Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

A ESCALEIRA DA ANSIEDADE

MOITAS PERSOAS durante esta etapa de confinamento que estamos a vivir sofren de ansiedade, se eres unha destas pode serte de moita utilidade os exercicios de relaxación muscular progresiva de Jacobson. A clave está en que debes facelos antes de que a ansiedade se dispare, comeza a facelos tan pronto vexas que estas empezando a poñerte nervoso/a.

SALÓN VIRTUAL DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Este ano o Salón do Libro de Pontevedra tivo que ser suspendido con motivo da crise sanitaria do coronavirus. Pero a organización tentou atopar unha solución que permitira, por unha parte, facer máis levadeira a situación actual á cativada confinada e por outra, paliar na medida do posible o impacto que está a ter no sector cultural, onde se están a cancelar a meirande parte das actividades programadas neste tempo. Así foi como naceu o SALÓN VIRTUAL, que aínda podedes visitar premendo no seguinte enlace: SALÓN VIRTUAL O resultado foron máis de 100 publicacións nas redes sociais, que inclúen obradoiros, xogos, contacontos, exposicións virtuais, actuacións,... Atoparedes enlaces a todas elas a través do enlace anterior. Nesta entrada gustaríanos destacar algunhas propostas, que vos poden resultar útiles nas vosas casas: OBRADOIRO DE MINDFULNESS CREATIVO EN FAMILIA Neste obradoiro, impartido por Anxo Fariña , aprenderedes a relaxarvos e a entender as vosas emocións

RETO LETRAS GALEGAS: AS NOSAS VERBAS

Esta foi a ctividade coa que festexamos o día das Letras Galegas 2020 no CPI Arquitecto Palacios. Os alumnos/as, mestres/as e ex-alumnos que forman parte do grupo de "teatro do AR" escollero a palabra que mais lles gustaba do galego e formaron oracións, debuxaron, gravaron vídeos ....e este foi o resultado. As Nosas Verbas Leer más publicaciones en Calaméo                                 MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR

LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO-RECURSOS

Ante a insólita celebración que temos este curso do Día da Letras Galegas compartimos os recursos que GALIX (Asociación Galega do libro infantil e xuvenil ) recolle para conmemorar esta data en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, o autor escollido pola Real Academia Galega neste ano 2020 Real Academia Galega ofrece propostas lúdicas e didácticas para a xente máis nova na web primaveradasletras.gal   A web Carvalho Calero 2020 creada por AGAL en colaboración coa Secretaria Xeral de Política Lingüística A Asesoría de bibliotecas escolares recolle en #bescolaresgalAbertas polas Letras Galegas 2020 unha chea de recursos para apoiar ás bibliotecas dos centros escolares.  Aulas Galegas aporta no Especial Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero unha moi completa recompilación de recursos.  As Letras na casa é o título da proposta coa que a Rede de Centros Socioculturais de Compostela quere celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ricardo Carvalho

ANIMACIÓN LECTORA: ANGELES ESCRIBANO

O 30 de outubro tivemos a sorte de contar un ano mais coa visita de Ángles Escribano Guiance. A actividade desenvolveuna na etapa de primaria, fixemos dous grupos un para 1º, 2º e 3º de primaria e outro para 4º, 5º e 6º de primaria. O primeiro grupo traballou a tolerancia a través da historia “Vivan las uñas de colores”, Interpretación do medo e a desconfianza ao descoñecido e os sentimentos que se producen a través da interpretación do álbum ilustrado “La ola”,representación cos nenos do divertido conto cos animais da selva “Cuquedo”. Co segundo grupo traballou unha breve biografía de Gianni Rodari e a actividade de Xogos de palabras: clases, palabras co prefixo “des” e a súa divertida interpretación, Binomio fantástico. Tamén presentou a biografía de Jules Verne, Comentarios sobre as súas obras máis coñecidas e Interpretación moi divertida dos nenos coa mímica dos títulos para que adiviñen os demais. Cos dou grupos: Invitación, Ficha de actividades, Marcapáxinas, “Palabras con

Letras Galegas

O próximo 17 de maio celébrase o Dia das Letras Galegas adicado este ano a Ricardo Carvalho Caleiro .Este ano é diferente e teremos que celebralo dun xeito especialdende as nossas casas. A dicaremos a semana a festexar esta data con diferentes propostas.A actividades de hoxe consiste en escoller unha palabra que vos guste moito en galego e escribirla soa ou formando unha oración con ela, enviar un debuxo ou unha foto, mesmo gravar un vídeo engadindo música ,interpretando un texto donde aparezca a palabra...cada un ó que máis lle guste. Tedes ata o venres. Coma sempre, deberedes mandar os voso traballos co voso nome e curso. Os traballos formarán parte tamén de #doucheapalabra da Nosa conta de Instagram.

"MÁS ALLÁ DEL BALCÓN": RECURSO EMOCIONAL

Miriam Campos Leirós, coordinadora de ‘Teachers For Future Spain’ e docente no CEIP Antonio Palacios do Porriño (Pontevedra), elaborou un caderno ilustrado para axudar aos seus alumnos durante a corentena. Nel explícanse as diferenzas entre, por exemplo, epidemia e pandemia, ou virus e bacteria, e ademais, ofrece diversas actividades que favorecen a expresión emocional dos menores. O caderno foi elaborado xunto a Eva Prol Sanjurjo, quen se encargou das ilustracións. Nel, os nenos/as teñen acceso a información para entender que é un virus, un fungo ou unha bacteria, por exemplo. Explícanse conceptos como a solidariedade, a diferenza entre endemia, epidemia ou pandemia; E conta, ademais, con diferentes actividades que dan lugar á reflexión sobre os sentimentos e os acontecementos que suceden ao seu ao redor.  DESCARGA AQUÍ O DOCUMENTO