Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2017

DEBERES DE NADAL

Chega o Nadal a mellor época para desfrutar, xogar, aprender, soñar.....e dende o Equipo de biblioteca queremos compartir con vos unha lista de deberes moi especial. Animámosvos a intentar facer alguns deles ou todos se é posible.

UN NADAL DE CINE

Rematamos o trimestre cun Nadal de cine, fixemos os carteis para anunciar as películas, os tickects, fichas detraballo para despois da película e non nos esquecimos de facer palomitas, que os nenos o día da sesión recolleron no carro que nos fixeron os alumnos de 4º na materia de Tecnoloxía. Repartimos os Tickets polas clases e os mais pequenos tiveron que gañarse as súas estrelas para asistir ao Cine, co seu raballo e bo comportamento.   COMEZAMOS A SESIÓN

II CERTAME DE CARTAS AO APALPADOR

Un ano mais o Apalpador chegará as casas dos nenos/as do CPI de Panxón , pero antes de apalpar as súas barrigas veo polo colexio a apalpar os seus miolos.  Os alumnos/as de toda a etapa de primaria escribiron cartas contándolle os seus mellores desexos para este nadal e as deixaron no buzón que colocamos na pranta baixa.   VOTANDO AS CARTAS AO APALPADOR SELECCIÓN DE CARTAS AO APALPADOR

VI OPERACIÓN QUILO: ALIMENTOS POR LIBROS

"Un ano mais con motivo das festas de Nadal, realizamos a campaña de recollida de alimentos. Este curso como por segunda vez propuxemos que ao longo das semanas, entre o 25 de novembro e o 19 de decembro, cada familia que o desexe colaborase con algún quilo, litro, bolsa… de alimentos non perecedoiros (legumes, aceite, …) a cambio de libros procedentes do expurgo e un marcapáxinas. Conseguimos mais de 400 QUILOS de solidariedade”

XOGOS COOPERATIVOS

Co obxecto de mellorar a convivencia na semana de conmemoración en contra da violencia de xénero, dende a biblioteca levaronse a cabo xogos cooperativos na etapa de primaria.

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Esta semana imos a aprender ciencia na biblioteca, a tarvés da experimentación e da observación, toda a semana nas horas do recreo¡¡¡¡¡¡ Alí vos esperamos¡¡¡¡¡  

RADIO ESCOLAR NOVEMBRO

  PROGRAMA RADIO NOVEMBRO     

RADIO ESCOLAR

Este curso volve a Radio Escolar despois dun tempo sen programas, haberá novidades respecto a outros cursos como: - Participaredes todos os alumnos/as tanto de Primaria como de Secundaria. - Cada curso, según o calendario que axuntamos será o encargado ese mes do programa. -      -  As  seccións do programa radiofónico son as que aparecen na plantilla de radio escolar que todos teredes: efemérides, noticias, curiosidades, novidades literarias… cada curso seleccionará aquelas seccións que considere e as redactará para que os últimos mércores de cada mes se faga a gravación e os venres se emita. -   - Todas as clases terán un distintivo na porta para que saiban que mes lles toca a eles e que todos poidamos cooperar. -    - Encargados: En primaria o titor será o encargado de organizar o traballo e en secundaria o titor e sobre todos os mestres/as de Lingua, non quere dicir que os demais mestres/as non interveñan , orienten, expliquen, recomenden........ -

RECEITAS OTOÑAIS

Os alumnos/as de 3º de primaria puxeron mans a obrae meteronse nas cociñas das súas casapara realizar postres típicos destas datas. ROI y SHAO nos hicieron esta receta: BROWNIE DE CHOCOLATE AROA OTERO PEREIRA fixenos este video explicando como se fan as chulas: CHULAS DE CALABAZA

III TENDAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano mais o CPI de Panxón posicionase mostrando o rexeitamento á violencia de xénero, apostando pola educación para a prevención da mesma. Todos e todas quixemos poñer a nosa pegada nun fermoso tendal de libros na que o alumnado mostrou as súas ideas en contra da violencia.

EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS

Este ano adherimonos a campaña " EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS", a nosa pequena contribución foi a realización dun lazo en negro no patio do colexio e posteriormente unha coreografía coa canción de Amaral "Salir corriendo" que estivo a cargo do alumnado de 5º de Primaria. Vídeo do acto realizado o Día en contra da Violencia de Xénero.

O NOSO ARROZ, AUGA E MAIZ

Os alumnos/as de 6º primaria fixeron:    -  Lectura en común do conto “Arroz, agua y maiz….” Cada alumno/a un poema. -    Debateron sobre  os conceptos das diferentes tarefas a realizar nas súas casas: coidado dos nenos/as, fregar, planchar….quen as realiza, pros e contras que cada un ve en que esas actividades se estean realizando só por un sexo o por outro. -    Fixeron unha poesía na que cada un describeu as características da súa infancia (tomando como exemplo os tratados no libro. -    Despois de ler as poesías,compararon as ilustracións e observaron cales son os paisaxes e as características de traballo desas persoas -     Localizaron nun mapa os países nos que viven esas persoas.

CPI DE PANXÓN CO CLUB DE BALONCESTO DE NIGRÁN

Un ano máis, o Club Baloncesto Nigrán reafírmase no seu compromiso contra a loita que supón a lacra da volencia de xénero e, ao mesmo tempo, rende unha homenaxe ás súas vítimas facendo un vídeo no que representantes de diferentes ámbitos sociais aparecen cun balón de baloncesto. Un balón por cada unha das mulleres asasinadas e un balón or cada un dos sete nenos e nenas asasinados neste 2017. Presentamos a aportación do noso centro.

VIOLENTÓMETRO: ESO INGLÉS

- Os alumnos/as da ESO na materia de inglés e na titoria de 3º de ESO, traballaron co violéntómetro, un recurso da Asociación Ilicitana contra a Violencia de Xénero , que preside Marina Marroquí, despois de visualizar unha parte da entrevista que lle fixo Jordia Évole, no programa Salvados e dabater sobre ela. - Ao final dos debates elaboraron o seu propio violentómetro.

GUÍA DE CINE E LITERATURA 25 DE NOVEMBRO

MOCHILAS VIAXEIRAS 2017

UN ANO MAIS AS MOCHILAS VIAXEIRAS SAEN DE NOVO DE RUTA POLAS VOSAS CASAS PARA QUE POIDADES DESFRUTAR COA FAMILIA DO CINE E DA LECTURA.