Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2022

Traballamos na horta do cole! :)

 Durante a derradeira semana de xaneiro, o noso alumnado aprendeu a plantar multitudes de verduras na nosa horta, coa axuda de dúas mulleres que nos ensinaron como facelo dunha maneira máis lúdica e divertida. Agora só toca esperar a que medren! :)

DÍA DA PAZ

 Moi boas a tod@s, dende o CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios queremos agradecer a participación do alumnado nun día tan especial, no que traballamos multitudes de valores positivos co noso alumnado, como a humildade, a responsabilidade, o amor... Valores que deben estar presentes no noso día a día. É por elo que, no noso centro realizamos diferentes actividades, tales como: Primeiramente entregamos os premios Panxón Nobel en Primaria ao alumnado cos valores máis positivos. Parabéns a Nico, Lola, Marta, Valentina, Gael e Julieta! :) Unha vez entregados o Panxón Nobel, entregamos un premio aos gañador@s do Concurso de Marcapáxinas do Día da Paz.  En Primaria, os gañador@s foron Erin (1ºEP) , Elián (2ºEP), Martina(4ºEP) e Reyes (4ºEP). Parabéns! No tocante a Secundaria, os gañador@s foron Alejandra, Ruth, Inés e Iago. Noraboa!  Queremos agradecer a tod@s os participantes no concurso, xa que realizastes un moi bo traballo :) Finalmente, co motivo do Día da Paz, o alumnado de Primaria rea

Vídeo sobre Xela Arias

 Moi boas a tod@s, coma ben sabedes, o ano pasado participamos nun concurso de radio a través duns podcast. Por iso, no seguinte vídeo sobre Xela Arias podedes apreciar o excelente traballo realizado polo noso alumnado. Espero que vos guste! :) Vídeo sobre Xela Arias

Seguimos fomentando a aprendizaxe basada en xogos! :)

  Que marabilla recibir os xogos na clase de 5º! Estivemos practicando o cálculo, o razoamento e a resolución de problemas a través de xogos coma "Alto Voltaje, Operación Dinamita, The Mind, Código Secreto 13 + 4 e Jeff el Grumete (ClubA)". Pasámolo moi ben, melloramos, axudámonos uns a outros e traballamos en equipo. Unha moi boa maneira de aprender xogando. 

NADAL 2021!!!

  Aínda que por desgraza seguimos en tempos de pandemia. No CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios tamén sabemos divertirnos. É por elo que, o día nos deixou diferentes sorpresas.  Primeiramente o noso alumnado e profesorado puideron disfrutar do conto do Apalpador, e posteriormente degustar chocolate con churros e un anaco de roscón de reis. Estaba todo delicioso! As 12 tivemos a gran sorte de vivir as badaladas do CPI, grazas a dous alumn@s de Secundaria, que permitiron que o alumnado nas súas clases degustara de 12 doces, ao son das badaladas.  Despois, o alumnado de Primaria foi ao pabillón, co fin de apreciar e participar nunha actuación. A primeira delas foi unha exhibición de patinaxe artístico, e que ben patinan as nosas alumnas, da gusto velas!!!! E, finalmente o alumnado e o profesorado de Educación Primaria bailaron a canción "Jingle Bell Rock". Que bailaríns estamos feitos no CPI Arquitecto Palacios! 

Recollida de alimentos

Moi boas a tod@s, dende o CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios queremos colaborar co concello nunha iniciativa de recollida de alimentos, para o "Banco de Alimentos". Na mesma os nen@s e o profesorado tiñan que traer comida, para posteriormente ser pesada.  Dende a Biblioteca do centro propuxemos a iniciativa de cambiar cada kilo por un libro, co fin de que o alumnado e o profesorado recibira un agasallo por participar nesta proposta solidaria. No noso centro recollimos nada máis e nada menos que 163,5 kg!!!!!!  Motísimas grazas a tod@s os que participastes :)