Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2023

Concurso de portas

  Por aquí vos deixamos as portas do concurso de portas terroríficas. Quen gañará?

Actividades samaín

  Nestes dias estivemos facendo actividades temáticas: murais, papiroflexia, mini libros, break out…. Mirade 👀

Estacións terroríficas en 3º de EP

A pasada semana, os cativos e cativas de 3º de EP puideron desfrutar das estacións terroríficas. Neste caso, os seus compañeiros e compañeiras de 5º transformáronse en miniprofes e acompañáronos en cada unha das estacións: 🎃 Robótica terrorífica 🎃 Dominó de personaxes 🎃 As sílabas do terror 🎃 Código secreto 🎃 Palabras prohibidas Botade unha ollada 👀

Concurso de cabazas

Xa chegou o Samaín e con ela as cabazas máis orixinais, máis terroríficas e máis elaboradas.  Mirade o que nos está chegando... 👻🎃🧌🧟‍♀️🧟‍♂️

Estacións terroríficas en 5º e 6º de EP

Xa chegou o Samaín, cheo de estacións de aprendizaxe terroríficas sen fin! 😀 Nesta xornada tocoulles aos cativos e cativas de 5º e 6º. Puideron desfrutar das seguintes estacións: 🎃 Robótica terrorífica 🎃 El colegio encantado 🎃 Fantasma Blitz 🎃 Speed Cups versión Samaín 🎃 ¿Quién despertó a Frankenstein? Queredes ver como o pasaron? De medoooo!  👻

Lecturiñas e videocontos de Samaín

  Para este Samaín vos deixamos as seguintes recomendacións terroríficas que poderedes atopar nos corredores da escola:   E velaquí uns videocontos: CORRE CORRE, CABACIÑA   COCORICO

24 Outubro - Día das bibliotecas escolares

  Hoxe, 24 de outubro conmemoramos o día das bibliotecas e o lema deste ano é:  Seguindo a asesoría de bibliotecas, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns". As bibliotecas, sen dúbida, son un espazo onde compartir, ler, xogar, aprender,... É un espazo imprescindible para encontrarse e convivir. Na nosa escola fixemos un mural para conmemorar este día tan especial:

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Entrega de premios Aqualia

  Hoxe Nael e Pablo recibiron un premio por participar no concurso de Aqualia o curso pasado. Na entrega dos premios estivo  o Alcalde de Nigrán e a enxeñeira de Aqualia. Parabéns, rapaces! 👏🏻🤗

Novos concursos!

  Dende o equipo biblioteca e o de Dinamización da Lingua invitámosvos a participar nos seguintes concursos terrorríficos: 

Recollida de residuos na praia da Madorra

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de EP fixeron unha saída á praia da Madorra onde puideron realizar unha recollida de residuos. Esta actividade medioambiental está enmarcada dentro do proxecto de Xeración ECO no reto  nº 3 “Gotas de Vida”   e está organizada polo Concello de Nigrán e ADEGA. Botade unha ollada:

Visítanos a agrupación musical Santiago de Parada

  No día de onte, os cativos e cativas de Educación Primaria recibiron unha visita moi especial: Dani, da agrupación musical Santiago de Parada. Veu presentarnos as actividades que poderíamos realizar na escola de música. Ensinounos varios instrumentos e o seu funcionamento, e despois puidemos probalos todos! Pasámolo xenial! Mirade 👀👇: Moitas grazas Dani!

Benvid@s a este novo curso 2023 - 2024

Benvidos e benvidas, arrincamos este curso 2023 - 2024 dende este blog. Ao longo deste mes estivemos organizando e argallando novas cousas, entre elas comezamos polas  Mochilas Viaxeiras e os correspondentes cadernos viaxeiros , as cales foron postas en marcha no día de hoxe. As mochilas viaxeiras iban cargadiñas dunha carta especial de Panxolín, a nosa mascota, onde nos convidaba a que o visitemos na biblio e nos facía a entrega dos carnets para que poidamos coller os libros. De igual maneira, chegaron as cestas lectoras as nosas aulas, cheas de libros cos cales poderemos desfrutar. Para finalizar, damos título e vida ao proxecto de centro deste curso: Esperámosvos pola biblio!