Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2022

BO NADAL

Dende a escola vos queremos desexar, unhas boas vacacións e un bo Nadal, pero non sen antes ensinar e recomendar, as nosas creacións, unhas lecturiñas e contiños que vos encantarán! Na biblioteca contamos cas seguintes novidades 👇: E tamén con  lecturiñas temáticas: Ao longo destas semanas fixemos moitas cousas de Nadal e desfrutamos mogollón facéndoas. Vos deixamos unha mostra... 👇 Participamos no ECORETO 2 da Xeración Eco creando esta preciosa árbore con todas as aportacións das familias e do alumnado 💞😍.  MOITÍSIMAS GRAZAS POR PARTICIPAR E COLABORAR! E para rematar os deixamos estes videocontos de nadal: El cascanueces La Noche Mágica de Noa FELICES VACACIÓNS DE NADAL! VÉMONOS Á VOLTA!😃

Realidade Aumentada (RA)

Que traballadores son os nenos e nenas de 5º e 6º de EP. Nesta ocasión estiveron descubriendo a Realidade Aumentada (RA) a través da camiseta Body Planet e o Merge Cube. Que ben o pasaron véndose por dentro! Botade unha ollada 👀

Operación quilo... COMPLETADA!

  Dende o CPI e a EEI Dunas unímonos por unha causa importante: a operación quilo. Dende as escolas vos queremos agradecer a vosa colaboración e participación. Ademais dos alimentos que se foron recolectando durante estes días, fixemos unha entrega duns cheques  valorados en 700€ que conseguiu a escola nunha carrera solidaria durante a pandemia. A persoa encargada de recollelos é a  Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Nigrán. Aquí vos queda un resumo: ¡ MIL GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN! 😄

Roboticando

Ao longo destas dúas últimas se manas fixemos un montón de actividades lúdicas e educativas. Comezamos cun pouquiño de robótica a partir da cal traballamos contidos clave do noso día a día; dar direccións. Foi unha xornada moi divertida!

Unha visita moi especial a Stella Maris

Cantar , sonreír y compartir son algunos de los pilares de la Navidad. 😄 A nosotros, estos verbos nos valdrían también para describir esta visita, que sin duda ha sido una de las más especiales que hemos hecho. En la Residencia Stella Maris nos recibieron con los brazos abiertos y nosotros intentamos devolver el cariño representando nuestras actuaciones que preparamos para el festival de Navidad del cole. Como dijimos cuando nos despedimos, volveremos pronto. ¡MUCHAS GRACIAS POR ESTE RATITO Y POR ACOGERNOS TAN BIEN! 😍 Os dejamos con un resumen de nuestra visita: 

Xornada de xogos

  Hoxe levamos a cabo unha xornada de xogos moi especial.  Xuntámonos os nenos e nenas de 5º e 6º de EP e fixemos grupos variados. Que gran oportunidade para coñecernos mellor! Comezamos o tour cunha paradiña na aula STEAM , alí atopábamos a clase escura e unha mesa con luces moi coloridas e moitas letras. A nosa misión era atopar a palabra máis longa en galego para así gañar moitos puntos!  A outra paradiña era a nosa querida biblioteca , un recuncho onde poder reunirnos e compartir risas, aprendizaxe e diversión!  Alí tiñamos varios xogos moi divertidos: Unánimo, La morada maldita, Alto voltaje, Sushi Go, Speed Cups e Carrera de Letras.  Estivemos un ratiño en cada xogo e o pasamos de medo!  Mirade 👀👇

Entrega das cartas a Papa Noel e aos Reis Magos

Esta semana é unha semana moi especial, xa que os nenos e nenas do cole están deixando as súas cartas para Papa Noel e os Reis Magos. Mirade o felices que están e a maxia que desprenden... 😀👇

Aprendizaxe Baseada en Xogos

  Esta semana chegaron xogos novos á nosa biblioteca dos cales poderemos desfrutar nos recreos e nas nosas clases. Botade unha ollada... 👀 Risas, diversión e traballo en equipo aseguradas! 

Saída: XXXI Semana de Cine Submarino. Lingotes en conserva.

O pasado mes de Novembro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria trasladouse a Vigo para visionar o documental de Cinema Submarino . Nel fíxose unha proxección de documentais para coñecer e por en valor o ecosistema do noso planeta. Tamén aproveitamos e asistimos a outra actividade de AFundación: Lingotes en conserva . Constaba dunha exposición sobre a conserva que nos serviu de reflexión, xa que era un homenaxe ao traballo das mulleres nas conserveiras da cidade de Vigo. Finalmente, participamos nun taller STEAM e estivemos programando con Scratch.  Pasámolo moi ben, mirade 👇

LA AVENTURA DEL CUERPO HUMANO

  O pasado venres día 16, o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP visitou unha exposición en Vigo titulada: "La gran aventura del cuerpo humano". A saída constou de dúas partes: a primeira explicativa e a segunda manipulativa e de xogo. Vos deixamos unha mostra do ben que o pasaron: 👇

Xogamos a adivinar os animais

Xogamos a adivinar os animais   Hoxe en día temos a sorte de poder elixir entre moitos xogos. Mais, de vez en cando, por que non crear nós mesmos o xogo?   Iso fixemos na clase de Naturais, preparando primeiro as tarxetas de xogo para despois intentar adiviñar os “animais misteriosos” que se agochaban nas tarxetas dos nosos compañeiros.   Aprendemos xogando! 👇

UNHA VISITA MOI ESPECIAL... A PROTECTORA DO MORRAZO

  O pasado venres 2 de decembro tivemos unha visita moi especial grazas ao alumnado de valores de 2º da ESO A maila súa profe Belén por organizalo:  Visitounos a protectora de animais do Morrazo! 😍 Contáronnos a súa historia e a dos animaliños que están alí. Ademais, informáronnos sobre a utilidade do microchip para que as nosas mascotas poidan volver ás súas casiñas se se perden. Faláronnos da importancia da esterilización e dos bós coidados que deben recibir: vacunas, desparasitadores,... Foi un día xenial, así que vos deixamos cunhas fotiños 📷 que resumen esta visita: Moitas grazas  PROTECTORA DO MORRAZO pola vosa visita!  Moitas grazas as alumnas de 2º da ESO e a súa profe Belén!😀

Practicando un deporte especial: GOALBALL

O 3 de decembro é declarado pola UNESCO como o “Día Internacional das Persoas con Discapacidade”.   Conmemoramos esta importante data practicando o goalball, que é un deporte creado para persoas cegas ou con baixa visión.  Dende logo, o mellor xeito de aprender é vivenciar.  Silencio, que comezamos a xogar! 👇

UN DÍA POLO HORTO

  Nestes días recibimos unha visita especial:  Somosterra . En cada curso de primaria fixemos unhas actividades moi molonas:  cambiamos as plantas do xardín vertical 🌸🌼🌺 revisamos as diferentes plantacións: espinacas, cebollas, porros e allos.  preparamos a terra 🌱 limpamos as herbas 🌿🌿🌿 sachamos para poder plantar as fabas. Nalgúns cursos tivemos que quedar nas aulas dado que neses días choveu ☔.  O que fixemos foi: observar a  lufa  recollida no horto  repasar os cultivos plantados e as súas características  recoñecer os cultivos alumeando coa lanterna escribir as características dos nosos cultivos 📝 Queredes ver o ben que o pasamos? Clicade no vídeo…. 👇 Agardamos que o desfrutedes!  Saudiños 😊😊😊

3 D - DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con diversidade funcional en tódolos ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación. Por iso, compartimos con todos vós uns contos e unhas curtametraxes para entender mellor as diferentes capacidades de cada un. POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA: TOPITO TERREMOTO: MONSTRUO ROSA: SUPERNIÑOS: EL CAZO DE LORENZO: CUERDAS: TAMARA: EL REGALO: IAN: EL VIAJE DE MARÍA: “A discapacidade é a capacidade extraordinaria de ser capaz".

Operación kilo

Dende o CPI queremos colaborar, E para iso coa operación kilo imos colaborar. Alimentos non perecedeiros podemos aportar, E entre todos podemos axudar. RECOLLIDA do 7 ao 20 de decembro Moitas grazas por colaborar 😊