Acontinuación podedes ver como traballaron os alumnos/as de 3º de primaria para chegar a elaborar as súas follas da margarida do seu curso en contra da violencia de xénero, leron biografías de mulleres famosas e compartiron cos seus compañeiros/as.
Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁
Comentarios
Publicar un comentario