Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2018

O APALPADOR CHEGOU Á BIBLIOTECA

Con motivo do nadal e dentro do proxecto "Cultura que conta" o alumnado de primaria recibiu a visita do "Apalpador". Contounos moitos aspectos sobre a súa vida, que fai, de onde é, porque baixa todos os anos nesas datas.....

CHEGA O APALPADOR

O 5 de decembro chega o Apalpadpr á Biblioteca, para o alumnado de 4º,5º e 6º as 13:00 e para os alumnos de 1º, 2º e 3º ás 13:30.

ACTO CPI ARQUITECTO PALACIOS EN CONTRA DAS VIOLENCIAS

O 26 de novembro celebramos o acto de centro en Contra das violencias. Comezamos coa lectura do manifesto en contra das violencias que leron duas alumnas de 4º da ESO, despois os alumnos/as de 1º da ESO fixeron unha actividade de acrosport que terminaron con seus corpos formando a palabra LIBRES. Ese día todos viñemos vestidos de negro e rematamos o acto coa lectura de mensaxes a favor da igualdade e un lanzamneto d eglobos de cor negro por cursos.

EXPOSICIÓN DE MONECAS EN CONTRA DA DESIGUALDADE

O alumnado de 1º de ESO, na materia de Ciencias Sociais despois de traballar diversas lecturas e artículos sobre a desigualdade, mostraron esta cunha exposición de monecos na que presentan situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres dende que son pequenas.

3º PRIMARIA: LENDO HISTORIAS DE MULLERES

Acontinuación podedes ver como traballaron os alumnos/as de 3º de primaria para chegar a elaborar as súas follas da margarida do seu curso en contra da violencia de xénero, leron biografías de mulleres famosas e compartiron cos seus compañeiros/as.

O CPI ARQUITECTO PALACIOS CO CLUB DE BALONCESTO NIGRÁN EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis, o Club Baloncesto Nigrán e o CPI ARQUITECTO PALACIOS xunto con outras entidades reafírmase no seu compromiso contra a loita que supón a lacra da volencia de xénero e este ano contando coa colaboración de Carlos Nuñez, Ledicia Costas, Jorge Carbajosa, Begoña fernández..., , renden unha homenaxe ás súas vítimas facendo un vídeo no que representantes de diferentes ámbitos sociais aparecen cun balón de baloncesto. Un balón por cada unha das mulleres asasinadas e un balón or cada un dos tres nenos e nenas asasinados neste 2018. Presentamos a aportación do noso centro.

MURAIS 25 DE NOVEMBRO E VÍDEO DAS ACTIVIDADES REALIZADAS

6º PRIMARIA; LECTURA HAIKUS POLA IGUALDADE

CONTACONTOS 1º PRIMARIA

Os alumnos/as de 1º de Primaria,leron o conto "O libro dos porcos" despois da súa lectura fixeron un debate sobre a temática do conto  e rematoron coa elaboración de frases positivas co obxectivo de visualizar a problemática das mulleres, posteriormente as frases as trasladaron as follas que se lles entregaron para formar a Margarida de 1º de primaria.

CONTACONTOS ARTURO E CLEMENTINA 4º PRIMARIA

A mestra de 4º de Primaria levou a cabo un contacontos cos seus alumnos/as, o conto tratado foi "Arturo e Clementina", despois da súa lectura fixeron un debate sobre a tmática do conto  e rematoron coa elaboración de frases positivas co obxectivo de visualizar a problemática das mulleres, posteriormente as frases as trasladaron as follas que se lles entregaron para formar a Margarida de 4º de primaria. MARGARIDA 4º PRIMARIA

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Novembro é un mes cheo de actividades, campañas, celebracións nas Bibliotecas e unha destas e o MES DA CIENCIA EN GALEGO que o noso centro ven celebrando dende fai uns anos. De luns a venres, nos recreos, o Club de Ciencia do CPI desenvolverá prácticas de bioloxía, xeoloxía, matemáticas, química dirixidas ao alumnado de primaria.  Os alumnos/as da ESO participaron como monitores no desenvolvemento destas actividades. ENHORABOA¡¡¡¡¡ OBSEVACIÓN DUNHA GOTA DE AUGA DA CHARCA DO CENTRO   Algúns recursos dispoñibles para estimular o achegamento á ciencia en galego, en novembro e durante todo o ano, na biblioteca escolar. WEB: NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS (recompilación de recursos, webs temáticas, materiais diversos arredor da ciencia en galego) CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS- LIBROS INFORMATIVOS (Pinterest cunha recompilación de libros informativos editados en galego susceptibles de formar parte da colección dunha biblioteca escolar

MONSTRUOS 1º PRIMARIA

Co obxectivo de desmontar os medos infantís, dialogamos sobre os monstruos, facendolles saber que os maiores tamén temos medo, logo debuxaron o seu monstruo e puxeronlle un nome, con todos eles fixemos un mural e o seguinte libro.

DESCRICIÓNS DE MEDO 4º PRIMARIA

O alumnado debuxou nunha plantilla un monstruo e os describiron. Para iso tiveron en conta : COMO É? Características físicas e psicolóxicas; DEBILIDADES, Cál é o seu punto débil. Que, quen,como se lle pode destruir; ONDE VIVE Lugar no que vive e no que actua; INIMIGOS Quen é o seu inimigo, QUE ODIA? Cousas que odia, manias, Que é o que non lle gusta; QUE LLE GUSTA? O que lle encanta facer, comer, sonar, sentir; FORTALEZAS Cales son os seus poderes, cal é o seu obxecto máxico. Fonte: El mar es color azul e lápicero mágico.

PALÍNDROMOS DO SAMAÍN 2º PRIMARIA

O alumnado de 2º de primaria nestas datas de Samaín, defuntos…traballaron os PALÍNDROMOS e con palabras relacionadas coas datas fixeron unhas grandes creacións. Podedes lelos a continuación e desfrutar co acróstico ganador.

CONCURSO DE RELATOS DE OUTONO

CONCURSO DE DEBUXOS DE OUTONO

ÁPOCEMAS MÁXICAS 6º PRIMARIA

O alumando de 6º Educación Primaria para conmemorar as datas do Samaín inventaron apócemas máxica seguindo estas fases: - Lectura de conxuros - Selección de palabras que sexan sonoras para crear o conxuro. (Ex. Para crecer o pelo, abrir portas, voar, …) - Buscaron conxuros en internet e os leron e comentaron na clase. - Decidiu cada un a súa idea (voar , abrir portas….) - Escolleron os ingredientes - E….elaboraron as súas Ápocemasº - Finalmente as ilustraron - Mostra dos traballos realizados - Na biblioteca fixeron un Recitados dos conxuros, feitizos, e Ápocemas. O gañador recibirá un premio o día do Magosto.  Fonte: el marescolorazul ÁPOCEMA GAÑADORA

EXPOSICIÓN E CONCURSO DE CABAZAS: GAÑADORES

CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

x a temos gañadores dos concursos que a Biblioteca convovu para esta semana de Samaín, defuntos e Haloween. A decisión foi moi difícil de tomar xa que foron moitos os alumnos/as que participaron no concurso e tamén houbo moitos traballos de calidade. Damos a enhoraoba aos gañadores e agradecemos o entusiasmo que puxeron todos os participantes.

V CONCURSO RELATOS DE TERROR: BASES

RECOMENDACIÓNS LECTORAS EN INGLÉS HALOWEEN

ESPAZO LECTURA NOVEMBRO

PAPAGAIO NOVEMBRO

NOVIDADES MES DE NOVEMBRO

E CHEGOU HALLOWEEN

A víspera da noite de Halloween o auxiliar de conversa, explicou aos alumnos/as de primaria as tradicións que teñen en EE.UU para celebrar esta festa, faloulles dos disfraces, da decoración das vivendas, cancións típicas o xogo do Truco-Trato...etc. Moitas gracia  pola túa colaboración. Un ano mais, o espíritu de Halloween invade o noso centro. Trick or treat, festa de Haloween a cargo da AMPA con desfile-concurso disfraces a cargo da AMPA; todo acompañado por música fantasmagórica e imáxenes de decoración Halloween