jueves, 28 de noviembre de 2019

COMERCIO CON SENTIDO

O alumnado de primaria participou este mércores, na actividade titulada “Comercio con Sentido”, dirixida especialmente a escolares co obxectivo de achegalos ao comercio xusto e o consumo responsable, para acabar coas desigualdades entre os países produtores e os consumidores.

A actividade tivo como base unha exposición con ilustracións do debuxante pontevedrés Xoán Arellano, que en clave de humor explica para nenas e nenos as relacións comerciais norte-sur, os actores do comercio internacional, as inxustas regras que definen as políticas comerciais…

A exposición compleméntase con tres stands nos que as monitoras amosaron ao alumnado como se producen, quen os transforma e como se distribúen os beneficios do comercio de produtos como o azucre, o cacao e o café, a segunda materia prima que máis se exporta despois do petróleo. A actividade presenta os problemas pero tamén as solucións: o comercio xusto.

A actividade realizada incluíu o obradoiro “cociñando con Comercio Xusto”, no que participou o alumnado de 5º e 6º de primaria.

Esta actividade de “Comercio con Sentido” está desenvolvida pola asociación Solidariedade Internacional de Galicia, que conta co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra e a colaboración do Concello de Nigrán.


martes, 26 de noviembre de 2019

A PORTA VIOLETA: 25 DE NOVEMBRO

O alumnado de 5º e 6º de primaria prepararon unhas actividades para conmemorar o día en contra da Violencia de xénero,a partir da  canción “La Puerta Violeta” de Rozalén (letra especialmente dedicada á violencia de xénero).
Tomaron as ideas do blogue “Una pizca de Educación” https://unapizcadeeducacion.com/
Algunhas das súas actividades foron:

• Analizar a letra da canción facendo un debate sobre o seu contido. Para iso cubriron unhas fichas que lless axudaron a reflexionar sobre a súa letra.

• Crearon portas violetas con papel e dentro escribiron frases, historias, debuxos, etc. Que lles fixeran recapacitar sobre o a situación pola que pasan moitas mulleres. Estas portas as pegaron na porta da  aula (alumnado de 6º) e no mural do corredor (alumnado de 5º).

• Plastificaron cartulinas co título da canción e as puxeron polo corredor de primaria colgadas no teito.

• Fixemos cartulinas en A3 co símbolo feminista e con frases recollidas previamente dos libros da biblioteca (libros nos que as mulleres eran as protagonistas: Pioneras, Mujeres y sus inventos,... etc.)






ZAPATOS VERMELLOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, no Día contra a Violencia de Xénero, no CPI Arquitecto Palacios de Panxón quixemos poñernos, senón na pel, si nos zapatos de todas as mulleres que este ano levan morto no noso país. 52 mulleres que morreron polo feito de ser mulleres e de atoparse nas súas vidas con homes que non souberon ver nelas a seres cos mesmos dereitos e liberdades. 
 
Todo o alumnado do centro rendeulles homenaxe lendo, un por un, os datos das mulleres asasinadas, mentres colocaron un par de zapatos vermellos en recordo de cada unha, como fixera a artista mexicana Elina Chauvet.

Entre todos formaron as palabras “Libres e vivas” e, para finalizar, dous alumnos de 4º da ESO leron un manifesto no que solicitaron que desaparezan todas as mostras de violencia machista e que non se xustifique ao home que empregue a violencia para dobregar e someter a muller como mostra machista.




CONTACONTOS 1º PRIMARIA: ARTURO E CLEMENTINA

Ao longo da semana do 25 de novembro os diferentes cursos da etapa de primaria, realizaron lecturas relacionadas coa conmemoración do día internacional en contra da Violencia de Xénero, entre eles os de 1º primaria, leron o conto de "Arturo e Clementina".

martes, 19 de noviembre de 2019

OBRADOIRO DE TEATRO FORO: VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte contamos no noso centro co obradoiro de teatro en foros da Fundación MATRIX, a actividdae foi dirixida para o alumnado de 3º e 4º da ESO, con ela pretendemos sensibilzar á sociedade para previr a violencia de xénero entre as novas xeracións.

ESTRUCTURA DO OBRADOIRO:

Nos días previos á actividade o alumnado de 3º e 4º, respondeu a uns cuestionarios sobre a igualdade e diversos aspectos relacionados coa violencia contra a  muller facilitados pola Fundación Matrix. Aui ainda non saben que ían participar nunha experiencia de teatro foro sobre o maltrato, nin o que ían ver días despois.

TEATRO INVISIBLE: 

Uns días despois de cumprimentar o cuestionario (18 de novembro), o alumnado cree asistir a unha charla sobre Redes sociais. A charla comezou coa presenza de dous conferenciantes de distinto sexo. Ela esquez unhas fichas e discute co seu compañeiro. Aínda que ela se disculpa, el reacciona insultandoa e con menosprezo d emaneira agresiva e violenta, ela abandona o escenario chorando. O alumnado amosouse moi desconcertado , pero os dous volven e se abrazan. Non se trataba dunha conferencia, asistimos a unha escena teatral sobre violencia na parella¡¡¡¡.  A continuación comezou un foro de debate sobre as posibles solucións cando presenciamos unha escena de violencia nun lugar público.

Resoltou unha experiencia moi interesante e dende aquí queremos dar as grazas a fundación Matrix por haber contado co noso centro para realizar esta experiencia.

miércoles, 13 de noviembre de 2019

PREMIOS CONCURSO RELATOS DE TERROR


Os gañadores do concurso de Relatos de terror son:
2º Primaria: Ángela Pico
3º Primaria: Yago Casas González
4º Primaria: Caetana Cabral González
5º Primaria: Andrea Rodríguez Villar
6º Primaria: Sergio Pazó Iglesias
Secundaria: Miguel Melón

25 DE NOVEMBRO: EXPOSITOR LECTURAS

No corredor xa tedes os libros para a conmemoración do día 25 de novembro en contra da violencia de xénero.


lunes, 11 de noviembre de 2019

MAGOSTO

Un ano mais celebramos o magosto, os alumnos/as de 4º de ESO foron os encargados de asar as castañas, compartimos co alumnado xogos tradcionais galegos como, a Buxaina, a corda, ...etc, degustamos as castañas e os postres que as familias compatiron con todos nós. Unha vez rematadas as actividades fixemos a entrega dos premios dos Relatos de terror, cabazas, mellor debuxo de outono.