Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como ANDERSEN

OS LIBROS FAN GRANDE O MÁIS PEQUENO: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Coma en anos anteriores, o Ibby (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil o día 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2018 correspondeulle a Letonia. Ten a autoría do texto a escritora letona Inese Zandere , poeta, editora e activista da promoción da lectura quen titula a súa mensaxe: Os libros fan grande o máis pequeno. Pola súa parte, a imaxe do cartel é do ilustrador Reinis Petersons , recoñecido debuxante deste país báltico. Galix , Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a mensaxe, con tradución ao galego. MENSAXE en galego e información sobre os autores CARTEL CONCURSO "Un conto de H.C. Andersen en cómic" (OEPLI) (Remata o prazo o 23 abril) DÍA DO LIBRO INFANTIL - OEPLI

CONCURSO "ANDERSEN HOXE"

Con ocasión do Día internacional do libro infantil (2 de abril), a OEPLI e as súas seccións - Consejo general del Libro infantil y juvenil, Consell Catalá del Libre Infantil i juvenil(ClijCAT), Asociación Galega do libro Infantil e Xuvenil (GÄLIX) e Galtzagorri Elkartea-, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convocaron o concurso "ANDERSEN HOXE". Participou no concurso 2º de Educación primaria e este consitiu en escoller dun libro en galego  xa lido, un personaxe dun conto de Andersen, despois tiveron que facer un debuxo dese personaxe, tal como o imaxinaría Andersen si  escribira o conto na actualidade. Xunto co debuxo tiveron que engadir un breve texto  que non excedera os 140 carácteres ( como se fora para twitter), explicando o motivo polo que escolleu ese personaxe e as súas carácteristicas.  A continuación podedes ver os traballos realizados polo alumnado e os seleccionados para presentar ao concurso, ademais non vos esquexades de ler a...