martes, 28 de octubre de 2014

INFOGRAFÍA DOS SIGNOS DE PUNTUACIÓN

https://drive.google.com/file/d/0B8adxFxiTeS6Qlk0V3BYMFZ4LTA/view

INFOGRAFÍA DA ORTOGRAFÍA

https://drive.google.com/file/d/0B8adxFxiTeS6NGxDdExhclpsUTQ/view
Enlázovos unha infografía relacionada coa ortografía, nun varrido visual temos diferentes regras ortográficas.

LECTURAS TERRORÍFICAS

Este ano retomamos as lecturas terroríficas.

Dende o venres 24, podes encontrar nun expositor especial no corredor da pranta baixa os mellores libros de terror da biblioteca escolar.

Durante esta semana, ademais, repartiranse polas clases o boletín que ves aquí máis abaixo coa selección de lecturas. 



O colexio, ademais, estará decorado terrorificamente....

DEZ PELÍCULAS PARA MOTIVAR Á LECTURA

O cine constitúe un recurso ideal para introducir aos  alumno/as no estudo de distintas temáticas. A proxección dunha película en clase pode servir, por exemplo, para motivar os estudantes á lectura e espertar a súa curiosidade sobre unha  obra literaria ou un autor. Presentámosche dez películas que che axudarán a achegar os libros ao mundo dos teus alumnos/as grazas á linguaxe audiovisual.
 


Para os máis pequenos:

Charlie e a fábrica de chocolate (2005), Tim Burton. Adaptación da novela do afamado escritor infantil Roald Dahl, que narra as aventuras dun neno pobre que gaña un pase para visitar a fábrica do mestre chocolateiro Willy Wonka. Guía didáctica.

El Gigante de hierro (1999), Brad Bird. Baseada no libro infantil de Ted Hughes, conta a historia dun neno que se fai amigo dun robot xigante caído do ceo. Intenta explicarlle como son os humanos. Recursos para enfocar a película.

Para os máis maiores:

On The Road. En la carretera (2012), Walter salles. A obra cumio de Jack Kerouac, escritor estandarte da Xeración Beat, inmortaliza a viaxe de tres mozos, en busca de liberdade, a través dos Estados Unidos. A película serve para abordar as relacións humanas, as adiccións e o universo literario dos beat nos anos cincuenta.
 

Nunca me abandones (2010), Mark Romanek. A novela de Kazuo Ishiguro aborda a relación de tres adolescentes nun internado británico. A través dela podes traballar temas como a adolescencia, as relacións humanas, a relación cos profesores, os dereitos humanos ou a morte. 

 Literatura actual: 

 El Erizo (2009), Mona Achache. Adaptación de La elegancia del erizo, best seller da escritora francesa Muriel Barbery que conta a relación entre unha intelixente nena de 11 anos e a porteira do seu edificio, que tras a súa aparencia inxenua oculta unha interesante e cultivada vida. O libro e a película permítenche traballar as aparencias, a educación en valores, e as relacións humanas e familiares, ademais de tratar determinados aspectos filosóficos. Guía didáctica.
 
 Persépolis (2007), Marjane Satrapi, Vincent Paronnaud. Aínda Que xa de por si a lectura dun cómic pode resultar atractiva para os alumnos, neste caso tamén podese mostrarlles como pode levarse á pantalla. Deste modo, podes traballar as diferenzas existentes na linguaxe visual e audiovisual. O comic book da autora iraniana Marjane Satrapi aborda a Revolución Islámica acaecida en Irán e o traslado da súa familia a Europa, onde terá que combater a idea establecida de que todas as persoas chegadas de Oriente medio son fundamentalistas islámicos. A súa obra serve para abordar un acontecemento histórico á vez que se traballa cos alumnos temas como a inmigración, a educación en valores, a violencia de xénero, ou a cultura de paz. Guía didáctica e actividades e recursos relacionados. 

 Clásicos: 
 
Hamlet (1996), Kenneth Branagh. A do cineasta británico é unha das moitas adaptacións ao cine das obras de Shakespeare. A través dela podes achegar aos teus alumnos a unha das obras máis importantes da literatura universal. Coñecerán a quinta esencia do drama isabelino, e permitirache traballar máis tarde o texto en profundidade. Guía didáctica da película. 
 
EL retrato de Dorian Grey (2009), Oliver Parker. Esta adaptación dunha das obras máis coñecidas de Oscar Wilde permitirache motivar os teus alumnos á súa lectura, ademais de traballar temas como a morte ou a educación en valores. 
 
Jane Eyre (2011), Cary Joji Fukunaga. Outro clásico da literatura universal, esta vez de Charlotte Brontë, que che axudará a introducir os teus alumnos na literatura do século XIX e as problemáticas sociais da época. Ademais, pode servirche para traballar temas relativos á igualdade de xénero. Recursos educativos para traballar o libro (en inglés). 
 
Os miserables. A lenda nunca morre (2012), Tom Hooper. A adaptación ao cine da obra de Victor Hugo abrirá aos teus alumnos a porta a un dos clásicos máis importantes da historia da literatura. A través da historia de Jean Valjean, poderás animalos a abordar o libro e debater en clase temas como a xustiza social, a pena de morte ou a pobreza. Guía do estudante.

lunes, 27 de octubre de 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS 14-15


Xa está preparadas as Mochilas Viaxeiras!. O obxectivo fundamental desta actividade é que a familia se involucre no hábito lector e que disfruten xuntos da lectura.

A mochila estará con cada familia unha semana, durante a cal se lerán os libros que inclúa a mochila e se escribirá no caderno que encontraredes dentro, o que vos pareceu a actividade, suxestións para próximas mochilas...e o neno/a pode escribir algún comentario sobre algo que chamase a súa atención ou facer un debuxo que lle inspirase.Aquí tedes o contido das mochilas:


domingo, 26 de octubre de 2014

XORNADA DE BENVIDA

Ao principio do curso 2014-2015 a Biblioteca invita a todo o alumnado de novo ingreso a unha breve presentación dos seus servizos. Esta xornada pretende orientar e acoller aos alumnos e alumnas de primeiro de primaria. Aproveitamos para entregar os carnés ao alumnado.

sábado, 25 de octubre de 2014

GALICIA LE: PLATAFORMA DE PRÉSTAMO DE LIBROS ELECTRÓNICOS BPG



http://www.galiciale.es/eBiblio Galicia é o “Catálogo do libro electrónico en castelán” que, xunto co do libro electrónico en galego, forma parte do proxecto GaliciaLe, plataforma da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia que fai posible a lectura de libros electrónicos a través da internet.
Desde eBiblio podes tomar en préstamo as principais novidades editoriais en castelán en formato dixital para podelas ler en diferentes dispositivos: tabletas, teléfonos intelixentes, ordenadores persoais ou lectores de libros electrónicos.
Este catálogo do libro electrónico en castelán promoveuno o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte coa colaboración da Xunta de Galicia e está xestionado por esta. O servizo está dispoñible no enderezo galicia.ebiblio.es. Tamén pode accederse aos libros prestados a través da app eBiblio Galicia, dispoñible para iOS e Android.
 Quen pode utilizar eBiblio?
Si xa es socio/a dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas públicas de Galicia tan só precisas rexistrarte como novo usuario/a da plataforma de préstamo de libro electrónico GaliciaLe. Poderás facelo desde calquera ordenador sen necesidade de trasladarte á biblioteca.
No caso de que non sexas socio/a dunha das bibliotecas da Rede, deberás acudir a unha delas para obter o carné. Alí rexistrarante como novo usuario/a da plataforma de préstamo de libro electrónico GaliciaLe

Requisitos técnicos

Para poder ser usuario/a de eBiblio é preciso cumprir os seguintes requisitos:
  • Dispoñer dun dispositivo compatible e de acceso a internet.
  • Para os dispositivos móbiles, ter instalada a app eBiblio Galicia.

Que libros podo atopar en eBiblio?

eBiblio ofrécelle á cidadanía unha colección de novidades editoriais de todo tipo. De acordo coa clasificación que se utilizou para a selección e a adquisición das obras, existen libros electrónicos co seguinte contido:
  • Ficción para público adulto, incluíndo narrativa, poesía e teatro.
  • Obras xerais sobre ciencia e tecnoloxía, ciencias sociais, arte e humanidades.
  • Obras xerais relacionadas con cuestións de saúde, autoaxuda e desenvolvemento persoal, formas e actividades relacionadas co ocio, viaxes, deportes e informática de interese xeral.
  • Ficción orientada ao público infantil e xuvenil, incluíndo narrativa, poesía e teatro.
  • Obras de non ficción para o público infantil e xuvenil, incluíndo todo tipo de materias (arte, música, historia, ciencia e tecnoloxía, ocio, deportes, etc.).
  • Audiolibros narrados por profesionais e gravados en formato audio a partir da versión íntegra da obra escrita.

A quen podo dirixirme para obter máis información?

Na túa biblioteca poderán informarte con maior detalle sobre este servizo.

miércoles, 22 de octubre de 2014

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS



 Sabes por que se celebra xusto o 24 de Octubre esta celebración a escala internacional?
                Celébrase dende 1.997, a proposta da Asociación de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, xunto co Ministerio de Educación e Cultura.
    Desenvólvese  este día en recordo da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1.992 durante a Guerra dos Balcáns



CALENDARIO DE ACTIVIDADES.

EXPOSICIÓN DE CONTOS ILUSTRADOS DE TERROR,
Inauguración do proxecto... "Da Horta ao Prato" , Obra de teatro: UNHA LEITUGA FELIZ
 E un breve RECITAL!!


"As Bibliotecas non son un luxo, son unha NECESIDADE"


MALALA, A EDUCACIÓN PODE CAMBIAR O MUNDO


Con só 17 anos, Malala, é a galardoada máis nova dos Nobel da Paz grazas a que traballou con paixón e coraxe para lograr que todos os nenos teñan dereito á educación" (UNESCO).

Aos 11 anos, Malala Yousafzai comezou a escribir un diario sobre como os integristas talibáns insultaban e ameazaban as nenas que ían á escola no seu país, Paquistán. Finalmente, o seu diario publicouse na web.

En 2012 os talibáns intentan asasinala e dispáranlle na cabeza cando volvía no autobús do colexio cara á súa casa.

"Case me mataron, simplemente por defender o meu dereito a ir á escola. Era un día como moitos outros. Eu tiña 15 anos, estaba en noveno curso. " ("Malala.  Mi historia". Alianza)

Dende entón Malala converteuse, aínda máis, nunha defensora do dereito de todos os nenos á educación, en especial das nenas.

Por iso, e ademais doutros premios, en 2014 concedéuselle o premio Nobel da Paz.

Aínda quedan 168 millóns de nenos traballadores no mundo.


CONTO SOBRE DISCAPACIDADE: PARA EXPLICAR AOS NENOS/AS

https://drive.google.com/file/d/0B8adxFxiTeS6NjM5WWVFM1l3eVU/view


Enlazamos un conto sobre discapacidade  para explicarlle aos nosos alumnos/as que todos somos diferentes e ante todo hai que respetarse.
É un material editado polo Ministerio de Educación e CREADE

martes, 21 de octubre de 2014

MAFALDA CUMPLE 50 ANOS: O SEU AUTOR QUINO, RECIBIRÁ O PREMIO PRINCIPE DE ASTURIAS


Para saber sobre a biografía de Quino e os personaxes de Mafalda,
 PINCHA NA SEGUINTE IMAXE

http://www.fpa.es/interactivos/quino/content.html#personajes

“EDUCA TU MUNDO”. Portal educativo que pretende fomentar a adquisición de hábitos saudables e preventivos


https://www.educatumundo.com/


"EDUCA TU MUNDO". Portal educativo que pretende fomentar a adquisición de hábitos saudables e preventivos que axuden a protexer a saúde e a mellorar a calidade de vida da sociedade.

A web consta de diferentes seccións:

 
Ambito infantil e xuvenil (de 3 a 12 anos)
 

Xogar
  • Ecotenis (xogo de realidade aumentada no que debes axudar a limpar a cidade de lixo)
  • Un mal día! Divírtete con Raúl, Fede e María e desafía o teu enxeño.
  • He encogido el jersey?  Coñece aos xemelgos Pipo e Tuno e á súa familia, e divírtete con eles practicando deporte
  • Jugamos todos. Ponche as pilas cos deportes e divírtete cos amigos de Jugamos todos
  • The Machine. Demostra que adestrando non hai ninguén máis rápido
  • The Biker. Ponche o casco, esquiva todos os perigos e chega máis lonxe que ninguén.
  • Connecting. Colle os mandos e conecta os obxectos de tres en tres antes que te superen.
Vídeos
Comics
Noticias
Familias

Profesorado
Recursos xerais
Talleres

Marcos en apuros - Caderno de actividades. Guía do profesor
Cuidado SOS: Educación para previr accidentes: Manual do profesor
Canal de Youtube

sábado, 18 de octubre de 2014

MATERIAL DIDÁCTICO PARA CELEBRAR O SAMAÍN

Material didáctico para a celebración do Samaín, 2014
Autoría: EDLG de GALÁN
Centro: CEIP GALÁN de OSEIRO-ARTEIXO (A CORUÑA)


CONTOS DE TERROR PARA NENOS: PÁXINAS WEB GRATUITAS


Como se acerca Halloween, presentamosvos


varias páxinas de internet gratuitas,


nas que podédes atopar contos de terror para nenos/as.



Esta información foi atopada na web:


http://aprenderinternet.about.com/od/Halloween/tp/Seis-P-Aginas-En-Espa-Nol-Con-Cuentos-De-Terror-Para-Ni-Nos.htm




A continuación, amosamos algunhas delas:


¡¡¡ Esperamos  que vos gusten !!!




"La escuela del Mar"
Contos que podes descargar en PDF
" Leme un conto"
"Todo papas "
CuHalloween