Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2021

25 N (Día Internacional Contra a Violencia de Xénero) "NON DA IGUAL"

       Dende o CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios quixemos colaborar con esta conmemoración, co fin de defender a Igualdade entre mulleres e homes. É por iso que, a nivel centro realizamos o seguinte mural, co lema "Non Da Igual".     Ademais dende as aulas tamén traballamos dito tema, a través dunha serie de curtametraxes e actividades escritas. Un saúdo a tod@s!!!!!!!

Concurso de Relatos e Debuxos de Outono!!!!

       Dende o CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios levamos a cabo unha serie de concursos durante todo o ano, co fin de favorecer o interese e a motivación do noso alumnado.      Neste caso, podemos realizamos por unha parte un Concurso de Debuxos de Outono, cuxa gañadora foi Nerea de 6ºEO. Parabéns!!!!     Tamén en Primaria hai unha gañadora do Concurso de Relatos de Outono, neste caso trátase de Marieta, alumna de 4ºEP. Moitos parabéns!     Falando de Secundaria, queríamos felicitar á gañadora do Concurso de Relatos de Outono, trátase de Raquel, alumna de 3º PMAR. Moitos parabéns!     Tamén queríamos felicitar ao alumnado de Secundaria que participou e obtivo un accésit. Neste caso estamos a falar de Laura, Sergio, Zoe, Alejandra e Xiana. Parabéns!     Finalmente, tamén queríamos agradecer e darlle as grazas ao alumnado que participou nos concursos propostos, moitísimo ánimo e a seguir así!

Vivan os nos@s surfistas!!!

      No CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios tamén nos van as emocións fortes, é por iso que, o alumnado dende 3º de Educación Primaria ata 6º de Educación Primaria quixemos vivir a experiencia de surfear nas nosas fermosas praias. Concretamente, na Praia de Patos. Na mesma recibimos unha clase de surf. Que ben o pasamos!!!!!

XORNAL O PAPAGAIO!!!!

    Estamos de sorte compañeir@s, de aquí a que remate o curso escolar teremos a oportunidade de ler unha vez o mes o xornal do Papagaio. O mesmo trátase dunha revista infantil, escrita 100% en galego.       Dende este xornal queren compartir e fomentar a aprendizaxe da nosa cultura e da nosa lingua a través da ilustración e do contido didáctico.      Na revista hai espazos para falar sobre natureza, ecoloxía, informática, mitoloxía, arquitectura... e moito máis. Ademáis cada mes, hai novos xogos, retos e entrevistas en exclusiva.  Adiante e a disfrutar!

Aprendizaxe basado en xogos!!!!

 Moi boas a tod@s, este ano decidimos comezar cun estilo de aprendizaxe basado en xogos, co fin de fomentar o aprendizaxe lúdico, significativo e lúdico do noso alumnado.      É por iso que, non só abriremos a biblioteca para que o noso alumnado poda ler libros, senón que tamén crearemos pequenos grupos de xogo para que podan vivir experiencias diferentes, e enriquecerse con moita diversión.       Moito ánimo e a desfrutar da nosa biblio!!!!!

MAGOSTO 2021!!!!!!!

     Moi boas a tod@s, o día 11 de Novembro deste ano celebrouse de novo o Magosto no CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios e pasamos un día diferente, sempre tendo en conta as restriccións da COVID - 19.     O alumnado de 4º de ESO, foi o encargado de asar as deliciosas castañas que poidemos degustar nesta conmemoración.       Unha vez feitas, o noso alumnado tivo o pracer de degustalas, acompañados de música popular - tradicional de Galicia.            Tras comer as castañas asadas, Mateo e Lúa leron un texto que contiña información sobre o Magosto, co fin de realizar posteriormente unhas preguntas aos seus compañeiros/as, e desta maneira facer como unha especie de concurso para amenizar a mañá.     E, finalmente, para dar por finalizada a conmemoración, catro rapazas de 4º de Educación Primaria realizarón o baile dunha muiñeira, a través da canción "Non Chas Quero". E que ben bailaron Valentina, Reyes, Laura e Martina!!!!!!!!!
 SAMAÍN 2021 Hoxe celebramos o Samaín no CPI Plurilingüe Arquitecto Rey Palacios. No mesmo puidemos gozar de numerosos disfraces, así como tamén das marabillosas cabazas que crearon o noso alumnado! Así como tamén fixemos entrega dos agasallos dos diferentes concursos propostos para este día. Antes de dar a coñecer os/as gañadores/as, queremos agradecer a gran participación do alumnado. No "Concurso de Cabazas", foron 3 as gañadoras, dentro das categorías da máis orixinal, a máis terrorífica e a máis elaborada.  Na categoría da cabaza máis elaborada, a premiada foi Daniela, alumna de 2º Educación Primaria. Parabéns! Na categoría da cabaza máis terrorífica, a premiada foi a de Miguel, alumno de 2º Educación Primaria. Parabéns! E, finalmente, na categoría da cabaza máis orixinal, a premiada foi a de Diego, alumno de 4º de Educación Primaria. Parabéns! Por outra parte, tamén se realizaron outros concursos coma o de "Máscaras Terroríficas". No mesmo, a gañadora foi Mart