Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2016

DÍA DO AMOR E AMISTADE

Por fin o luns imos celebrar O día dos namorados no CPI de Panxón. Ás 11:00h comezará o reparto das cartas nos cursos de Primaria  polas axudantes de Biblioteca. Ás 11:15 baixarán os alumnos/as á entrada do colexio para ver as fotografías  que vós escollestes como momentos especiais das vosas vidas. En Secundaria Cupido chegará ás 11:20 e baixaredes ás 11:25  a ver as vosas fotografías e a rexoubar as dos vosos compañeiros. En Secundaria afectará ás seguintes materias e cursos: 1º ESO: Sociais 2º ESO: Castelán e Inglés 3º ESO: Plástica 4º e PDC: Educación Física. Agradecemos de antemán a colaboración, que sabemos teremos, dos profesores.

CELEBRAMOS O ENTROIDO

O venres pasado celebramos a festa do Entroido no cole. Como xa vos dixemos en entradas anteriores, a temática deste ano foi: "A ALIMENTACIÓN". Por iso, pola pasarela do CPI de Panxón desfilaron rapaces e rapazas con esta temática: DESFILE ENTROIDO 2016 - Kizoa Movie Maker  Despois do desfile  disfrutamos grazas á ANPA da degustación de pratos típicos do entroido, ricas ORELLAS, FILOOAS, FLORES, ROSQUILLAS...: Insertar en Blog - collages Despois todos os alumnos/as participaron nunha ximcana de xogos. XOGOS ENTROIDO 2016 - Kizoa Movie Maker E xa para rematar, con moita mágoa, queimamos o noso MECO. QUEIMA DO MECO 2016 - Kizoa Movie Maker

BUZÓNS DAS CARTAS DE AMOR E AMISTADE

Onte rematamos a montaxe dos buzóns de amor e amistade, nestes buzóns os alumnos/as tanto de Primaria como de Secundaria farán entrega das súas cartas de amor, cartas que Cupido repartirá o venres 12 polas aulas. As fotos xa foron entregadas e o venres poderemos buscar polos corredores o amor de cada un de nos e facer a entrega das súas cartas.

DÍA DOS NAMORADOS E DA AMISTADE

Todos os anos facemos un oco no noso tempo para adicalo ao AMOR e a AMISTADE. Este ano é moi complicado facer un espazo no calendario e poder dedicarlle un día; a Paz e o Entroido están demasiado preto e quérennos roubar protagonismo.  Aínda así, empeñámonos en realizar unha actividade coa que celebremos o amor e a amistade que compartimos con outras persoas. Na actividade que vos prantexamos teredes que engadir nunha plantilla tipo, ou noutra que vós creedes, unha foto cunha ou varias persoas ás que queirades. Escribiredes unha frase encima coa que presentedes a vosa imaxe e poñeredes o voso nome por detrás. As axudantes de biblioteca colgaranas polo corredor de Secundaria para que poidades divertirvos vendo as fotos do resto dos vosos compañeiros/as. Non esquezades que a caixa de correos das cartas de amor e amistade tamén se colocará para que poidades enviar cartas a todas aquelas persoas que queirades. Serán repartidas polas aulas como o curso pasado. Todo o voso amor

O NOSO MECO

Como non podía ser doutra maneira o MECO este ano ten que ver co proxecto da Alimentación, representa a COMIDA BASURA e queimarémolo o día 5 de febreiro.

ENTROIDO 15-16: PROGRAMA DE ACTIVIDADES

5º e 6º - QUE VIVA A PAZ¡¡¡ TRABALLOS 15-16

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria durante esa semana investigaron co obxectivo de coñecer persoas e organizacións que recibiron o Premio Nobel da Paz. Os persoaxes que recibiron o Nóbel sobre os que investigaron foron. 5º PRIMARIA 6º PRIMARIA Con toda a información recollida tiveron que elaborar unha ficha Informativa na que tiñan que recoller:  Utilizando unha linguaxe clara e directa: Nome, País, Datas de vida, Ano no que se lle otorgou o Premio Nobel da Paz, quen é e que fai ou que fixo. O resultado podemos velo nas segintes imaxes. As fichas recolleronse nun libro feito por eles que quedará na biblioteca como material informativo.  A idea orixinal, vímola no blog BIBLIOABRAZO.    

MURAIS DA PAZ 15-16

Un ano mais profesorado e alumnado engalanou o centro en prol da PAZ e a continuación podedes ver os murais que elaboraron.

VI CARREIRA SOLIDARIA E SOLTA DE GLOBOS

Por sexto ano consecutivo o día 29 de xaneiro celebramos a carreira solidaria, o diñeiro recaudado será entregado aos servizos sociais do concello co obxectivo de axudar aos mais desfavorecidos. A carreira comezou coa lectura dos alumnos/as da ESO dun manifesto A continuación do manifesto os alumnos/as de primaria, ESo e profesorado realizou a súa carreira solidaria. CARREIRA SOLIDARIA 2016 - Kizoa Movie Maker Ao remate da carreira toda a comunidade educativa cantou unha serie de cancións en prol da PAZ, e o alumnado do College Francés La Providence de intercambio esta semana no noso centro interpretou a seguinte canción " LE POUVOIR DES FLEURS"  Laurent voulzy. Despois o alumnado de 2º de ESO na materia de francés fixeron un traballo de investigación ao que deron lectura "JE SUIS....". Todas as actividades remataron cunha solta de globos. Dende aqui queremos agradecer a participación dos Centros: CEE de Panxón, CEIP de Camos e College