do 25N como xa publicamos neste blog, fomos andando á mesma fomentando a movilidade sostible.

11 F: Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

  Os nenos e nenas de 5º de Primaria fixeron un traballo de investigación sobre mulleres científicas para conmemorar así o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Investigaron mulleres como Isabel Zendal, Antonia Ferrín, Concepción Arenal, Ángela Ruiz Robles, Ángeles Alvariño… e fixeron unhas fichas técnicas que quedaron expostas no corredor da escola.  Botade unha ollada:

Novos xogos de mesa

  Se un bo rato queres pasar,  Na biblio deberás entrar!

Reto 4: Disfraces cero plásticos

  Neste reto de xeración ECO o CPI Pl. Arquitecto Palacios comprometeuse neste curso académico a realizar un entroido sostible. Polo que tanto o profesorado, familias e alumnado fomentou a vida saúdable e o deporte, como se puido ver no desfile realizado por Panxón o venres 16 de febreiro.  Na  medida do posible tentamos utilizar e reutilizar materiais como papel, cartón ou material téxtil para a elaboración dos nosos disfraces do entroido.  Con estas fotos tentamos mostrar unha pequena parte do traballo.:

Saída: Jurassic Nova

  O pasado doces, cativos e cativas de 4º, 5º e 6º EP foron á exposición Jurassic Nova. Alí descubriron o fascinante mundo dos dinosaurios. Observaron restos fósiles e fragmentos de meteorito. Aprenderon moito sobre estas criaturas prehistóricas. Mirade:

Entroido saudable e olímpico

  O pasado venres tivemos o desfile de Entroido polas rúas de Panxón. Saímos cos nosos disfraces vinculados ao proxecto anual de vida saudable e xogos olímpicos. Había sandías, cenorias, amorodos, granxeiros, uvas, aguacates e tostadas, e moitos xogadores, Aquí vos deixamos cunha pequena mostra:

Novidades lectoras III

  Aquí vos deixamos coas novas lecturiñas recém chegadas á biblioteca:

PERSONAXES DO ENTROIDO

A rapazada de 5º e 6º de EP estiveron preparando un mural cos personaxes máis importantes do entroido galego. Coñeceron personaxes típicos de cada unha das provincias como son os choqueiros, os merdeiros, as madamas e os galáns, os cigarróns, os peliqueiros, o oso, etc. Traballaron un montón: Mirade o mural dixital que fixeron entre todos. Se clicades nas iconas poderedes escoitar a información de cada un dos personaxes coas voces dos cativos e cativas: Bo traballo rapazada!👏👏👏

Día da Paz

  O día  30 de xaneiro , conmemoramos o  Día Escolar da Non Violencia e da Paz .  Dende o cole estivemos realizando diferentes actividades e entre todos un PHOTOCALL conxunto que denominamos "Muro pola paz". Como cada ano,  calzamos as zapatillas e botamos a correr na carreira solidaria xunto con compañeiros e compañeiras doutros centros educativos:   EEI Dunas, CEIP da Cruz - Camos, Centro Juan María e CEE Panxón.. A verdade é que ver aos nosos familiares, mestres e mestras e ata representantes do Concello, incluído o alcalde dounos tantas forzas que conseguimos superarnos. Moitas grazas a todos!  Vémonos o próximo ano! Aquí vos deixamos cun resumo:

Charla: pegada dixital

  O 23 de xaneiro, o alumnado de 2º da ESO asistiu a unha charla organizada polo Departamento de Orientación denominada “A pegada dixital” impartida polo AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia). Aquí vos deixamos un resumo:

Saída a praia da Madorra

  O día 19 de caneiro o alumnado de 1º ESO foi andando a praia da Madorra onde os estaban esperando Raquel e Ana, coordinadoras para o estudo de mamíferos marinos (CEMMA). Na praia, o alumnado realizou un recoñecemento do medio e adicouse a limpeza de plásticos. Mirade 👇:

Liña 2 do club de lectura

  Reúnese a liña 2 do clube de lectura: "Lecturas en galego" que neste caso ten tamén relación co proxecto do centro "xogos olímpicos": Corredora de María Reimóndez.