jueves, 26 de diciembre de 2019

OBRA DE TEATRO "GOLPES"- ESTIBALIZ VEIGA

O alumnado de 3º e 4º da ESO dentro da programación de catividades para o Día en contra da violencia de xénero, asistiu a representación teatral da obra GOLPES. 
GOLPES é a vida de Pamela, unha rapaza que nos conta a súa vida, os seus soños, como era romántica, que aprendeu dunha relación que non debeu vivir. Tratando e previndo a desigualdade dende onde nacen as relacións (a adolescencia).
Foi un espectáculo directo, que xoga co impacto da posta en escea, sen trucos dramatúrxicos ou de escenografía. Apoia só no "savoir faire " da atriz, quen incorpora múltiples personaxes diante doso nosos ollos.
Moitas grazas a Estibaliz Veiga polo seu bo facer, que nos dexou impresionados e fixonos reflexionar sobre onde empeza todo. 


domingo, 15 de diciembre de 2019

viernes, 13 de diciembre de 2019

CONTACONTOS APALPADOR 13 DE DECEMBRO

Hoxe 13 de decembro recibimos con moita ilusión a visita do Apalpador, figura mítica do Nadal. Pablo (profe de inglés do CPI) fixo as ledicias do noso alumnado de primaria, palpou barrigas, contou anécdotas ..e transmitiu valores como o repecto pola natureza, hábitos saudables...etc




OS NOSOS MONSTRUOS 1º PRIMARIA


VIII OPERACIÓN QUILO: “Alimentos libros e Recollida de xoguetes”.

"Un ano mais con motivo das festas de Nadal, realizamos a campaña de recollida de alimentos ao igual que nos dous últimos anos podedes escoller un libro procedente do expurgo a cambio da entrega dos alimentos” e xunto coa campaña de alimentos en colaboración coa ANPA tamén facemos Campaña de recollida de xoguetes.

Todos os alimentos e xoguetes serán doados ao Concello para a súa distribución.
Tratamos con iso de fomentar no alumnado os valores de solidariedade e de axuda.

Por esta razón propoñémosvos que ao longo das vindeiras semanas, entre o 2 de novembro e o 18 de decembro, cada familia que o desexe colabore con algún quilo, litro, bolsa… de alimentos non perecedoiros (legumes, aceite, azucre, latas, leite…) e xoguetes que os vosos fillos/as non lle fan caso e que acaban nos trasteiros o no fondo dos armarios. É importante facerlles ver aos vosos fillos/as que doando o que lles sobra poden facer felices a outros nenos necesitados.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración, animámosvos a facer chegar os vosos “QUILOS de solidariedade”.


martes, 10 de diciembre de 2019

SESIÓN DE CONTACONTOS NA ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL "AS DUNAS"

Os alumnos/as de 1º e 2º de primaria participaron nunha sesión de contacontos  coa temática da igualdade a cargo de "Donde viven los cuentos"

martes, 3 de diciembre de 2019