Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2018

LETRAS GALEGAS: EXPOSICIÓNS GAÑADORAS DO CONCURSO EXPOSICIÓN EDUCACIÓN INFANTI E PRIMARIA-SECUNDARIA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, co fin de difundir a figura e o legado de María Victoria Moreno entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario, pon á nosa disposición os carteis da exposición destinada aos centros de educación infantil e primaria. A exposición (elaborada polo CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo e gañadora do Concurso das Letras Galegas 2018), e titulada "Victoria Moreno, mestra con alma", fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e pola obra da autora a quen lle renderemos homenaxe o próximo 17 de maio. Na ESO a exposición gañadora foi a elaborada polo IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra , e titulada "Sombra e luz".

CONTA CONTOS EN INGLÉS 1º E 2º DE PRIMARIA

Catherine leeber, lectora de inglés do centro na semana do libro fixo contacontos na hora de Ler. Os contos lidos foron para 1º e 2º de primaria "Brown Bear, Brown Bear, What Do You See? de Bill martin e ilustrado por Eric carle e The very hungry Caterpillar de Eric Carle. Moitas grazas Catherine, os nenos desfroitaron moitísimo.

VISITA XOSÉ LOIS RIPALDA

O pasado mércores 25 de abril con motivo da conmemoración do día do libro tivemos a sorte de contar co escritor Xosé Lois Ripalda. Veu para falar dos seus libros ao alumnado de 5º e 6º Primaria, que leu "O golfiño ceibe", e o de 1º e 2º de ESO, que leu "O inspector Chumbo". Todo este alumnado tivo a oportunidade de que o escritor lle asinase os seus libros e lle contestase ás as preguntas que lle fixeron.

SEMIFINALES CONCURSO DE RECITADO DE POESÍA

OS FINALISTAS  DO CONCURSO SON: 4º PRIMARIA  1º PRIMARIA

APADRIÑAMENTO LECTOR DÍA DO LIBRO 2018

Un ano mais dentro das actividades programadas neste mes que adicamos ao libro, celebramos a actividade do apadriñamento lector. Os alumnos/as de 5º, 6º e 1º de ESO constituironse en padriños e madriñas dos de cursos inferiores compartindo momentos de lectura, para iso seleccionamos contos propios para cada nivel de idade que os alumnos prepararon na Hora de ler tendo en conta o ton e fortalecendo a escoita activa por parte dos pequenos. Os apadriñados tiñan un pequeno agasallo para os seus padriños, un marcapáxinas decorado pore eles mesmos que conmemoraba o Día do libro 2018. Este ano ao igual que ouros anos contamos co alumnado de Manchester para realizar este apadriñamento lector, estes alumnos compartiron apadriñado con seu compañeiro de intercambio e tamén recibiron de agasallo un  marcapáxinas.  

MAIO: A CRÍTICA DO RECUNCHO

HORA DE LER

Hoxe foi o primeiro día que o sol deixou asomar unha primavera que todos votabamos de menos. Para celebralo , deixamos a aula para facer a hora de ler no patio. Unha boa idea que seguro repetiremos.

"OS MARTES AO SOL" INAUGURACIÓN BIBLIOPATIO 23 DE ABRIL

 O martes que vén inaugúrase o Bibliopatio cunha actividade que chamaremos "Os martes ao sol". Os axudantes de biblioteca pasearán as novidades que chegaron recentemente ao colexio. Cada martes haberá unha selección diferente pensada para todos os alumnos, ademais de prensa, cómics, libros para pensar, libros relacionados co cinema... Poderedes botarlles unha ollada deixando só o voso nome ou número de lector e, ao finalizar o recreo, teredes que devolvelo ou solicitalo en préstamo. Espero que a partir de agora o bo tempo acompáñenos e gocemos dunha boa lectura ao sol. Déixovos a folla de rexistro das lecturas que poderedes atopar este martes 24 no Bibliopatio.

OS LIBROS NO ARTE E ARTE COS LIBROS

Como todos os anos, no CPI celebramos de forma especial o Día do Libro. Este ano estanse organizando todas as actividades nas que teredes, como sempre, un protagonismo especial. Nunha delas a arte vai convidarnos a espertar a nosa creatividade artística en aras de agasallar ao libro. O libro na arte e arte cun libro será como chamaremos a esta actividade. Pronto veredes como o corredor de entrada engalánase con murais que percorren a historia da pintura da man dos libros. O Departamento de plástica seleccionou obras dos máis recoñecidos pintores ao longo do tempo nos que apareza representada a lectura. Sorprenderavos ver como o noso centro transformarase na maior da pinacotecas sobre o libro. O voso traballo consistirá en facer o proceso inverso; partindo dun libro , deberedes crear unha obra de arte para que tamén poida expoñerse no Corredor da arte. Poderedes utilizar calquera material ( goma eva, cartolina, madeira, plástico...) e que a inspiración, a creatividade , a imaxinación

DÍA DO LIBRO: CONCURSO «UN CONTO DE H. C. ANDERSEN EN CÓMIC»

O día 2 de abril celebrouse o Día Internacional do Libro Infantil , data de nacemento de Hans Christian Andersen. No CPI de Panxón decidimos unir este día co día do libro. Os alumnos de 1º ESO informáronse concienzudamente da vida deste escritor danés e dos seus contos máis coñecidos. Volveron ler algúns deles e escolleron cada un, un conto diferente.  Agora comeza a segunda parte do reto: Deberán organizar o seu conto nun máximo de 10 viñetas, Previamente ao desenvolvemento do deseño terán que, por escrito, resumir o que aparecerá en cada unha delas. Posteriormente, nas clases de plástica, e unha vez coñecido a linguaxe do cómic, deseñarán a súa tira. Os traballos deberán estar realizados antes do 20 de abril.

LITERATURA INFANTIL E XUVENIL ESPAÑOLA. Selección OEPLI 2017

A OEPLI e as súas seccións territoriais: Consello, ClijCat, Galtzagorri e Gálix, en colaboración co Ministerio de Educación Cultura e Deporte, edita o catálogo LITERATURA INFANTIL E XUVENIL ESPAÑOLA. Selección OEPLI 2017. Un libro/catálogo coa selección bibliográfica dos mellores libros infantís e xuvenís, de escritores e ilustradores españois, publicados ao longo do ano pasado, obras que obedecen a criterios de calidade e idoneidade, que as fai merecedoras de formar parte desta lista de honra por consideralas significativas dentro da gran produción existente. O libro/catálogo contén unha selección de 200 títulos realizada polas diferentes seccións territoriais da OEPLi: ClijCat, Galtzagorri, Gálix e Consello. Entidades nas que están representados todos dos sectores do mundo literario: escritores, ilustradores, editores, libreiros, bibliotecarios, críticos, etc. que avalarán a calidade e idoneidade de cada un dos títulos seleccionados. Para descargar o pdf: https://www.oepli.org/pu

MES DA POESÍA SECUNDARIA

Para que a poesía poida gustarnos o primeiro que temos que facer é xogar con ela. Puxémonos ao choio en 1º e 2º de ESO e durante varios días os alumnos tiveron que enfrontarse a diferentes retos poéticos: buscar rimas, medir, localizar sinalefas, intercambiar sentimentos... Para facer o noso oído ao ritmo que a lírica contén, seleccionamos e recitamos poemas de diferentes autores.

LOMBOPOESÍAS

Neste mes poético tamén fixemos unha actividade moi realizada noutros centros, un concurso de LOMBOPOESÍAS. Para iso os alumnos tiveron que buscar cinco títulos de libros cos que poder construír unha mensaxe poética. Fixeron unha fotografía da súa composición e foron enviandoas á dirección do blogue. A súa creatividade sorprendeunos Déixámosvos cos primeiros traballos enviados.   PEDRO GROBA 2º ESO   PERE 2º ESO                                                                 MÍGUEL 2º ESO                                                                     PATRI 2º ESO                                                                   XIANA 1º ESO                                                                     ELENA 1º ESO                                                                        ADRI 2º ESO

OBRAOIROS DE POESÍA CON BENXAMÍN MÍGUEZ NOVOA

O  día 23 de marzo como remate ao mes da poesía, Benxamín Míguez Novoa estivo no noso centro para impartir un taller de poesía dirixido aos alumnos de 5º e 6º de Primaria. Ensinounos a gozar do silencio, a empuxar as sensacións que están ocultas no noso interior e facer que emerxan. Con todo podemos facer poesía e, para empezar, fixemos rimas coa táboa de multiplicar. Seguimos compoñendo con sentimentos, animais, obxectos e momentos que escribiramos en cartóns , con todo iso inventamos estrofas. Unha forma divertida de descubrir que a poesía pode ser un xogo co que nos divertimos e co que aprendemos a coñecernos.