Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Ciencias Sociais

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

MURAL DÍA DA PAZ ALUMANDO ESO

O alumnado da ESO ma materia de sociais traballou a temática da emigración realizando comparacións entre a emigración actual e a de nosos avós. Ao rematar a súa investigación realizaron o seguinte mural.

A PESCA NO VAL MIÑOR: CIENCIAS SOCIAIS e MATEMÁTICAS ESO

O título do traballo é “A pesca no Val Miñor”. Se desenvolveu durante 5 sesións co alumnado de PDC 3º de ESO. É un proxecto en formato dixital coa ferramenta PREZI. Va inmerso na unidade de traballo número 5 “Sector Primario”. 1. Obxectivos 1.    Identificar as actividades pertencentes ao sector primario. 2.    Diferenciar a pesca da acuicultura e a pesca de baixura, altura e gran altura. Citar recursos mariños non vinculados á actividade pesqueira. 3.    Recoñecer aquelas actividades do sector primario que deterioran o medio natural e cómo o fan. 4.    Sintetizar información xeográfica mediante esquemas ou cadros e comentar mapas, textos, datos, gráficos e debuxos. 5.    Obter información sobre as principais características da pesca no Val Miñor e a súa problemática. 6.  Coñecer a realidade social do mundo do mar 7.    Recoñecer a importancia do quiñón e as diferentes artes de pesca da zona...