Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2019

LECTURAS HALLOWEEN-SAMAIN

Familias, achégase unha celebración pedagóxica moi atractiva para os máis pequenos: HALLOWEEN-SAMAIN. A parte de disfrazarse podemos achegarnos a esta festa a través de títulos que relatan historias de halloween ou sinxelamente os medos que tanto nos asustan a todos desde moi pequenos. Non é a nosa intención asustalos, todo o contrario é fomentar a lectura en familia e a creatividade. Guía De Lecturas E Cine Samaín 19 20 Leer más publicaciones en Calaméo SELECCIÓN LECTURAS EN INGLÉS

ENTREGA REXISTRO LECTURAS PRIMARIA

Hoxe entregáronse as carpetas de rexistro lector. A ver quén é o que le mais este curso......

REBELDES TRANSGRESORAS: DÍA DAS ESCRITORAS

Como xa vos explicamos en entradas anteriores dende o 2016 vense celebrando o Día das escritoras como iniciativa da Biblioteca Nacional de España, este ano dende a biblioteca quixemos reivindicar o legado das escritoras facendo un achegamento a algunha das mais coñecidas en lingua castelá e galega. Asi o día 14 de outubro na hora de ler, o alumnado tivo que escoller unha escritora e investigar e ler sobre ela. O resultado deste traballo foi un libro dixital e un mural.

CULTURA QUE CONTA: LÍRICA POPULAR MEDIEVAL NO CPIARQUITECTO PALACIOS

Os alumnos/as de 3º estudiaron e traballaron as diferentes mostras da lírica popular na Idade Media . As jarchas, as cantigas de amigo e os villancicos desta época  servíronlles de exemplo para poder inspirarse e, seguindo as pautas de xuglares e trovadores, compuxeron como si nese momento da Literatura estiveran.

OUTUBRO DE HALLOWEEN

Xa estamos en outubro e non vos podedes esquecer dos concursos que presentamos con motivo destas datas . Para participar no concurso de Relatos de terror teredes que presentar os traballos antes do día 12 de novembro. Os relatos poderán estar escritos tanto en galego como en castelán e entregarédellelos ás profesoras de Secundaria  destas asignaturas respectivamentes.O día 15 (dia no que celebraremos o Magosto ) entregaranse os premios ós gañadores.   Para o concurso de cabazas  terédelas que traer dende o 28 ó 30 de outubro. Inxenáivolas para presentar a cabaza mais terrorífica, curiosa ou divertida. Seguro que os resultados volven a sorprendernos a todos. A ver quen logra asustarnos mais este ano...

OS DE 6º TIVERON UN VENRES DE ANDAINA

A Fundación Menela é unha recoñecida entidade de iniciativa social , sen ánimo de lucro que atende ás necesidades das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e as súas familias. Para que poideran coñecer millor o traballo de esta Fundación, os alumnos e alumnas de 6º foron convidados o Auditorio de Nigrán e, para chegar fixeron antes unha andaina de 4 km en total. Alí ,os  rapaces que forman parte da fundación, tocaron varias pezas musicais e, logo, mostráronlles un vídeo de varias das etapas que fixeran do Camiño de Santiago Portugués. Un venres de deporte , empatía e aprendizaxe.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Este luns Primaria tivo a formación de usuarios o longo de toda a mañán. Todos  os alumnos baixaron á biblioteca e recordaron e aprenderon todo o imprescindible para ser un bo  usuario de este espazo. Tamén se repartiron as carpetas co carné e o marcador e as mochilas viaxeiras por curso.  Esperamos que disfrutedes de todo o material que se escolleu para cada unha delas e que o compartades con toda a vosa familia. Xa tendes todo o material preciso para iniciarvos como lectores este curso.  A ver que curso lee mais este ano...                     

CONTACONTOS ÁNGELES ESCRIBANO

O 10 de outubro tivemos a sorte de contar un ano mais coa visita de Ángles Escribano Guiance. A actividade desenvolveuna na etapa de primaria, fixemos dous grupos un para 1º, 2º e 3º de primaria e outro para 4º, 5º e 6º de primaria. O primeiro grupo traballou a tolerancia a través da historia “Vivan las uñas de colores”, Interpretación do medo e a desconfianza ao descoñecido e os sentimentos que se producen a través da interpretación do álbum ilustrado “La ola”,representación cos nenos do divertido conto cos animais da selva “Cuquedo”. Co segundo grupo traballou unha breve biografía de Gianni Rodari e a actividade de Xogos de palabras: clases, palabras co prefixo “des” e a súa divertida interpretación, Binomio fantástico. Tamén presentou a biografía de Jules Verne, Comentarios sobre as súas obras máis coñecidas e Interpretación moi divertida dos nenos coa mímica dos títulos para que adiviñen os demais. Cos dou grupos: Invitación, Ficha de actividades, Marcapáxinas, “Palabras con cora

FOMOS DE COMPRAS

Onte pola tarde, algúns dos axudantes acompañaron á Coordinadora da biblioteca e ó profesor de Física e Química do centro a unha librería de Vigo. Entre todos escollemos libros de ciencia, tecnoloxía, informática, ficción, cómics... Unha perfecta maneira  de pasar un bo rato entre libros , aprendendo e aumentando o nosa afición pola lectura. Moitas gracias a todos ; alumnos e profesor. Seguro que repetimos .             

ESPAZO LECTURA

TEATRO DO AR

Hoxe inauguramos a Biblioteca coa obra Sucedáneo do grupo  Teatro do ar.  O seu director (Pedro Rodríguez  Villar) e tolos actores  foron alumnos/as do centro (ademais de contar tamén no reparto con un mestre do CPI)Por eso, fíxonos o dobre de ilusión asistir a esta representación. Unha peza sobre a desaparición de Carmen, unha rapaza de 17 anos  e na que se traballa a violencia de xénero , tema  que serviu como punto de partida dun debate posterior. Un exitoso traballo que ben merece a nosa admiración e a nosa  enhoraboa. Esperamos que nos visiten moi pronto. Libreto da obra

Decálogo de cómo debería ser unha biblioteca inclusiva, aberta e hospitalaria

LEMA ANUAL

 A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos presentou o lema que propón para este ano: Biblioteca Escolar, viveiro de cidadanía . O ilustrador Óscar Villán interpreta o lema e mostra as posibilidades  que pode ofrecer unha biblioteca.  Convirtamos entre todos este espazo nun lugar donde aprendamos a convivir, a adquirir valores democráticos, a respetar os Dereitos Humanos , a Cultura da Paz, a desenvolver a estima por nós e polos recursos naturais e culturais.  Aprendamos a facer da biblioteca un Viveiro de cidadanía.

Día das escritoras

Dende 2016 e grazas a unha iniciativa da Biblioteca Nacional de España, a Federación Española  de Mulleres Directivas e outras asociacións, o luns mais cercano o 15 de outubro (festividade de Santa Teresa de Jesús) celébrase o Día das Escritoras . Este curso nós tamén queremos reivindicar o labor e o legado das escritoras o longo da historia, e a principal ferramenta para a súa celebración é o achegamento a algunha das mais coñecidas en lingua castelá e galega. Coincidindo este día (14 de outubro) coa hora de ler, aprenderemos un pouco mais delas empregando esta hora en facer unha das actividades que dende a biblioteca propoñemos e que encontrarás no enlace . Vai escollendo a túa escritora e vai investigando e lendo sobre ela!

PRESENTACIÓNS

Os axudantes da biblioteca empezan a traballar e, empregando as suas dotes no mundo da informática,  divulgan o noso Instagram e as actividades coas que daremos por inaugurado o curso. Neste caso Yago , alumno de 3º da ESO, diseñou os dous vídeos que vos presentamos. Ben se merece a nosa enhoraboa!

RECUNCHO LECTOR FAMILIAS: NOVIDADES 19-20