Ir al contenido principal

DESCRICIÓNS DE MEDO 4º PRIMARIA

O alumnado debuxou nunha plantilla un monstruo e os describiron. Para iso tiveron en conta : COMO É? Características físicas e psicolóxicas; DEBILIDADES, Cál é o seu punto débil. Que, quen,como se lle pode destruir; ONDE VIVE Lugar no que vive e no que actua; INIMIGOS Quen é o seu inimigo, QUE ODIA? Cousas que odia, manias, Que é o que non lle gusta; QUE LLE GUSTA? O que lle encanta facer, comer, sonar, sentir; FORTALEZAS Cales son os seus poderes, cal é o seu obxecto máxico.
Fonte: El mar es color azul e lápicero mágico.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

Experimentamos coa ciencia

  Os nenos e nenas de 5º de EP estiveron experimentando coa ciencia a través de distintos experimentos. Cada un deles decidiu o seu experimento e cubriu unha ficha experimental. Despois, trouxo os materiais á escola para facelo e... tachán!!! Gravamos o paso a paso de cada un dos experimentos coma se fósemos científicos da televisión. Pasárono moi ben e compartiron moitos coñecementos. Os experimentos querían compartilos coa EEI Dunas pero por mor do tempo resultou imposible, así que estos vídeos van adicados aos nenos e nenas de Dunas e tamén a todos os compañeiros e compañeiras da nosa escola. Gozade! 💕 E que mellor que invitar aos nosos compañeiros e compañeiras de 1º de EP a probar e ver como gravamos os experimentos: