Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2023

23 A - Día do Libro

  Como cada ano, o día 23 de Abril conmemoramos o Día do Libro e é unha tradición que está baseada nunha lenda:  Esta data é a excusa perfecta para poder ler algunha desas lecturiñas que tendes pendentes ou descubrir novas lecturas. Para conmemorar esta data tan especial fixéronse varias actividades: Hora de Ler en distintos lugares: ao sol, na biblioteca.... Mural colaborativo con fotos dos cativos e cativas lendo Break out na biblio E máis que faremos 😊 Botade unha ollada 👇

Abril: mes da saúde

Ao longo do mes de abril conmemoramos o día da saúde con múltiples actividades, entre elas, tivemos esta semana dúas charlas sobre primeiros auxilios e alimentación. Vos deixamos un resumo de ámbalas dúas charlas:

Iniciación á caligrafía medieval

  O alumnado de 3º ESO tivo o pracer de participar nun obradoiro de iniciación á caligrafía medieval levado a cabo por María Sancho. Mirade 👀

Reto nº 7. Biodiversidade fonte de vida

O día 22 de abril celébrase o día da nai Terra , efeméride oficial proclamada polas Nacións Unidas para protexer a nai Terra e o medio ambiente.  Neste ano 2023 o lema da campaña é “Inverter no noso planeta” e con ese lema as Nacións Unidas pretende involucrar aos cidadáns na defensa, coidado e protección do medio ambiente. O obxectivo é conseguir un esforzo colectivo que permita conservar un planeta verde para as futuras xeracións. A bandeira deste ano foi deseñada por John Connell e é unha imaxe da terra obtida pola NASA cun fondo azul. O noso centro quere participar no coidado do planeta por ese motivo participamos no reto nº 7 de Xeración ECO realizando varias actividades, entre elas; creando unha casa para bechos, co obxectivo de diminuír a pérdida de diversidade biolóxica. Utilizando material didáctico da plataforma de Xeración ECO https://view.genial.ly/ 64180a6d57f54c001048f783 Cunha actividade complementaria a formación, co alumnado de 1º ESO, de recollida de lixo na praia

CONSTRUÍMOS MAQUETAS CON ENDESA EDUCA

  Fai uns días, a rapazada de 5º e 6º de EP estiveron aprendendo e estudando sobre as enerxías e os seus tipos. Para afondar un pouco máis aló, recrearon unhas maquetas co kit de Endesa Educa a través das cales puxeron en práctica todos os coñecementos acadados. Sen dúbida foron unhas xornadas de aprendizaxe, diversión e motivación. Botade unha ollada 👇😀

MILLA DIARIA

Neste mes de abril estamos conmemorando o Día Mundial Da Saúde (7 de abril), con diferentes actividades, como a semana da froita ou diferentes charlas. A semana pasada, todos os cursos do centro participamos na Milla Diaria, que consistiu en que nun momento da xornada saímos das aulas para percorrer unha milla polo centro. Camiñar ou correr era o de menos, xa que o importante era comprender a importancia de movernos un pouco cada día para coidar o noso corpo. Ademais, na saída ás Cíes que realizamos en 5º e 6º xunto cos nenos e nenas de Manchester tamén continuamos con esta actividade percorrendo neste caso varias millas. Estamos en marcha! 👇👀

Break Out: Misión libros agochados

  Queredes vivir unha experiencia misteriosa?  É a túa oportunidade para participar no  break out: misión libros agochados que se celebrará nos próximos días no tempo de lecer para conmemorar o día do libro. Este break out consistirá en superar diferentes retos a partir de enigmas. Por cada enigma obteredes unha cifra que é a que vos vai permitir parar a bomba e abrir o cadeado. Tedes enigmas, un tempo límite e unha bomba que parar! Esperámosvos!😊 👉👀 BREAK OUT: Libros agochados

Intercambio con Manchester

A pasada semana chegaron á escola os compañeiros e compañeiras da escola  St Catherine´s  de  Manchester  cos cales, o alumnado de 5º de EP realizan o intercambio cada ano. Ao longo da semana fixéronse mogollón de actividades variadas:  xogos de benvida,  c hocolatada con menús típicos galegos, t our polo cole,  obradoiros (graffiti, luces na oscuridade, xogos de mesa, fúbtol gaélico, a chave e a rá), v isita as Illas Cíes, c omida conxunta. Os cativos e cativas puideron desfrutar destes días xuntos e ademais puideron nutrirse das novas aprendizaxes. Botade unha ollada 👀👇: Benvida: Obradoiros :  Visita as Illas Cíes: Diverjump e bolera:

O antigo Exipto

No 2º trimestre do Proxecto Competencial en 3º de primaria , estivemos descubrindo o Antigo Exipto : lemos lendas, coñecimos o xogo do Senet e investigamos sobre moitas cousas máis. Rematamos elaborando os lapbook que podedes ver no vídeo.  Imos a polo último proxecto, a seguir aprendendo moito!

Gañadores concurso de portas

  Xa temos os gañadores do concurso da porta da biblio… e os premiados son: - Sabela e Lucas de 3º EP - Martina e Ángela de 5º EP - Biel de 6º EP Noraboa rapazada! 🥳👏🏻

A nosa visita a... Stella Maris

No día de hoxe o alumnado de 5º e 6º de EP fixo a súa visita mensual a Residencia da Terceira Idade Stella Maris. Tanto os usuarios coma os profesionais que traballan alí recibíronnos con moito agarimo e ilusión. Hoxe tocábanos unha sesión de xogos de mesa e de actividade física. Ademais, a algúns de nós leváronnos de tour polas diferentes estancias presentes na resi como son: a zona de lavandería, a cociña,... e démonos conta do gran traballo que realizan alí. Mentres xogábamos cos usuarios convidáronnos a unhas pastas con zumo, que estaban..., riquísimas! 😋 A verdade é que  levamos moitos aprendizaxes e inquedanzas.😀 Mirade aquí: 👀 Moitísimas grazas a todo o equipo de Stella Maris. 💝 Foi un placer compartir esta xornada con vós!😊

Anímate a participar polo día do libro!

 

2 A - Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

  O día 2 de abril conmémorase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.