Os cativos e cativas de 5º e 6º de EP pudieron ser partícipes dunha charla de Come Local, onde o obxectivo clave era promover os produtos agroalimentarios galegos con selo de calidade.
Foi interesante coñecer os produtos que están próximos a nós.
Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁
As actividades da Biblioteca este curso estan integradas no Proxecto de enerxías sostibles que se ven desenvolvendo no centro. Marzo, mes da POESÍA non podía ser menos e todo o CPI puxo o seu sentimento na rima. A temática foi a AUGA ben imprescindible para a vida e tan escasa hoxe, moitos de nós nunca o pensaramos tan profundamente polo que a degustamos, tocamos, sentimos, e......saleu a nosa obra poetica. Antes de presentala e pensado na sesión de recitado de Poemas, uns pequenos consellos. de Santiago Pascual UNS CONSELLOS PARA O RECITADO DE POEMAS Recitar é dicir un poema intentando reproducir os efectos sonoros e a expresividade que o autor lle imprimiu ao crealo. Para recitar correctamente un poema é moi importante: Ler varias veces o poema para comprender ben o seu significado. Ler varias veces en voz alta para interiorizar o seu ritmo Coidar a pronunciación e vocalizar ben as palabras. Intentar vivir a emoción que expresa o texto. ...
Comentarios
Publicar un comentario