Os alumnos/as de 1º de Primaria,leron o conto "O libro dos porcos" despois da súa
lectura fixeron un debate sobre a temática do conto e rematoron coa
elaboración de frases positivas co obxectivo de visualizar a
problemática das mulleres, posteriormente as frases as trasladaron as
follas que se lles entregaron para formar a Margarida de 1º de primaria.
Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇: 4º EP e os Movementos da Terra 5º EP e o Sistema Solar Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste! Saudiños


Comentarios
Publicar un comentario