Ir al contenido principal

Reto nº 7. Biodiversidade fonte de vida

O día 22 de abril celébrase o día da nai Terra, efeméride oficial proclamada polas Nacións Unidas para protexer a nai Terra e o medio ambiente. 

Neste ano 2023 o lema da campaña é “Inverter no noso planeta” e con ese lema as Nacións Unidas pretende involucrar aos cidadáns na defensa, coidado e protección do medio ambiente. O obxectivo é conseguir un esforzo colectivo que permita conservar un planeta verde para as futuras xeracións.


A bandeira deste ano foi deseñada por John Connell e é unha imaxe da terra obtida pola NASA cun fondo azul.


O noso centro quere participar no coidado do planeta por ese motivo participamos no reto nº 7 de Xeración ECO realizando varias actividades, entre elas;

  • creando unha casa para bechos, co obxectivo de diminuír a pérdida de diversidade biolóxica. Utilizando material didáctico da plataforma de Xeración ECO https://view.genial.ly/64180a6d57f54c001048f783
  • Cunha actividade complementaria a formación, co alumnado de 1º ESO, de recollida de lixo na praia da Madorra, colaborando coa asociación Amicos en colaboración con Vegalsa-Eroski co obxectivo de diminuír a degradación de hábitats naturais, protexer especies ameazadas e evitar a súa extinción.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤