Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2013

APADRIÑAMENTO LECTOR

Co gallo do Día do libro no C.P.I. de Panxón e coincidindo coa nosa semana de COMENIUS, aproveitamos para iniciarnos na actividade de lectura: “APADRIÑAMENTO LECTOR”. O alumnado de 5º e 6º de Primaria xunto cos seus compañeiros de Manchester exerceron de padriños e madriñas de lectura co alumnado de primeiro ciclo de E.S.O. Os rapaces e rapazas de 1º de E.S.O. iniciaron os seus “apadriñamentos lectores” cos nenos e nenas do 2º ciclo de Primaria. Tamén os pequenos lectores leron aos grandes. O equipo da biblioteca el i xiu libros relacionados co Proxecto “Enerxías Sostibles” que estamos traballando durante este curso e que forman parte do noso RINC Ó N VERDE. Os afillados e afilladas realizaron uns marcapáxinas ecolóxicos para agasallar aos padriños e madriñas.    Estes son os libros seleccionados do RINC Ó N VERDE da biblioteca Open publication - Free publishing - More biblioteca Apadriñamento e Agasallos   APADRIÑAMENTO LECTOR - foto montaje A Colección

DÍA DO LIBRO 2013: ANIMANDO A LER

Xa estamos pretos do 23 de abril, data na que se celebra o Día Internacional do libro. No CPI de Panxón non imos a esquecer este día para o que temos preparadas moitas actividades, pero xa dende fai un tempo o alumnado nas clases de lingua castelá están a traballlar para esta conmemoración. A continuación podedes desfrutar dos traballos realizados polos alumnos/as, algúns deles son realmente estupendos e poñen de manifesto unha grande creatividade. Vídeo "17 RAZONES PARA LER" , os autores son valeria, paloma, Juan e Noel de 4º da ESO e con este vídeo axudannos a entender porque ler é unha das cousas mais importantes que debemos facer ao longo do día. "   Minecraft- Dia del libro" Traballo realizado por Nico e Luis de 4º da ESO.   UN MUNDO SEN LECTURA, UN MUNDO PERDIDO (traballo de sarah, S andra e Vera de 4º da ESO)   TRABALLO DE PATRI, DESI E ENRIQUE DE 3º DA ESO:   ç  Sandra González-Besada quere animarvos á le

PREPARANDO O DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril xa sabedes que se celebra o Día do Libro e por iso temos que poñernos en marcha para organizar as actividades que se realizarán para esta conmemoración. Os alumnos de 1º de ESO están deseñando mitos nacionais. Que non entendedes?, pois moi doado. Tras estudar as características dun mito e ler e coñecido a algún dos deuses e personaxes que aparecían na mitoloxía greco romana da Idade Clásica, decidiron crear deuses made Spain. O resto dos alumnos/as teredes a sorte de coñecer os seus atributos, procedencia e aspecto no mural que realizarán. Publicaranse no blog e haberá unha copia na biblioteca. Seguro que encontrades algún que vos guste e ao que poderedes encomendarvos e dirixir as vosas súplicas e intercesións. Os alumnos de 2º ESO elaborarán contos, aproveitando que foi o último tema co que traballamos. Os cursos de Secundaria loitarán por lograr a máis persuasiva das publicidades nas que logren animar á lectura. O soporte dixital será escollido por eles e vers

STORY TIME

Na biblioteca do C.P.I. de Panxón comezamos este curso 2012-2013 cunha nova e orixinal actividade   dirixida ao alumnado de Educación Primaria que combina os contacontos co aprendizaxe da lingua inglesa.    Así, o programa STORY TIME! pretende acercar o inglés ao noso alumnado a través dos contos e as historias narradas. Isto é posible gracias á colaboración de Kasey Schelling, auxiliar de conversación nos últimos dous anos no centro, quen traslada aos alumnos e alumnas a oralidade e sonoridade do idioma, descubrindo as peculiaridades non só da lingua senón tamén a súa tradición, cultura e costumes.   storie time - foto montaje Open publication - Free publishing - More story

A D. JOSÉ LUIS SANPEDRO

"Ler é vivir a vida propia e a de outros". (José Luis Sampedro)