Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2014

QUEN BEN CHE QUERE, FARACHE BAILAR

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller no corredor da pranta baixa do colexio puxemos un expositor cos fondos bibliográficos referentes a esta temática, na hora de ler todo a comunidade educativa pode dispoñere deles, rexistrando o empréstito na ficha situada na parte superior do expositor.

COMITÉ AMBIENTAL 14-15

Xa temos formado o comité ambiental para este curso. Entre outras moitas cuestións falamos da necesidade de recordar aos alumnos/as e profes os hábitos   xa adquiridos en cursos anteriores: separación de residuos, Ecopatrullas, necesidade de apagar luces e proxectores cando non son necesarios, control dos radiadores, reciclaxe de boligrafos, tapóns... Tamén decidimos que o tema central deste curso será: O HORTO ESCOLAR E A ALIMENTACIÓN KILOMÉTRICA. Benvidos a todos/as e a traballar.

ENREDADAS NO MEDO: TRABALLANDO DENDE AS AULAS O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Neste día faise máis necesario que nunca recordar a importancia de levar a cabo accións que fomenten a igualdade de xénero e axuden a previr a violencia. No CPI de Panxón realizamos durante esta semana actividades coas que tratamos de  eliminar estereotipos e promover a reflexión sobre actitudes sexistas coas que convivimos a diario.  A continuación achegamos algúns dos resultados que tiveron as nosas propostas para previr a violencia de xénero dende a escola. 1º de Primaria 3º de Primaria   4º de Primaria   5º e 6º de Primaria: ENREDADAS NO MEDO 1.- A partir dunha exposición de fotos estabrecemos un coloquio sobre o tema: 2.-  Investigamos nos medios de comunicación 3.-  Puxemos en común  noticias que trouxemos a clase e as clasificamos en diferentes tipos de violencia 4-  Deseñamos a nosa fotografía 5.-  Realizamos as

JUAN GOYTISOLO OBTÉN O PREMIO CERVANTES 2014

O escritor Juan Goytisolo obtivo onte o Premio Cervantes 2014, o máximo galardón das nosas letras, dotado con 125.000 €. É autor dunha extensa e variada obra narrativa e ensaística, prohibida en España pola censura franquista dende 1963. Cultiva xéneros como a reportaxe, a literatura de viaxes ou as memorias. Ademais do seu labor estritamente literario, Goytisolo é un intelectual influente, colaborador habitual en prensa e crítico implacable do mundo contemporáneo. Actualmente reside en Marraquech. Entre as súas obras podemos destacar Duelo no Paraíso ou Sinais de identidade. Aquí déixovos o enlace a algúns dos seus artigos no País .

PREMIOS I CERTAME DE "RELATOS DE TERROR"

Unha vez finalizados os prazos dados e obtido o ditame do xurado, coñecimos as dúas gañadoras do I Certame de Relatos de Terror . As Gañadoras foron: Primaria: Paula Leal Blach   "El Peluche maligno" Secundaria : Sandra  González-Besada Gómez  "Terriblemente Despierta" Parabén a todos! Encantáronnos todos os relatos presentados a concurso. Grazas a todos polo esforzo e pola vosa participación.

VISITA Á MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA

O 28 de outubro dentro do noso proxecto "Da horta ao prato" todo o alumnado e profesorado de primaria visitamos o Pazo de Gandarón. Misión Biolóxica de Galicia-CSIC. O obxectivo da visita foi sensibilizar ao noso alumnado cos distintos cultivos da nosa comunidade, o millo, as variedades bráxicas (coles, repolos, ...etc), aprendemos e observamos no laboratorio as plagas que lles afectan a estes tipos de cultivos, as súas modificacións xenéticas, tamén coñecimos as especies árboreas propias do noso entorno (camelias, castaño, carballo..etc). MBG 1º e 2º Primaria - Movie Maker MBG 3º e 4º de Primaria - Movie Maker MBG 5º e 6º de Primaria - Movie Maker

VÍCHELA¡¡¡¡¡¡¡

A maleta viaxeira de banda deseñada chegou á biblioteca do C.P.I. de Panxón. Dispuxemos desta maleta durante 15 días para viaxar polas aulas do centro. Aproveitamos a sorpresa que provocou a aparición de algo novo na aula para espertar a curiosidade do alumnado. A MALETA VIAXEIRA - Movie Maker Invitamos aos alumnos e alumnas a que investigasen na Biblioteca do Centro, etc... e descubrisen algúns dos títulos da maleta viaxeira. Os alumnos e alumnas de 1º de E.S.O. animáronse a crear os seus cómics na área de expresión plástica en 1º de E.S.O. 

MERGULLANDO NA BIBLIOTECA

Ao longo do curso a Biblioteca desenvolveu sesións formativas, de carácter especializado, orientadas especialmente ao uso das distintas fontes de información, o funcionamento, as normas, as partes dun libro, a CDU,…nestas sesións pretendemos os seguintes obxectivos: •    Coñecer e seguir as pautas de comportamento na biblioteca e as súas normas de funcionamento. •    Identificar os distintos tipos de documentos e entender a diferenza entre libros de ficción e libros de coñecemento. •    Descubrir o espazo da biblioteca. •    Coñecer os servizos que ofrece a biblioteca e os aspectos fundamentais da súa organización. •    Facilitar o acceso aos documentos. •    Coñecer o sistema de clasificación de libros e materiais audiovisuais, orientarse na biblioteca coa axuda dos rótulos de sinalización e aprender a utilizar o catálogo. •    Coñecer as fontes de información. •    Utilizar as obras de consulta (dicionarios, enciclopedias e atlas), identificar índices, vocabularios e outras f

CALENDARIO ECOPATRULLAS

Un ano mais empezan a traballar as Ecopatrullas, limpeza semanal dos patios ( 3 alumnos/as de EP e 3 de ESO). Esta actividade foi iniciada no curso (2011-12) como unha actividade no desenvolvemento do “Do pedernal á fusión”, ao igual que no curso pasado no que foi novidade seguemos sen UTILIZAR BOLSAS DE PLÁSTICO que sustituímos por cubos que unha vez realizada a tarefa de recollida teñen que lavar e deixar preparados para o día seguinte.

PROPOSTA PARA 5º E 6º DE PRIMARIA, 1º E 2º DE ESO: VIOLENCIA DE XÉNERO

 I CONCURSO FOTOGRÁFICO SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO 1. Consolidar actitudes positivas cara a igualdade entre homes e mulleres. 2. Desenvolver accións preventivas para evitar situacións de discriminación e violencia contra a muller. 3. Lograr o desenvolvemento das Competencias básicas:  tratamento da información, a comunicación, a autonomía persoal, a cidadanía e a expresión artística. 4. Elaborar un mural conmemorativo, utilizando as aportacións dos alumnos/as. DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE:  DOCUMENTO GUÍA PARA O ALUMNO A partir dunha e xposición de fotos que representan distintos tipos de violencia faremos unha chuvia de ideas coas emocións e pensamentos que nos xenera. Unha vez que lemos a mensaxe das imaxes, establecerase un coloquio sobre o tema:  Que cres que senten as persoas que sofren discriminación e violencia sobre elas?  Que entendemos por violencia?   Parecenos importa xeitar a violencia?  Hai distintas clases de violencia?  Por que cren que é

PROPOSTA DE TRABALLO 3º E 4º PRIMARIA: VIOLENCIA DE XÉNERO

PROPOSTA 3º EDUCACIÓN PRIMARIA: HAI ALGO MÁIS ABURRIDO QUE SER UNHA PRINCESA ROSA? O conto " Hai algo mais aburrido que ser unha princesa rosa? traballa os estereotipos e roles de xénero.  Para ler o conto pincha na imaxe. Podemos escoitalo no seguinte enlace: hai algo mais aburrido que ser unha princesa rosa? Grazas á Plataforma da Infancia e a Elena Zapico e Tamara Corral, podemos desfrutar deste conto en Lingua de signos. (é interesante facer unha visualización ) Deste conto fisoxe unha segunda edición e nela a súa autora, Raquel Díaz, ofrecenos a ilustración da Princesa Carlota en branco e negro para que o noso alumnado a vista como desexe, dando renda solta á súa imaxinación e creatividade pensando nos novos sonos, desexos e aspiracións da princesa. - Despois da lectura do conto podemos facer un debate na clase, as observación e as opinións do alumnado seguro que nos sorprenden. - No seu  Blog   Raquel Díaz,  proponnos elaborar un atrapa s

PROPOSTA DE TRABALLO: 25 dE Novembro 1º E 2º DE EDUCACION PRIMARIA

PROPOSTA 1: CONTO  ARTURO  E CLEMENTINA (2º EP) Adela Turín  escribiu en 1976 este conto que, tristemente, segue de actualidade. A poyaremosnos  nel como guía para traballar co alumnado a prevención da Violencia de Xénero. Para a sesión utilizaremos: - O vídeo do conto relatado e adaptado por  Beatriz Montero , gravado no espazo  Cuentacuentos  do programa infantil  La Merienda. O conto en si, podemos velo a través do ordenador ou da pizarra dixital. (subido a rede por Isabel Nieto Arturo y Clementina from isabel Nieto O libro orixinal, pódese solicitar na Libraría "Libros para soñar" en Vigo. Despois de ver o vídeo ou facer a lectura do conto, falaremos co alumnado das impresións e sentimentos que lles xurdiron. Reflexións sobre a historia de Arturo e Clementina: Como é Clementina? Por que cren que Clementina non era feliz? Como é Arturo? Se fosen Clementina, Que farían no seu lugar? Que lles parece o final do conto? Esperaban que r

VISITA Á BIBLIOTECA

Durante o primeiro trimester organizamos visitas a nosa biblioteca por cursos, para dar a coñecer o funcionamento da biblioteca, os seus fondos e os servizos de que dispón. Nestas visitas entregamos aos alumnos e alumnas de primaria as súas carpetas de biblioteca e un marcador de libros coa temática do noso proxecto “Da horta ao prato”. VISITA Á BIBLIOTECA - Kizoa Movie Maker