Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2017

ESTADÍSTICAS MEIGA E ENQUISAS

ENQUISA PROFESORADO ENQUISA ALUMNADO PRIMARIA ENQUISA ALUMNADO SECUNDARIA ENQUISA HORA DE LER

TRANSICIÓN INFANTIL-PRIMARIA 17-18

Hoxe 7 de xuño recibimos a visita dos futuros Concheiros, que son os alumnos/as de 5 anos da EEI As Dunas. Viñeron coa súa mestra Gema e a Directora Conchi. Estaban inquedos e nerviosos xa que por primeira vez visitaban o que será o seu futuro colexio. Os nenos e nenas de 2º  fixeron de padriños, traballaron moitísimo para decorar a clase, colocaron as fotos dos novos alumnos/as no gran mural que identifica a súa clase e fixeron uns marcapáxinas cos que os agasallaron. Xuntámonos todos e todas no Pavillón alí estaban esperándonos o mestre de Educación Física (Victor) e o mestre de Inglés) que tiñan preparados uns xogos para eles. Despois de facer estas actividades fomos ao patio e compartemos o recreo cos nenos e nenas do CPI, os padriños e madriñas aproveitaron para ensiñarlelles os aseos e as zonas de xogo. Unha vez rematado o recreo dirixímonos á Biblioteca onde estaba esperándonos Yolanda xunto con carlos de 4º da ESO, contaron o Conto de "VACIO" de Anna LLenas, dero

MALETA CIENTÍFICA: PREGUNTAS PARA SABOREAR

Maleta Científica: Química na cociña, chegou a biblioteca do CPI de Panxón o 2 de maio e desfrutamos dela ata o 30 de maio de 2017, os alumnos de 4º de primaria como remate elaboraron un mural con preguntas sobre alimentación .

GÚSTANOS LER 2º Primaria

En 2º de Ed.Primaria, comezamos no segundo trimestre o proxecto GÚSTANOS LER : - Montamos un mural cun gran cartel co nome do proxecto. - Colocamos no mural con sobres e en cada un deles o nome dun alumno/a -Cada alumno/a tivo que ler un libro , cando acaba rexistra a súa lectura e a mete no sobre que ten o seu nome - A mestre/a fala co neno sobre o libro (conversa entre lectores) - Logo elixen outro libro e siguen lendo…de vez en cando a mestra deixa unha sorpresa nos sobres (caramelo, marcadores, goma…) a final de curso demoslle a cada un un diploma para celebrar que son uns grandes lectores.

CONCURSO PORTAS DE CINE 2017

Este curso iniciamos un proxecto de cine que comezou co traballo de diferentes películas nas conmemoracións nas horas de titoría, no entroido cada un dos cursos elixiu unha película e disfrazaronse dacordo con ela e ademais rematamos o curso cun concurso de Portas de cine, xa podedes comezar a votar a ver quen é o gañador, a votación non está fácil xa que o alumnado e profesorado esforzaronse moitísimo.

GUSANO LECTOR 1º Primaria

Os alumnos/as de 1º de Primaria, para que todos souberamos o que leron montaron  un mural cun gusano por alumno/a, o gusano medrou a medida que os alumnos ian lendo mais libros. Todas as semanas a mestra baixaba a biblioteca e cada neno leva un libro, cando termina de lelo recolle nunha ficha o libro e o sentimento que lle produxo .

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA DE NIGRÁN

O venres 26 de maio, os alumnos7as de 1º e 2º de EP, visitaron a biblioteca pública, a coordinadora da biblioteca realizou unha sesión de contacontos “Max el genio” “A cebra Camila” e “Lolo anda en bicicleta”, todos desfrutamos moito cos seus contos.

AMPLIAMOS AS ESCALEIRAS LECTORAS

Os alumnos de 2º de primaria no mes da poesía, fixeron un concurso e coa poesía gañadora construimos as nosas segundas escaleiras lectoras. Enhoraboa a Aroa Otero Pereira, gañadora deste concurso.

VISITA LEDICIA COSTAS

O mércores 31 de maio, o alumnado de 5º, 6º,1º e 2º de ESO asistiron a un encontro co autora LEDICA COSTAS. Os libros que leron para entrevistarse con ela, coñecela e que nos firmara exemplares foron. 5º e 6º de Primaria: 'Escarlatina, a cociñeira defunta" , Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2015. 1º e 2º de ESO: "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" , Premio Lazarillo de Creación Literaria, 2015 - Premio Fervenzas 2016 ao Mellor Libro de Literatura Xuvenil -Premio Fervenzas 2016 Mellor Capa de LIX - Premio Gala do Libro Galego (Infantil/Xuvenil), 2017