Ir al contenido principal

 SAMAÍN 2021


Hoxe celebramos o Samaín no CPI Plurilingüe Arquitecto Rey Palacios. No mesmo puidemos gozar de numerosos disfraces, así como tamén das marabillosas cabazas que crearon o noso alumnado!


Así como tamén fixemos entrega dos agasallos dos diferentes concursos propostos para este día. Antes de dar a coñecer os/as gañadores/as, queremos agradecer a gran participación do alumnado.

No "Concurso de Cabazas", foron 3 as gañadoras, dentro das categorías da máis orixinal, a máis terrorífica e a máis elaborada. 



Na categoría da cabaza máis elaborada, a premiada foi Daniela, alumna de 2º Educación Primaria. Parabéns!






Na categoría da cabaza máis terrorífica, a premiada foi a de Miguel, alumno de 2º Educación Primaria. Parabéns!






E, finalmente, na categoría da cabaza máis orixinal, a premiada foi a de Diego, alumno de 4º de Educación Primaria. Parabéns!





Por outra parte, tamén se realizaron outros concursos coma o de "Máscaras Terroríficas". No mesmo, a gañadora foi Martina, alumna de 4º de Educación Primaria. Parabéns!





E, o derradeiro concurso que se realizou, foi o de "Relatos do Terror". No mesmo tivemos gañadores en Primaria e en Secundaria. 

A gañadora de Primaria foi Iria, alumna de 5º Educación Primaria, co seu relato "Noite de Terror". Moitos parabéns!






A gañadora de Secundaria foi Inés, alumna de 1º E.S.O. B, co seu relato "Mouros e Trasnos". Moitos parabéns!






E, finalmente as gañadoras dos cómics terroríficos foron dúas alumnas de 1º de Primaria. Aina e Erin foron as premiadas. Moitos parabéns!



Queremos agradecer de novo a participación do alumnado, e esperamos de corazón que a realización destes concursos sexan un bo aprendizaxe para o alumnado. Moitos saúdos e aínda quedan moitas sorpresas por descubrir!!!!




Comentarios

Entradas populares de este blog

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Amigos top en 5º de EP

  Os nenos e nenas de 5º de EP aprenderon a empregar a app CANVA e a partires dunha expresión escrita chamada amigos top crearon a seguinte presentación da cal son partícipes na busca de amigos con cualidades incríbles. Vos deixamos a presentación que elaboraron para este final de curso: Bo traballo rapazada! 👏👏👏