lunes, 30 de enero de 2012

ARUMES DE PAZ NO CPI de PANXÓN

Durante a semán pasada estivemos traballando en diversas actividades relacionadas co día da paz, o venres no colexio  todo era movemento, rapaces por todos os lados colgando e expoñendo os produtos do traballo realizado durante a semán, ensaiando cancións da PAZ nas diversas linguas, creando frases, pensando...... e sobre todo aprendendo a ser solidarios. Algúns destes produtos podedes velos nas imaxes seguintes.



Como poidechedes ver os traballos foron moi bos, grazas ao esforzo de todos/as. Rematamos esta semana adicada á PAZ E A NON VIOLENCIA  hoxe día 30 de xaneiro coa participación nos actos de toda a comunidade educativa, plantamos o olivo para a PAZ e decorámolo cos desexos de PAZ de cada un dos cursos, este foron colgados polos delegados medioambientais mentras o resto da comunidade educativa canatábamos as cancións de PAZ, La Muralla, Whatever, A pomba dourada ..........e o alumnado de 5º-6º e 1º e 2º da ESO tocaba coa flauta o himno da Alegria. 
Unha vez reamatado este acto celebramos a III CARREIRA SOLIDARIA, na que o alumnado patrocinado polo profesorado e familias, correron e correron ata non poder maís para poder axudar a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.


viernes, 27 de enero de 2012

ENLACES PARA A PAZ

Co gallo da celebración do día da Paz o vindeiro 30 de xaneiro, deixamosvos as novidades relacionadas con este día do fondo bibliográfico da nosa biblioteca e os traballos de investigación que realizaron os alumnos/as:



jueves, 26 de enero de 2012

MATERIAIS PARA TRABALLAR A PAZ: CONCELLO DE VIGO




Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. Titúlase Datos e datas para lembrar... en pé de igualdade... e non esquecer o resto do ano.
Trátase dun compendio de doce datas que, por lei, debemos ter presentes nas nosas programacións didácticas ó longo do curso. 
Non se trata dunha proposta sistemática para levar á aula. Temos un montón de materiais para preparar máis de 30 días da paz diferentes. E a fonte principal: as novas que día a día se xeneran (non podía ser doutro modo). Así, os puntos de partida poden ser un artigo aparecido na prensa, un vídeo, unha fotografía...

martes, 24 de enero de 2012

TRABALLOS FEITOS POLO ALUMNADO

Nesta semana no CPI de Panxón estamos a traballar presentacións, murais e diversas actividades para conmemorar o día da paz que terá un acto especial o día 30 de xaneiro, pero xa están rematando alguns traballos, así cheganos o vídeo realizado por un compañeiro voso de 6º de EP e dende aquí queremos felicitalo polo seu traballo. 


ACTIVIDADES TITORÍA DÍA DA PAZ


Moi boa recopilación do Blog de orientación Andujar para traballar nas titorias.

DÍA DA PAZ: CAMPAÑA CRUZ ROXA XUVENTUDE


A Cruz Roxa Xuventude editou con motivo da celebración do Día da Paz o vindeiro 30 de xaneiro  uns materiais para Primaria e Secundaria na campaña LA PAZ, UN RETO UNIVERSAL.
Enlazo os materiales de E. Secundaria nos que, ademáis dos contidos propios da Educacion para a Paz e a non Violencia, amosanos un modelo de traballo transversal no que se aborda a temática dende as distintas áreas e traballando as distintas competencias. Todo un exemplo de como traballar de forma interdisciplinar estos contidos que se escapan do marco disciplinar das asignaturas convencionais. 

jueves, 19 de enero de 2012

DOUSCENTOS ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE DICKENS

 Interesante proposta a que se fai dende o blog de @juanigncastro Enseñar y aprender con web 2.0 co obxetivo de celebrar o douscentos aniversario de Charles Dickens, consiste en publicar algunha entrada relacionada con dito acontecemento nos respectivos blogs de cada un o vindeiro sete de febreiro. Podemos publicar citas ou fragmentos tomados das súas obras, en español ou en inglés, ou en calqueira outro idioma, tamén podemos organizar algunha actividade co noso alumnado para difundir a vida e obra deste mestre da literatura universal.
No blog aparecen moitos enlaces para descubrir e coñecer a obra de Dickens, así como recursos multimedia como o pequeno e entretido vídeo que resume a vida do autor e que podedes ver a continuación.

martes, 17 de enero de 2012

SOL

SERVIVIO DE ORIENTACIÓN Á LECTURA 
O Servicio de Orientación de Lectura é un recomendador de lecturas e non un buscador de libros. O lugar onde se acompaña e guía ao visitante (neno/a ou adulto), según as súas preguntas e intereses.

miércoles, 4 de enero de 2012

CENTENARIO DO POETA CELSO EMILIO FERREIRO

 Celso Emilio ferreiro naceu o 6 de xaneiro de 1912 e hoxe en Celanova inicianse os actos de commemoración do seu centenario; a iniciativa "Cen poemas en Celanova" que consistirá na exhibición de mostras dos seus poemas nos escaparates de 100 establecementos públicos e privados de celanova durante todo o ano 2012 é a 1ª actividade que desenvolverá o Goberno galego para celebrar esta efeméride, dende este blog tamén queremos recordar a este gran poeta galego, para iso iremos poñendo os diferentes poemas que escribeu ao longo da súa vida.
  

LONGA NOITE DE PEDRA

O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.