martes, 20 de diciembre de 2016

TEATRO NO AUDITORIO: COUSAS

O martes 20 de decembro, o alumnado de ESO acompañados polo profesorado asistiron no Auditorio da Casa do Concello de Nigrán a ver a representación de "Cousas" de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
A actividade foi organizada pola editorial galxia e representado polo grupo de teatro "Os Quinquillans"

 

O PAPAGAIO: XORNAL ESCOLAR MENSUAL

Xa temos na biblioteca os números 1,2 e 3 do xornal escolar mensual "O PAPAGAIO" de Edicións MOITO CONTO.

Neste último número trátanse temas como: A pobreza enerxética, construcións ecolóxicas, oficios e profesións: os traballadores en vertical, avances científicos, A arte urbana ....
Non os esquezades, ide a biblioteca e lelo cos voso amigos/as.

MALETA VIAXEIRA


A maleta viaxeira de Poesía nº 1, chegou a biblioteca do CPI de Panxón eo 23 de novembro e desfrutamos dela ata o 19 de decembro de 2016. Dispuxemos de esta maleta durante 15 días para viaxar polas aulas do centro. Aproveitamos a sorpresa que provocou a aparición de algo novo na aula para espertar a curiosidade do alumnado.


GAÑADORES DEBUXO E TEXTO DE NADAL

GAÑADOR DEBUXO NADAL: Pablo Iglesías Ruíz 2º Primaria



GAÑADOR TEXTO DE NADAL:

"Chegou o Nadal 
e con el o frío invernal
Poñemos a Árbore e o Belén 
e vén Papá Noel"

miércoles, 14 de diciembre de 2016

I CERTAME DE CARTAS DO APALPADOR

Este ano, ademais de apalpar a barriga, meus queridos nenos e nenas, vouvos apalpar a cabeza para coñecer cantas palabras sabedes. Estou bastane preocupado, porque lle estiven apalpando os miolos a alguns e atopei moi poucas verbas na miña lingua. Por iso quero que antes de que chegue o día de Nadal, me fagades unha carta na que ademais de contarme os vosos desexos recollades palabras en galego relacionadas con esta época do ano. Podedes facer tamén debuxos para ensinerme o seu significado.
Recoolede a plantilla para escribir a vosa carta no corredor da planta baixa onde está o Apalpador¡¡¡¡
Esta actividade é unha proposta do Concello de Nigrán (SNL)

CONCURSO DE DEBUXOS E TEXTOS DE NADAL


martes, 13 de diciembre de 2016

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

O luns 3 de outubro todo o alumnado de Educación Primaria e 1º e 2º de ESO participou no obradoiro de “O sabor da aventura está no mar”, actividade que está enmarcada dentro do programa “Aliméntate ben”.
O obradoiro tivo unha duración dunha hora. O obxectivo era dar a coñecer a importancia dos productos do mar na dieta e fomentar o seu consumo.
Os alumnos e alumnas asistiron a unha obra de teatro dirixida por tres personaxes: Luís, o pescador; Dona Mariña, a cociñeira e a científica Balbina. Coa súa axuda, a cuadrilla dos “Arroases” tiveron a importante misión de facer chegar a súa mensaxe a todos os nenos e nenas: compartir os seus super-poderes. Despois realizaron xogos onde coñeceron os diferentes peixes e as súas características.

Finalmente realizaron a entrega da “Carta de compromiso: O sabor da Aventura está no mar” que foi firmada polos participantes do obradoiro para facer chegar a mensaxe da cuadrilla “Os arroases” aos seus amigos/as e familia.
Que ben o pasaron!

viernes, 2 de diciembre de 2016

PREMIO CERVANTES 2016; EDUARDO MENDOZA

O máximo galardón das letras españolas foi este ano para Eduardo Mendoza.

Mendoza (Barcelona, 1943) iniciou a súa carreira literaria en 1975, coa publicación do libro La verdad sobre el caso Savolta, que recibiu o Premio da Crítica. Desde entón publicou 15 novelas, dous libros de relatos, dúas obras de teatro e catro ensaios. O xurado, segundo recolle a acta, outorgoulle o premio "porque, coa publicación en 1975 do libro, La verdad sobre el caso Savolta, inaugura unha nova etapa da narrativa española na que se devolveu ao lector o goce polo relato e o interese pola historia que se conta, que mantivo ao longo da súa brillante carreira como novelista". Eduardo Mendoza, continúa o comunicado, "no ronsel da mellor tradición cervantina, posúe unha lingua literaria chea de sutilezas e ironía, algo que o gran público e a crítica sempre souberon recoñecer, ademais da súa extraordinaria proxección internacional".
TODOS OS PREMIADOS DENDE 1976
2016 - Eduardo Mendoza
2015 - Fernando del Paso
2014 - Juan Goytisolo
2013 - Elena Poniatowska
2012 - José Manuel Caballero Bonald
2011 - Nicanor Parra
2010 - Ana María Matute
2009 - José Emilio Pacheco
2008 - Juan Marsé
2007 - Juan Gelman
2006 - Antonio Gamoneda
2005 - Sergio Pitol
2004 - Rafael Sánchez Ferlosio
2003 - Gonzalo Rojas
2002 - José Jiménez Lozano
2001 - Álvaro Mutis
2000 - Francisco Umbral
1999 - Jorge Edwards
1998 - José Hierro
1997 - Guillermo Cabrera Infante
1996 - José García Nieto
1995 - Camilo José Cela
1994 - Mario Vargas Llosa
1993 - Miguel Delibes
1992 - Dulce María Loynaz
1991 - Francisco Ayala
1990 - Adolfo Bioy Casares
1989 - Augusto Roa Bastos
1988 - María Zambrano
1987 - Carlos Fuentes
1986 - Antonio Buero Vallejo
1985 - Gonzalo Torrente Ballester
1984 - Ernesto Sábato
1983 - Rafael Alberti
1982 - Luis Rosales
1981 - Octavio Paz
1980 - Juan Carlos Onetti
1979 - Jorge Luis Borges
1979 - Gerardo Diego
1978 - Dámaso Alonso
1977 - Alejo Carpentier
1976 - Jorge Guillén

DECEMBRO

Xa comezou o mes de decembro e por iso tocaba nova lectura. O libro que se presenta este mes no Recuncho lector é "Un monstro vén a verme" de Patrick Ness. A recensión deste libro fíxoa Carme (profesora de galego) e espero que logre animarvos para que sexa a vosa próxima lectura. Non vos esquezades que tamén contades coa versión en castelán na biblioteca.

LATENDO POR TI (ONCE)

Un ano mais celebramos o día da Discapacidade no CPI de Panxón, este ano quixemos sensibilizar ao noso alumnado coas deficiencias visuais. O Departamento de Orientación  e o equipo de Biblioteca organizaron a sensibilización coa  ONCE (Organización Nacional de cegos)
Así que o 1 de decembro, en dúas sesións a primeira adicada aos cursos 1º, 2º e 3º de Primaria e a segunda sesión a 4º,5º e 6º de Primaria, Marian Lorenzo Prego ( Vicepresidenta  do Consello Territorial da ONCE en Galicia) e Lorena (representante dos afiliados) impartiron unha charla de sensibilización e acercamento a esta discapacidade.
Marian explicou aos nenos que existen diferentes tipos de danos na vista e que a maioría poden realizar calquera tipo de actividade.
 Os nenos/as coñeceron os sistemas de lectura que teñen: Tinta, Sonoro, e Braille. Presentaron a Braillerina e aprendemos a escribir con ela en Braille.


A que non sabiades que os cores os asocian con olores?, vimos un pequeno documental "Os cores das Flores" e practicamos con rotuladores de olor a asocialos a cores.


Chamounos moito a atención os libros de texturas que teñen , por exemplo para poder coñecer monumentos.

E por suposto tamén aprendemos as diferentes maneiras de movilidade: O bastón, O acompañante e o can guía.
 Chamounos moito a atención o proceso de adestramentos dos cans e o caro que é o proceso, ademais non todo o mundo pode acceder a eles xa que son escasos e hai unha demora de mais de tres anos para poder conseguilo.


Comprendemos que, fora de días internacionais e leis, a realidade, a cruda realidade é tozuda. Hai avances, pero son insuficientes. As rúas dos distintos barrios están cheas de bordillos imposibles para persoas cegas ou con problemas de visión.

Dende este blog queremos darlle as grazas a Marian  e Lorena por compartir o seu tempo con todos nós. A actividade foi  impartida de maneira gratuíta.



miércoles, 30 de noviembre de 2016

LATINDO POR TÍ

Un ano mais o Día Internacional da Discapacidade, o noso centro colabora co CEE Juan María (X Aniversario da Convención Internacional sobre os Dereitos das persoas con discapacidade) cunha foto dun grupo de alumnos cuns globos de cor verde.


A continuación podedes ver a Proposta didáctica para a celebración no centro.

sábado, 26 de noviembre de 2016

DOMESTIC VIOLENCE

A semana do 25 de novembro, os alumnos da ESO, visualizaron un vídeo onde unha muller irlandesa conta nas redes sociais a súa dura experiencia. Unha vez visto o vídeo os alumnos fixeron un debate ademais de transmitir como se sentiron ante o seu relato. Para finalizar, os alumnos de 2º ESO realizaron poemas acrósticos, 3º ESO realizaron uns slogans e 4º ESO escribiron un final para a historia.


5º E 6º PRIMARIA: KAMISHIBAI "A PRINCESA QUE QUERÍA ESCRIBIR"

A princesa deste conto quería ser escritora e loitou por conseguilo cada día e cada hora. Os alumnos e alumnas  voaron con ela entre letras, aprénderon o conto de memoria, pasaron polo seu castelo e soñaron con esta historia, que trascribiron utilizando a técnica  do kamishibai, reescribiron o conto e o ilustraron, posteriormente fixeron unha lectura aos compañeiros da etapa de primariana biblioteca.

TRÁTAME 3º E 4º PRIMARIA

O alumnado de 3º e 4º de primaria traballo no aula a diferencia entre o bo trato e o maltrato e elaboraron un gran mural co título “Trátame ben”, onde colocaron fotografías e debuxos que representan a persoas en actitude de bo trato, engadindo posteriormente frases que expresan a súa opinión sobre o rexeitamento da violencia de xénero.





viernes, 25 de noviembre de 2016

NOTICIEIRO

O alumnado de 1º de ESO traballaron recabando noticias sobre a violencia de xénero publicadas ao longo deste ano. Despois de traballar nas aulas esta temática dende diferentes perspectivas, cambiaron as noticias por outras que o final fora menos negativo.
Deixámosvos algunhas delas.

ELIXE QUE TE TRATEN BEN

Hoxe día 25 de novembro tivemos a gran sorte de contar coa visita da concelleira de Igualdade, o motivo da súa visita foi presentarnos a campaña do concello de prevención de violencia de xénero, esta campaña e o resultado do traballo realizado polo alumnado de 4º da ESO dos diferentes centros do Val Miñor nos obradoiros que tiveron lugar nos meses de outubro e novembro.
Ademais trouxeron uns agasallos coa mensaxe da campaña. 
MOITAS GRAZAS

4º ESO

O traballo que realizamos en 4 de ESO consistiu  no seguinte :
Durante  2 sesións os alumnos viron e comentaron varios vídeos sobre violencia de xénero ademais de buscar información  e noticias sobre o mesmo e máis concretamente  sobre violencia en adolescentes.
Na terceira sesión vimos o curto titulado "mamás e papás ". 


Neste curto de 3 minutos unha nena duns 8 anos xoga cos seus xoguetes pero reproducindo unha escena que viu na súa casa.
A nena insulta, humilla e pega violentamente  á súa boneca preferida. Cando chega a súa nai a casa, ve toda a sala desordenada e todos os xoguetes tirados. Pregúntalle que  pasou e a pequena  contéstalle sorrindo que estaba a xogar a papás e mamás. Nese momento aparece  o pai...
 Despois da visualización recollemos as reaccións e comentarios dos alumnos/as, podedes velos no seguinte enlace.


GUÍA DE LECTURAS 25 DE NOVEMBRO


TENDAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA: VIVAS E LIBRES COMO FLORES

Un ano mais a Comunidade educativa amosa o seu  enérxico rexeitamento contra a violencia de xénero, apostando pola educación para a prevención da mesma. Todos e todas quixemos poñer a nosa pegada nun fermoso tendal de flores  contra a violencia cara ás mulleres



PRIMEIRAS SINAIS: PONLLE FREO

O alumnnado visualizou o vídeo da campaña  do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e despois de debater e reflexionar, tiveron que escribir frases que sexan sinais precoces de alarma para un posible maltrato, logo con estas frases na clase de Educación Plástica e visual fixeron sinais de tráfico e escribiron nelas as sinais de alarma. Coas sinais realizaron un mural.

jueves, 24 de noviembre de 2016

O CLUB DE BALONCESTO NIGRÁN EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O equipo educativo do CPI de Panxón participou  na proposta do Club de Baloncesto Nigrán para vencer a Violencia machista. Cun lazo de balóns, un por cada muller victima este ano da violencia machista, o Club realizou a gravación en rexeitamento da violencia de xénero.
Neste vídeo participamos os equipos educativos do CPI de Panxón, o Colexio Humberto Juanes, Carlos Casares, e o Colexio Cruz (Camos)  ,ademais de entrenadores, xogadores, directivos e familias.
O gran lazo foi debuxado sobre a pista do Pavillón do noso centro.
A continuación podesdes visualizar o vídeo e a nosa aportación.




RECUNCHO MATEMÁTICO

Dende o mes de novembro, todos os martes na hora do recreo a profesora de matemáticas da ESO fai un obradoiro de matemáticas co alumnado de primaria e secundaria. Neste obradoiro traballan con diferentes materiais matemáticos como tangram, dominós, bingos...etc que forman o noso recuncho matemático da Biblioteca.



VIOLENCIA DE XÉNERO 2016: NIN UNHA MAIS

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día internacional para a eliminación da violencia cara a muller, ao longo do mes de novembro realizaremos distintas actividades a nivel de centro e de aula e na ESO dende a titoria e as diferentes materias. 
Os datos son terribles como podesdes ver neste reconto de mulleres asesiñadas por iso dende o CPI de Panxón traballamos pola concienciación da Comunidade educativa respecto a necesidade de construir un mundo mais igualitario.

Ano 2007: 71 mulleres. ///Ano 2008: 84 mulleres asesiñadas ///Ano 2009: 68 mulleres asesiñadas /// Ano 2010: 85 mulleres asesiñadas /// Año 2011: 67 mulleres asesiñadas /// Ano 2012: 57 mulleres asesiñadas /// Ano 2013: 57 mulleres asesiñadas /// Ano 2014: 59 mujeres asesiñadas ///Año 2015: 64 mulleres asesiñadas

MULLERES ASESIÑADAS DURANTE 2016:    40 

FUENTE: IBASQue

As actividades que propoñemos para esta conmemoración son as seguintes:

miércoles, 23 de noviembre de 2016

SE DOE, NON É AMOR

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres foi declarado no primeiro encontro feminista para América Latina e o Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) en 1981. No encontro, as mulleres denunciaron sistematicamente a violencia de xénero, desde agresións domésticas a violacións e tortura sexual ou violencia de estado. A proposta feita neste encontro, foi recoñecida oficialmente en 1999 polas Nacións Unidas.
 O último sitio onde pode aparecer a violencia é no amor. Se doe, non é amor.
Saberías identificar os primeiros sinais de violencia de xénero no noivado? Saberías identificar que relación ten a violencia de xénero co amor romántico?
Imos dar resposta a estas preguntas con este vídeo onde varios expertos, Erick Pescador (sociólogo e sexólogo), María José Díaz Augado (catedrática de psicoloxía da educación), Marta Ramos (psicoterapeuta en violencia de xénero) e María Varela (xornalista) danche pautas moi claras para saber se estás a sufrir/exercendo violencia e que debes facer no caso de que sexas vítima deste tipo de violencia.
 Lembra, somos moitas as persoas que estamos para axudarche.

NO RECUNCHO RECOMENDAN- NOVEMBRO 2016

 No Recuncho lector de familias presentamos a novidade do mes "EL NIÑO EN LA CIMA DE LA MONTAÑA" Unha obra nova do autor do "O neno co pixama de raias".
A primeira persoa do centro que o colleu en préstamo é Alejandro Rouco (o director). Moi pronto engadiremos a recensión que el nos redacte. Sabemos que xa sodes moitos os que estades á espera, pronto poderedes gozar coa súa lectura.



martes, 15 de noviembre de 2016

MARABILLOSO ANUNCIO (LOTERÍA NADAL 2016)

Non perdades a oportunidade de ver o anuncio da loteria deste ano, vai a encantarvos.

NAMORÁMONOS

O venres pasado chegou á biblioteca do centro un libro moi especial : O Principiño. Moitos de nós xa o tivemos algunha vez nas mans, xa o lemos, xa voamos ao planeta do Principiño, xa aprendemos das sabias palabras do raposo... pero o que non coñeceramos é unha edición tan especial como a que acaba de chegar .
A editorial Salamandra fixo un traballo marabilloso; as ilustracións e o texto de Antoine de Saint-Exupéry se intercalan con despregables que farán unha delicia a súa lectura.
Non perdades a ocasión de namorarvos como o fixemos nós; pedide o libro, abride as súas páxinas e paseade por esta historia; seguro que tocará o voso corazón.


CELEBRANDO

Este ano quixemos, a través de fotografías, festexar este día convertendo aos libros nos protagonistas das nosas imaxes. Sacamos dos estantes a ficción e ,como nas nosas excursións e viaxes, inmortalizamos o momento.

Día de la biblioteca 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

jueves, 10 de noviembre de 2016

LEMOS OS NOSO FEITIZOS


Despois de facer e ilustar o libro dos feitizos os alumnos/as de 3º e 4º de primaria na hora de ler, realizaron as lecturas dos seus feitizos aos compañeiros/as de 1º e 2º de primaria. Foi todo un éxito.