Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2018

200 ANIVERSARIO FRANKESTEIN: NOVIDADES

 O 1 de xaneiro de 1818 aparecía cunha tirada de 500 copias Frankenstein ou o moderno Prometeo de Mary Shelly. A principios do século XIX, a obra causou conmoción, as súas implicacións eran demasiado profundas nunha sociedade que aínda se pelexaba co gas, o vapor e o carbón. Os detractores da obra provocaron -como adoita pasar- o efecto contrario ao inicialmente desexado e miles de ingleses lanzáronse á lectura dun libro que escondía unha mensaxe bastante menos opaco: a odisea emocional dunha criatura procreada en soidade e obrigada a vivir nela. Nesta epoca de criaturas extrañas, samaín, halloween....etc queremos renderlle  homenaxe  tanto a autora como a este personaxe que tanto nos fixo desfrutar coa súa lectura. Tedes na biblioteca diferentes versións do libro de Mary Shelly.

ALMUDENA GRANDES, PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2018

A escritora madrileña foi galardoada pola obra "Los pacientes del  doctor García" .  O Ministerio de Cultura e Deporte concedeu o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Narrativa, correspondente a 2018, á escritora Almudena Grandes pola obra "Los pacientes del  doctor García". O galardón, ten por obxecto distinguir a obra de creación literaria dun autor español, editada en 2017 e escrita en calquera das linguas oficiais do Estado. O xurado elixiu esta obra por “ser a cuarta entrega dun ambicioso proxecto narrativo que leva por título Episodios dunha guerra interminable . Na súa novela, que se centra na historia da posguerra española, con achegas ás consecuencias da Segunda Guerra Mundial, conseguiu un difícil e preciso equilibrio entre o imaxinado e a lealdade á verdade histórica”.

CESTAS LECTORAS NAS AULAS

Xa están preparadas as Cestas de lectura para as aulas, desde fai unha semana xa viaxan polas clases de primaria con lecturas e xogos relacionados  co proxecto deste curso "Cultura que conta".

POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

FUENTE:Blog Bibliotecas escolares A poesía, din, é a memoria do mundo". Juan Marqués A poesía está por todas partes, o que importa é explorar para descubrila. A biblioteca escolar é un lugar privilexiado para estimular esa mirada que xogue a descubrir a poesía que se agocha nas paisaxes, na música, no cine, nunha noite estrelada, no baile do vento na herba, nos seres minúsculos que só podemos ver a través do microscopio, nesa música que engaiola, na palabra dos poetas, na tradición oral, nun texto que nos traspasa e nos obriga a mirarnos, nesa persoa que nos axuda a abrir os ollos para ver o que nos rodea, no último descubrimento científico (eses escutoides descoñecidos até agora), nesa voz que nos fala, nese abrazo que nos agarima... POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádono

CONCURSO DE RELATOS E DEBUXOS DE OUTONO

MOCHILAS VIAXEIRAS

PREPARANDO O DÍA DA BIBLIOTECA

 Orixe:Iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro infantil e Xuvenil  @ amigosdelibro que se celebra o 24 de outubro desde o ano 1977. Cada ano encárgase a un escritor a redacción dun pregón e a un ilustrador o deseño do cartel. Cartel 2018   O cartel é de Alfonso Zapico ( Blimea, Asturias, 1981) Premio Nacional do Cómic 2012 @ alfonsozapico.   Quen é Alfonso Zapico? (páxina en construción).  Biografía e títulos publicados na web de Astiberri Edicións  Na web de Amigos do libro pódense ver todos os carteis anteriores.    Pregón 2018   O Pregón deste ano é obra do escritor Gonzalo Moure. (Valencia, 1951) Premio Cervantes Mozo 2017. @ gmouretrenor ,  Biografía de Gonzalo Moure Trenor.     El día de la luz . Vengo del desierto del Sáhara, de inaugurar una biblioteca. Está en Dajla, el más alejado, el más olvidado de los cinco campamentos de refugiados saharauis. Es la cuarta biblioteca que construimos, y es preciosa. En el centro hemos plantado árbo

SANTIAGO POSTIGUILLO, GAÑADOR DO PREMIO PLANETA

O autor valenciano Santiago Posteguillo triunfa con 'Yo, Julia' , novela histórica sobre a poderosa emperatriz romana Julia Domna. Ayanta Barilli imponse como finalista con outra obra de temática feminista: ' Un mar violeta escuro '.  Yo, Julia é a historia dunha muller que consegue hábilmente escalar nun mundo de homes inmersos na loita polo poder político, absolutamente convencidos de que o liderazgo só lles pertence a eles. Unha novela sobre os conflitos de xénero nas esferas de poder , narrada a través de cinco personaxes, de gran fondura psicolóxica, que funcionan como unha sorte de escaleirass polos que irá ascendendo a protagonista. E así contada a historia, parece unha trama absolutamente actual, pero Julia, a protagonista, non é outra que Julia Domna, augusta do Imperio Romano, esposa do emperador Septimio Severo. Unha férrea muller que logrou concentrar un poder xamais alcanzado por ningunha outra emperatriz.

INICIO DE CURSO 18-19: FORMACIÓN DE USUARIOS

 Xa arrincado o curso e... como cada ano dedicamos un tempo para entregar os carnés da biblioteca e facer a formación de usuarios co alumnado de primaria. A pasada semana Eva xunto cos titores/as de cada un dos cursos realizou unha serie de actividades e xogos . Os alumnos puideron descubrir que os libros son un mundo por explorar e que están cheos de maxia. O grupo de biblioteca ten preparadas máis actividades para este curso... Permanecede atentos

OUTUBRO 2018 ESPAZO LECTURA

ESPAZO LECTURA comeza unha nova tempada de actividades de fomento do libro e da lectura en lingua galega. Ademais dos clubs de lectura xa consolidados, vaise poñer en marcha un novo club onde leremos e comentaremos obras baixo un enfoque feminista: o club de lectura "Daquelas que len". Achegámosvos a nota informativa coas actividades do mes de outubro. Tamén podedes consultar as actividades programadas, así como a data e lugar no que se van realizar, no apartado Axenda de eventos da páxina web de Espazo Lectura: http://espazolectura.gal Agardamos que a programación sexa do voso interese.

OUTUBRO MES DA BIBLIOTECA

Como todos os anos durante o mes de outubro a Biblioteca énchese de actividade co gallo do día das "Bibliotecas escolares". O 24 de outubro é unha data sinalada como Día da Biblioteca no Calendario do Libro e da Lectura que todos os anos vén publicando a Xunta de Galicia, e está salientado nas axendas de todos cantos traballan a prol das bibliotecas, o libro e a lectura, desde que hai máis de vinte anos a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil y Juvenil propuxera a celebración deste día. Na actualidade, o Ministerio de Cultura edita todos os anos un cartel conmemorativo e un pregón , e propón actividades para a súa celebración, entre outros, a través do Observatorio de la Lectura y el Libro .   Desde outubro de 2008, a Consellería de Educación edita un cartel específico para celebrar este Día da Biblioteca tamén nas Bibliotecas Escolares, cun lema para dar a coñecer e difundir as múltiples oportunidades que ofrece unha biblioteca escolar activa, e que este an